Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

FALTAN DEZAOITO DÍAS


Son dezaoito días para que os do Faiado cheguemos de novo a Pontecesures e que nos axudedes, nos botedes unha man, para identificar caras, lugares e hasta cheiros. Será o día 24, supostamente, no Centro Social.

Hoxe fixemos unha pequena subida de seis fotografías:

Asi éramos
(1)

Outras Formas, Outras Vidas (1)

As Festas (1)

Os Amigos (2)

Recursos e Traballos (1)

Disfrutade e contarllo os vosos amigos, é unha forma de ser máis.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-03-2012 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal