Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

ALIMENTANDO A MEMORIA


No afán de ir construindo a páxina, ainda sen avisar de que esta existe, vamos a realizar unha subida con parte do material que temos recollido en Pontecesures nos últimos días.

Agradecemos, antes de nada, as personas que están volcándose con este proxecto e que nos está a permitir realizar un arquivo fotográfico interesante.

Sumamos nesta segunda entrega con duas Galerías mais (a escola e a parroquia). Son, polo tanto, 23 novas fotografías repartidas nas seguintes Galerías:


As familias (1)

As festas (1)

Así éramos (2)

Deportes (3)

Recursos e traballos (3)

Outras formas, outras vidas (3)

Vida social (3)

Na escola (3)

Parroquias (3)

As poucas personas que descubriron este blog (non sei como o poideron facer) esperemos que disfruten con estas fotografías. Pronto esperamos dar noticias da súa existencia e xa terán a compaña doutras personas.

Un saudo.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 04-08-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal