Lugar para o encontro e a lembranza.
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.

A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

Estamos eiqui

Por unha chea de razons anunciamos que de momento non seguimos a colaboracion co Concello de Pontecesures no tema das fotos, do blog que estabamos a construir enre todos. A chea de razons e que non nos gusta que nos tomen o pelo. Polo tanto decimos que si queredes mandar fotos a o correo electronico noso sin ningun problema actualizaremos o blog, co que vosoutros queirades mandar. Nunca nos cansaremos de daros as gracias, sodes encantadores, maravillosos, xa sabedes que nos seguimos estando nesta beira, a vosa disposicion.
Comentarios (11) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 08-01-2013 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
TEMOS VARIOS PROBLEMAS

O primeiro e que temos que ir a Pontecesures, urxente recollida de material, xa non quedan fotos, preparadevos que chegamos xa. Logo xa nos cambiamos de casa, e na nova deronos unha solucion momentanea para internet, mentras sea momentanea e un suplicio non ten forza. O de subir fotos e unha quimera, polo tanto non vos extrañe que subamos casi nada.

A subida de hoxe e:

DEPORTES 2

ASI ERAMOS 3

Por ultimo decir que calquera dos montaxes que fixemos do pobo e no pobo, esta a venta por cinco euros. Pensamos que e un bo regalo agora que chega o Nadal, ou calquer festa de cumpleanos a un precio anti-crisis. Tamen facemos montaxes con musica personalizados cas vosas propias fotos (nunca cas dos demais)esto xa e a dez euros polo traballo montaxe etc etc.Pero é algo, un recordo familiar para toda a vida.

Bueno a ver si van millorando as cousas. Saude
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 23-11-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
As fotos foron recuperadas

Estaban condenadas a desfacerse, a humedade as comia, hasta que persoal do concello e do Ulla as atoparon. Bueno a ver quen bota unha man e os identificamos.

Hoxe a subida e de nove fotografias, todas elas en Deportes.

Pasadeo ben feliz seman.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 10-11-2012 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
Un sábado tempraneiro

Estamos en Novembro, tempo aburrido qu tingue de cores ocres e grises a nosa paisaxe habitual. Tempo de castañas e de estar ao calor do fogar. Así e como pasa o tempo por riba de nós.

Madrugamos pois e pómonos a facer unha subida e esta vai colocándose nas seguinte Galerías:

A RETRATARSE 2

AS FESTAS 1

ASÍ ÉRAMOS 1

OS AMIGOS 1

RECURSOS E TRABALLOS 1

VIDA SOCIAL 4

Boa semana amigos
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 03-11-2012 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
AQUI ESTAMOS


Con unha nova subida. Xa estamos nas cincocentas vinte fotografías. É marabilloso ver como van afianzándose na nosa memoria os paisaxes, os entornos, a xente que falta pero que recuperamos de algunha maneira coas imaxes.

Tamén é importante ver os que non coñecemos e tanto nos contaran desa persona.

Xa imos entrar en Novembro, mes de choiva e días curtos, pero mirádelle o encanto que tamén o ten.

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE 1

DEPORTES 2

AS FAMILIAS 1

OS AMIGOS 1

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS 1

PARROQUIA 1

VIDA SOCIAL 1

Boa sorte e moita saude
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 27-10-2012 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
ESQUENCEMOS UN DETALLE


¿Cal?. Pois que no mes de Xullo fixo un ano este blog, polo tanto vai camiño dos dous anos que andamos por Pontecesures...¡Xa non somos tan novatos no pobo!. Bueno hoxe logo do xantar de mediodia faremos un brindis por TODAS e TODOS os colaboradores, donantes e amigos, e tamén brindaremos por aqueles que o van a ser, que non tiveron oportunidade de coñecer o proxecto do Faiado pero que nos atoparemos en calquer momento e lugar

A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE
1

DEPORTES 7

VIDA SOCIAL
1

Boa Semana e que disfrutedes.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 20-10-2012 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
UN DOMINGO DE OUTONO

Para estar na casiña vendo o Faiado. Hai que descansar de tantos días raros de pontes e mais saraos. Pasemos, pois, a disfrutar dun domingo de relax contemplando a subida que fixemos as Galerías de:

ASÍ ÉRAMOS
(4)

NON ESQUENCEMOS
(1)

OS AMIGOS (1)

OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (3)

VIDA SOCIAL
(1)

Disfrutade da VIDA e dos SOÑOS e contemplade como as follas van caindo parsimoniosamente.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 14-10-2012 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS NO ANTEPENÚLTIMO

Referímonos ao mes. Ao mes de Outubro. Pasa o tempo a unha velocidade infinita.

Estes días tendes activados polo pobo dous traballos do Faiado, queremos agradecerlle aos comercios da vila a boa acollida. Outra vez serán outros a quen lle toque. A nos gustaríanos facer unha boa exposición que quedase para sempre, con unhos bos paneles, pero disque a crisis... en Vilagarcía levamos tres anos facendo esto, con éxito, moito éxito.

Bueno, hoxe a subida está nas seguintes Galerías:

DEPORTES (3)

RECURSOS E TRABALLOS (2)

ASÍ ÉRAMOS (2)

AS FAMILIA (3)

Debemos seguir coa etapa de recoller mais fotografías, o arquivo, ainda que é grande, debe selo moito mais.

Disfrutade que o outano está algo frío.
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 06-10-2012 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA SEMAN MAIS

Na Vida Social 2

Deportes 1

Outras Formas Outras Vidas 1


A Retratarse 2

Cortiña subida a de esta seman, pero andamos con moitas cousas e o tempo non chega.

Ser Felices
Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 29-09-2012 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ao Outono

Coas súas follas douradas, caidas, coas súas chuvias mansas, despedimos as tolerias do verán, o andar pola rúa, os calores... Xa tíñamos ganas do orden na vida, é todo un valor.

Bueno hoxe a subida no blog consiste nestas fotos que están colocadas nas seguintes Galerías:

A RETRATARSE (3)

AS FESTAS (1)

ASÍ ÉRAMOS (3)

RECURSOS E TRABALLOS (1)


Agora, deixámosvos que disfrutedes coa subida nesta tarde gris, chuviosa e venteira. É o mellor que se pode facer.

Feliz semana.

Comentarios (0) - Categoría: Actualización de Galerías de Fotos - Publicado o 22-09-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal