| Lugar para o encontro e a lembranza. |
|
Coa colaboración do Concello de Pontecesures, o Faiado da Memoria abre un novo espazo adicado a percura do material gráfico desta vila.
A forma de participación é póndose en contacto, ben a través do correo electrónico que figura debaixo deste texto ou ben no mesmo concello, e donando material gráfico sobre a vida propia e da familia. O que nós realizamos é unha copia desas fotografías ou documentos e, rapidamente, devolvemos os orixinais.
Tamén se poden enviar arquivos gráficos (TIFF ou JPEG) ao mesmo correo electrónico. Neste caso rogaríamos que a resolución fose alta (600 p.p.p, como mínimo) para poder traballar con elas.
Logo só resta disfrutar coa memoria que aquí se vai subindo.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Lembramos a Lola e Ana M |
|
 Porque non son timidas, porque abren o camiño das intervencions, porque coñecen a todos, non se lle escapa nadie, porque colaboran con nos que tamen e colaborar con Pontecesures. Non queremos desmerecer a o resto da xente, nos gustan porque lles gustamos, hoxe pasamos unha tarde de risas. GRACIAS de novo |
|
|
|
|
| UNHA TARDE AGRADABLE |
|
 Hoxe en Pontecesures tivemos unha sesion de esas que facemos de vez en cando, para recoñecer fotografias que estan sin identificar...¡Mi madriña¡ Para eso non fai falla asi como moita xente...un de nos proxecta a foto e o outro escribe as identificacions. Pero os nosos blogueiros gustalles o tema...saimos da casa as cinco e chegamos as dez e cuarto...¡buf¡ Todos queren botar unha man, emocionanse, aturrullanse...E precioso escoitalos, precioso miralos...GRACIAS. E un pracer traballar con todos e todas
|
|
|
|
|
| HOXE O FAIADO ESTARA EN PONTECESURES |
|
 Hoxe domingo, día 20 de maio, as seis da tarde, coma sempre no Club Social, teremos un encontro cos nosos donantes e blogueiros do pobo. Non faltedes porque vai ser bonito.
A subida de hoxe é pouca cousa, por diferentes razóns, son cinco as fotografías e están colocadas nas seguintes Galerías:
RECURSOS E TRABALLOS (2)
VIDA SOCIAL (1)
AS FAMILIAS (2)
Hasta a tarde e a disfrutar neste sitio virtual e no outro, mais real). |
|
|
|
|
| ÍMONOS VER |
|
 O venres, dezaoito, as 20:00 horas, no Centro Social, proxectaremos o documental de Antonio Caeiro, de Antonio o do Faiado, "ESTA NOITE VELADA". Quedades todos e todas invitados.
O dia vinte, domingo, voltaremos o mesmo lugar, pero esta vez as 18:00 horas, para unha nova sesión de memoria fotográfica... proxectar fotos e que nos axudades a identificalas... ¡Non faltedes!
A subida de hoxe está nas seguintes Galerías:
A Diáspora (2)
Así Éramos (2)
Na Escola (1)
Os Amigos (3)
Outras Formas, Outras Vidas (1)
Parroquia (2)
Agora, despois de informarte das próximas actividades, a disfrutar con esta subida. |
|
|
|
|
| Que sexades felices na Feira |
|

A todos vós desexámosvos boa FEGACLASIC. Que e algo moi do pobo, que atrae xente de outros lugares, que deixa cartos que boa falta fan.
Si podemos os do Faiado iremos mañán domingo, coa nosa cámara de fotos, por aquilo de ilustrar o presente.
Mentras tanto hoxe tendes algunha foto nova que ver nas seguintes Galerías:
Así Éramos (10)
Recursos e Traballos (2)
Disfrutade, lembrar a vosa infancia na feira, porque lembrar é... volver a vivir. |
|
|
|
|
| Crearon un Casino |
|
 A subida de hoxe pensamos que vale a pena (A verdade e que sempre vale a pena)En Asi Eramos poñemos unha foto do Casino de Artesanos de Pontecesures de principios dos trinta. Xa vedes por vos mesmos que hai moita xente, fijadevos ben e a ver si identificamos persoas. Non todos os pobos contaban con xente que poñia andar un casino de traballadores artesans...¡PRECIOSO!
A subida de hoxe e:
A Retratarse 2
As Familias 3
As Festas 1
Asi Eramos 2
Os Amigos 2
Recursos e traballos 1
Que participedes e fagades memoria
|
|
|
|
|
| Entre todos seremos capaces |
|
 Seremos capaces de levar adiante este proxecto do Faiado da Memoria en Pontecesures, o que pasa e que os do Faiado somos dous, e eso nótase.
Estamos a facer o documental, como xa sabedes, estreamos outro na capital do país esta semana. Non é só os documentais... son as xestións, o quedar coa xente... en fin xa sabedes.
Pero ainda así, ahí vai unha subida nas seguintes Galerías:
As Familias (1)
As Festas (1)
Así Éramos (2)
Os Amigos (4)
Vida Social (1)
Calquer día nos vemos, de momento DISFRUTADE e COMPARTIR.
|
|
|
|
|
| A prepararse para a Feira do Automobil |
|

Hoxe facemos unha subida pequeniña, temos as maletas na porta da casa, imos saindo para Madrid, alí, o martes dezasete as seis e media da tarde, na biblioteca da Universidade Complutense na calle Noviciados número 3, proxectamos e estreamos o documental de Antonio sobre os nenos que viviron a guerra civil na capital. O documental chámase "Arde Madrid", quedades todos e todas invitados a proxeccion.
De momento a súbida está colocada nas Galerías:
AS FAMILIAS (1)
ASÍ ÉRAMOS (2)
OUTRAS FORMAS, OUTRAS VIDAS (3)
VIDA SOCIAL (2)
Agora a Disfrutar revisando a Memoria. |
|
|
|
|
| O noso homenaxe a Carlos Bóveda |
|
 Despois de traballar para "cerámicas Celta", o artista Carlos Bóveda (segundo pola esquerda) sae para Arxentina, a súa segunda patria. Un novo exiliado-emigrante deste noso país.
Volve a esta terra para morrer e descansalo seu corpo fatigado nunha terra nai.
Hoxe, ao non poder facelo doutra maneira, rendímoslle deste este noso/voso blog, un sinxelo homenaxe.
E aproveitamos para facer unha nova subida. Neste caso van a ser 12 fotografías que están nas seguintes Galerías:
Deportes (1)
Na escola (1)
Vida social (2)
Os amigos (1)
Así éramos (1)
Non esquencemos (1)
Outras formas, outras vidas (1)
A retratarse (3)
Recursos e traballos (1)
Agora disfrutade. |
|
|
|
|
| Rematada a Lamprea |
|
 Agora seguiran outras festas e tradicións como a Feira do Automovil. Se alguén ten fotos das anteriores (especialmente das primeiras, claro) e queren colaborar que non dubiden en chamarnos e coas mesmas abriríamos unha sección nova so coa Feira.
Hoxe facemos unha subida de dez fotografías nas seguintes Galerías:
A RETRATARSE (2)
ASÍ ÉRAMOS (1)
DEPORTES (1)
NA ESCOLA (1)
PARROQUIA (2)
RECURSOS E TRABALLOS (1)
VIDA SOCIAL (2)
Non vos preocupades si tardamos algunhas veces, sempre voltamos.
Agora a disfrutar. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|