Lugar para o encontro e a lembranza.
A forma de participación neste é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia ou sobre a vila e historia de Pontecesures. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.

Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.

Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí irase subindo.

O meu perfil
memoriapontecesures@gmail.com
 ÍNDICE
 GALERÍAS FOTOS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 ARQUIVO CRONOLÓXICO
 ANTERIORES

BÚSCASE FAMILIA EN PONTECESURES, VALGA, A ESTRADA

Estimados amigos e amigas, desde fai un tempo daríavos conta de que este blog non se actualiza tal como se facía. Razóns que non veñen a conto, fíxonos ter que abandonar este proxecto que estaba a comenzar a voar.

Pero hete aquí que te chega unha noticia e a tes que por para que a xente se poida atopar, unha das características que queríamos darlle ao blog: un lugar de encontro e de memoria.

Chéganos pois esta carta desde Arxentina, cunha fotografía, e non podemos deixar de publicala e darlle unha nova vida ao blog, polo menos por esta causa.

O correo é o seguinte:

Es con mi mayor felicidad que envio este mensaje deseando encontrar en Pontecesures no solo mis raíces familiares como así también establecer mi futuro hogar. Soy Maria Alejandra Castro nieta de Manuel Castro Cajaraville nacido el 24 de Enero de 1900, hijo de Manuel Castro Abalo natural de San Julian de Requeijo, Valga calle La Toja y de Manuela Cajaraville Barreiro natural de San Miguel de Barcala, La Estrada.

Tatarabuelos por parte de Manuel Castro Abalo: Manuel Castro y Maria Abalo esta natural de Santa Cristina de Campana, Valga.

Tatarabuelos por parte de Manuela Cajaraville Barreiro: Ramon Cajaraville y Maria Barreiro natural de San Miguel de Barcala.


Así que xa o sabedes, amigos e amigas. Si sabedes dalgunha información que poidades dar non vos privedes de deixala aquí mesmo, en forma de comentario, ou ben un correo electrónico a memoriapontecesures@gmail.com.

Gracias por colaborar, disfrutar e compartir.
Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-02-2014 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pontecesures no NODO ano 1950
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-02-2013 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
VODAS DE OURO

Avos de Dolores Rodriguez, nosa colaboradora, lembra que seus abos celebraron dito evento en Septembro do 1970.Eles eran Elvira Casal e Gerardo Fernandez, que ese dia foron especialmente felices rodeados da familia que eles habian creado. Un momento especialmente emotivo foi cando en plena festa escoitaron unha grabacion dos seus irmans na Arxentina. A festa foi no restaurante O Pedreiro, Elvira tiña 72 anos e Gerardo 74, moi coñecidos no pobo por rexentar a panaderia Gerardo.
Este traballo de o Faiado é para non esquencer a xente que fixo medrar o pobo, os que viviron nel

donada por dolores rodríguez fernández
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-01-2013 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
FELICIDADES

Sobor de todo saude paz e traballo, logo ben a felicidade e moitas mais cousas. Todo eso desexamos os do Faiado da Memoria a toda a boa xente de Pontecesures
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2012 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
MONTAXE AUDIOVISUAL DA PRAZUELA

Aquí está a montaxe audiovisual que proxectamos na Prazuela da vila co motivo das festas do Carme.

Trinta e cinco minutos de memoria gráfica de Pontecesures que naquel día, baixo a lúa, encheu de emocións a xente que estivo alí presente.

Agora é parte de todos e todas vos.

Disfrutade.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Lembramos a Lola e Ana M

Porque non son timidas, porque abren o camiño das intervencions, porque coñecen a todos, non se lle escapa nadie, porque colaboran con nos que tamen e colaborar con Pontecesures. Non queremos desmerecer a o resto da xente, nos gustan porque lles gustamos, hoxe pasamos unha tarde de risas. GRACIAS de novo
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA TARDE AGRADABLE

Hoxe en Pontecesures tivemos unha sesion de esas que facemos de vez en cando, para recoñecer fotografias que estan sin identificar...¡Mi madriña¡ Para eso non fai falla asi como moita xente...un de nos proxecta a foto e o outro escribe as identificacions. Pero os nosos blogueiros gustalles o tema...saimos da casa as cinco e chegamos as dez e cuarto...¡buf¡ Todos queren botar unha man, emocionanse, aturrullanse...E precioso escoitalos, precioso miralos...GRACIAS. E un pracer traballar con todos e todas


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2012 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
XA VAI A SELA HORA


Lembrade que hoxe, sábado, 24 de marzo, as seis e media da tarde vémonos no Centro Social de Pontecesures. É importante que veñades todos e todas, sería bo que non quedase ningunha foto por identificar... ou o que se poida, xa que son moitas e non creo que de tepo para ver todas.

Tamén levaremos o noso escaner por si alguén quere donar mais fotos, xa as levaría de volta para a súa casa.

Estamos moi contentos pola vosa forma de apoiar o noso proxecto, os pobos os fan a xente cos seus comportamentos, e Pontecesures merece moitisimo mais do que ten porque a sua xente merece a pena, de verdade.

Hasta pola tardiña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
VÍDEO PRESENTACIÓN DO FAIADO
Colocamos hoxe o vídeo que utilizamos para a presentación o día 9 de xaneiro no Centro Social de Pontecesures.

O vídeo está dividido en dúas partes por causas técnicas derivadas de youtube onde están almacenados.

A presentación foi todo un éxito. Agora queda que a resposta de donación fotográfica e logo de donación de historia vivida (gravacións de testemuñas orais contando as súas experiencias, traballos e vida)sexa tamén un éxito. Todo depende de vos. Así este arquivo poderá ir crecendo día a día.

Disfrutade.



Primeira parte




Segunda parte
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-01-2012 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
BÓ ANO E PRESENTACIÓN





Estimados amigos e amigas, con esta postal animada que nos realizou o amigo Rafa Molina queremos desexarvos un próspero aninovo. Que nos traia moita memoria. Entre elo a estrea do documental que levamos preparando, desde dentro do corazón, e que o poidades disfrutar.

Que non vos deshaucien a moral con palabras como crisis ou recortes. Ser fortes.

Seguimos aquí con, por e para vós.

E o día 9 de xaneiro, xa o sabedes, presentamos o proxecto de O Faiado da Memoria-Pontecesures. Será no Centro Social as 18:00 horas (seis da tarde). Esperámosvos.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-12-2011 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal