Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

ASÍ, AOS POUCOS, E XA PASAMOS DAS CEN

Si, pouco a pouco, como formiguiñas, instalando neste blog as fotografías que nos vades deixando, xa chegamos a superar o número de cen. E seguimos para bingo...

Xa chegan a nós fotografías pola vía do correo electrónico. Gracias. Algunhas delas subímolas hoxe para que todos e todas poidades contemplalas.

E hoxe engadimos unha Galería nova, a diáspora, para colocar aquelas fotografiás que revelan aos cesureños nos seus traballos ou vídas fora da súa pequena patria.

Vamos pois a informar cantas fotografías e en que Galerías están:

así éramos (11)

a diaspora
(5)

a retratarse (2)

as familias (4)

os amigos (5)

outras formas, outras vidas
(4)

parroquia (4)

recursos e traballos (3)

Agora só queda disfrutar co material subido.

Lembrar que sempre podedes realizar comentarios sobre as fotografías e que, ademais, agradécense de que se fagan. Sen medo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 13-08-2011 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal