Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

VÍDEO PRESENTACIÓN DO FAIADO
Colocamos hoxe o vídeo que utilizamos para a presentación o día 9 de xaneiro no Centro Social de Pontecesures.

O vídeo está dividido en dúas partes por causas técnicas derivadas de youtube onde están almacenados.

A presentación foi todo un éxito. Agora queda que a resposta de donación fotográfica e logo de donación de historia vivida (gravacións de testemuñas orais contando as súas experiencias, traballos e vida)sexa tamén un éxito. Todo depende de vos. Así este arquivo poderá ir crecendo día a día.

Disfrutade.



Primeira parte




Segunda parte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2012 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal