Magnífico documental de reflexión dunha xeración á que se soe cualificar de "
pasotismo" sobre un tema tan quente e malinterpretado como o da lingua.
Linguas cruzadas amósanos a pervivencia de certos estereotipos sobre o galego e o castelán.
O conflito semella non estar na mocidade senón nos adultos que tratan/tratamos de educalos/as. Son 50' amenos nos que se nos amosan as contradicións dunha franxa de idade que, non superando os 30 medraron co galego na escola e coa normalidade do
Xabarín Club ou a
Radio Galega.
O documental
Linguas cruzadas foi dirixido por
Mónica Ares e
María Yañéz hai dous anos e estreado na TVG por un 17 de maio.
É un magnífico material para traballar nas aulas de Lingua Galega. Ten 7 partes claramente diferenciadas que tocan temas tan interesantes como:
1. Falo galego porque… 2. Os prexuízos sobre o galego. 3. O galego normativo. 4. Falo galego dende hai tres meses: o valor dos neofalantes. 5. Os dereitos dos galegofalantes: hai conflito lingüístico? Hai discriminación dos galegofalantes? 6. O papel da escola e 7. O galego no futuro.