Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

LIBRO DE VISITAS

Este espazo ven a ser un libro de visitas nos que podemos deixar as nosas impresións, suxerencias, indicacións, avisos, desexos de coñecer a alguén, etc, e que non fagan referencia a foto algunha.

E un lugar para a conectividade e a comunicación, de vos con nos e entre vos mesmos.

Loxicamente, todo tipo de críticas para a mellora deste blog é moi ben aceptada pero borrarase calqueira tipo de comentario de tipo ofensivo hacia calqueira persona ou entidade.

Lembrar que sempre temos aberto o noso correo de contacto, memoriapontecesures@gmail.com, para calqueira envío ou solicitude que non queirades facer público.

Gracias pola vosa atención.
Comentarios (1) - Categoría: Libro de Visitas - Publicado o 29-07-2011 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal