Lar da Paz

SOBRE A EDUCACION CREATIVA

Manuel Dios Diz

Antes que nada moitas grazas pola invitación. Para mín é un pracer compartir mesa e mantel cos invitados e con todas e todos vos. Con Ubaldo Rueda, ademais, úneme unha vella amizade e o ser parte tamén do Seminario Galego de Educación para a Paz, a organización que presido e promovín desde 1985, e lamento que finalmente non pudera asistir.

Non son un experto en EDUCACION CREATIVA, tan só un mestre, un profesor de instituto, un docente con máis de 30 anos de experiencia, un activista da cultura da paz, un promotor de iniciativas moi diversas, un sincero partidario da innovación e do cambio positivo en tódalas facetas, tamén na educación, porque son dos que opino que non hai cousa máis mortal e aburrida que as rutinas, especialmente, das malas rutinas, docentes ou profesionais.

É certo que recibín un Premio da Consellería de Educación á Innovación Educativa por unha experiencia co meu alumnado no CPI de Trazo hai uns anos titulada “Educar para a Paz, globalmente”, sen embargo non penso que ese fose o mérito para ser convidado esta noite…

O concepto de Educación Creadora ou creativa ten moita máis ascendencia, máis difusión, probablemente, en América Latina. Aquí falamos máis de creatividade, de innovación, de desenvolvemento, de investigación, o famoso I+D+I, agora tamén se fala moito das TIC ou das tecnoloxías para a vida.

En calquera caso eu comparto con D. Francisco Giner de los Ríos a súa definición da educación: dirixir con sentido a propia vida, a eso deberíamos aprender na escola e no instituto, ademais de contidos, procedementos, habilidades, valores, normas… competencias dicimos agora na jerga tan cambiante da pedagoxía.

A Unión Europea, o Consello de Europa, diversas institucións internacionais… levan anos insistindo na idea de que a creatividade e a innovación son cruciais para un desenvolvemento económico e social sostible, de que en tódolos niveis da educación debemos contribuir á creatividade e á innovación dentro dunha perspectiva de educación permanente e ó longo de toda a vida, para todas e todos, especialmente, desde a aprobación do programa “Educación e formación 2010” e as recomendacións do CE ós estados membros de 28 de Maio de 2008:

“Os sistemas educativos deben aunar, desde o nivel escolar, o desenvolvemento de coñecementos e aptitudes específicas e de capacidades xenéricas relacionadas coa creatividade, como curiosidade, intuición, pensamento crítico, solución de conflictos, experimentación, asunción de riscos, capacidade de aprender dos fracasos, uso da imaxinación e do razoamento hipotético e o sentido emprendedor”

Neste punto recordo un pensamento de D. Federico Mayor Zaragoza, de cando foi a estudiar a Oxford, moi xoven, e veu no emblema daquel condado a famosa cita de Horacio “Sapere aude”, atrévete a saber. Cando regresou, ademais de valorar aquel obxectivo, pensou que tan importante como atreverse a saber era saber atreverse…

Entre as 8 competencias clave para a aprendizaxe permanente definidas en 2006 están relacionadas coa creatividade e a capacidade de innovar, a promoción de políticas integradoras, a tolerancia e o entendimento mutuo, a interculturalidade… e os profesores teñen un papel crucial á hora de alimentar e respaldar o potencial cretativo de cada neno e nena e poden contribuír facendo da súa labor un exemplo de creatividade.

Xa Delors, por encargo precisamente de Federico Mayor Zaragoza, cando era directror xeral da UNESCO, definíu os 4 grandes pilares da educación do século XXI:

1.- Aprender a aprender

2.- Aprender a facer

3.- Aprender a ser

4.- Aprender a vivir xuntos

Si os dous primeiros son importantes non o son menos os dous últimos, aprender a ser e aprender a convivir. E a eso dedicamos no Seminario Galego de Educación para a Paz o noso traballo e esforzo, desde hai xa case que 25 anos (1985-2010).

Pero ¿que é a creatividade?, ¿qué significa educar para a creatividade, educar en, por e para a creatividade?. Desde o meu punto de vista ten que ver con educar para o cambio, para a transformación positiva, para mellorar o benestar, para un mundo máis xusto, máis humano, máis solidario, e iso significa educar persoas ricas en orixinalidade, flexibilidade, visión de futuro, iniciativa, amantes dos riscos, preparadas para afrontar obstáculos e barreiras que se presentan na vida cotiá, escolar e social, coñecendo e manexando ferramentas para a innovación, sen medo ós erros…

Trataríase de fomentar potencialidades que temos e que matamos a medida que ascendemos no sistema educativo. Crear atmósfera creativa, pensar reflexivo, crítico, dentro e fora das aulas, aprender a xerar productos novedosos e de gran valor social, isto en definitiva significa amor polo cambio, atmósfera de liberdade psicolóxica, profundo humanismo, competencias para enfrontarse co novo e darlle respostas positivas e útiles.

Paulo Freire, por exemplo, foi probablemente, na contemporaneidade, o docente que máis pelexou por unha educación crítica, transformadora, emancipatoria, global, non sexista, solidaria e cooperativa.

Sen embargo, non podemos negalo, a realidade escolar actual, con carácter xeral, lamentablemente, ten moi pouco que ver con estas grandes aspiracións.

Sempre, nos cursos de formación que imparto (e comparto), poño tres pensamentos moi axeitados ó que estamos agora comentando que me sirven para evidenciar o que estou dicindo.

Un é de Miguel Angel Santos Guerra, un bo amigo, cando afirma que “Nun mundo de imaxes, a escola segue a ser un illote de palabras”.

Outro é de J. Gardner, cando di que “A escola malgasta horas e horas, días e días en preparar ó alumnado para un mundo que xa non existe…”

E por último o difunto Marshall McLuhan que antes de morrer dicía: Os nenos fan cada día o mesmo percorrido, saen da casa no século XX (agora xa o fan no século XXI) e entran na escola do século XIX”.

A realidade educativa actual insiste en promover os saberes tradicionais, as materias clásicas do currículum, a especialización máxima, os métodos máis discursivos e verbalistas e esquecemos a educación afectivo emocional, as relacións interpersoais, a solución pacífica dos conflictos… sempre reitero que dedicamos moito tempo a ensinarlle ós nosos alumnos a resolver complexísimos problemas matemáticos, químicos, físicos… e moi pouco tempo a aprender a resolver os propios problemas… mesmo o modelo de organización escolar, fortemente compartimentalizado en disciplinas clásicas, responde máis a unha concepción decimonónica do saber que á situación actual, onde todos compartimos a idea de que o coñecemento é cada vez máis global…

José Antonio Marina que empezou a escribir sobre a nova intelixencia dicía que unha das características fundamentais desta nova intelixencia era a capacidade de aprender a resolver conflictos. E de maneira certamente provocativa interpelaba ós docentes e dicíalle: ¿queredes centros educativos intelixentes ou centros educativos estúpidos?. Si queredes centros educativos intelixentes debedes dedicar moitos máis tempos, espazos e recursos a ensinar e aprender a resolver conflictos…

María José Díaz Aguado, psicóloga madrileña, investigadora relevante en materia de convivencia escolar, destaca tres paradoxas da escola actual. Di que na época de maior facilidade para a información e a comunicación, somos máis inútiles á hora de comunicarnos con nós mesmos e cos demáis, nas distancias curtas. Tamén reitera que a escola tradicional está á marxe da vida real… ou que unha sociedade individualista e competitiva non soporta o traballo cooperativo no que todos gañan, todos gañamos, aínda que non o gañemos todo…

Darei agora algunhas recomendacións metodolóxicas para educar na creatividade:

•	Aprender a tolerar a ambigüidade e a incertidume, fuxir do pensamento maniqueo, do branco ou negro, do todo ou nada…

•	Favorecer a vontade de superar obstáculos

•	Desenvolver a confianza nun mesmo e nas propias conviccións, a autoestima, a empatía…

•	Propiciar unha cultura do traballo creetivo e reflexivo, crítico, da dúbida, da pregunta, da escoita activa

•	Trascender o presente e pensar no futuro

•	Soñar. Si os homes non soñáramos con voar, non habería avións…

•	Vencer o temor ó ridículo

•	Afrontar riscos

•	Romper coas dinámicas que promover a inseguridade, a pasividade, a sumisión, a dependencia, a repetitividade…

•	Buscar fontes alternativas

•	Traballar a imaxinación

•	Facer das aulas espazos de sorpresa, de asombro, de experimentación, de investigación, de cuestionamento das “verdades”…

•	Unir o cognoscitivo co afectivo, afectos e sentimentos co intelecto.

Desde hai moitos anos se entrena a creatividade desenvolvendo habilidades como a sensibilidade, a fluidez, a flexibilidade, a orixinalidade do pensamento diverxente (Guilford).

Hai máis de 40 anos que Alex Osborn inventou o remuiño de ideas e que se puxeron en práctica técnicas de expresión global como meditar, bailar, xogar… porque en definitiva a creatividade é unha actitude diante da vida que debemos promover durante todo o tempo na escola sabendo ver as aptitudes persoais… os talendos esquecidos.

Saber buscar as destrezas xenuinas dos cativos e cativas, coñecelas, os seus propios talentos, porque todos os temos, quizás a escola debera ser capaz de non matar, non afogar, estas destrezas xenuinas senón de desenvolvelas.

Sir Ken Robinson, podédelo ver en Youtube, é das persoas que na actualidade máis traballan o tema da educación e a creatividade, insiste moito no cultivo dos propios talentos, en evitar que a escola mate a creatividade.

Para resumir finalmente, Punset destaca algunhas claves da creatividade: curiosidade, elexir e adaptarse e modelar o ambiente onde se vive, intelixencia emocional, e sobre todo, disfrutar co que se fai, difícilmente se pode ser creativo nun traballo que un aborrece, e con cativos, si un disfruta, é imposible non ser creativo, quizás aquí teñamos a clave, facer aquilo co que disfrutamos, e sinceramente, hai moito profesorado que estaría moito mellor noutros oficios.

E como podedes ver, un disfruta, apasionadamente, co que fai

Moitas grazas.

Manuel Dios Diz (www.sgep.org) Mail: paz@sgep.org

AUCTORITAS OU POTESTAS
En relación co debate sobre a autoridade do profesorado

Manuel Dios Diz

Resulta imposible resumir nun artigo todo o que suscita un debate sobre a autoridade do profesorado que, polo demais, non é novo. Habería que enmarcalo nunca reflexión máis global sobre a sociedade, sobre o fracaso (social e escolar), sobre o rol que xogamos cada quen, e de maneira máis particular, sobre a propia comunidade educativa que xa non se circunscribe ós pais e ás nais, ós docentes e ó alumnado, porque hoxe, como sabemos, existen novos axentes, algúns moi activos e poderosos, na transmisión de valores e de contravalores como son, por exemplo, os iguais, os media ou a publicidade. Con todo aportarei algunha reflexión.

A escola, o instituto que coñecemos e lembramos os adultos, digamos de mediana idade, moi pouco ten que ver cos actuais. Basta escoitar os comentarios dalgunhas personalidades públicas nestes días para decatarse do lonxe que están da realidade educativa actual. Entre outras cousas, porque a sociedade cambiou extraordinariamente e de maneira moi rápida, como nós mesmos, e porque agora van ó instituto tódolos alumnos e alumnas, non unha minoría seleccionada, como noutras épocas. Falamos da totalidade dos rapaces e rapazas en idade escolar, é dicir, dos que queren estudar, dos que valoran o esforzo e o saber, dos que proveñen de ambientes económicos e culturais acomodados, e daqueles que viven en familias desestructuradas, xunto cos que obxectan, os que asisten por obrigación, os que arrastran carencias relevantes (afectivas, económicas, culturais…), e os superprotexidos, os da chave, os emperadores, os amos, os que viven a violencia (de xénero e outras) como modelos, os hiperactivos, os que teñen dificultades, os que aborrecen da imaxe que a escola lles devolve de si mesmos… todos e todas sen excepción, especialmente na escola pública. Isto, simplemente isto, cambiou por completo os colexios e os institutos. E moitas persoas seguen sen comprendelo, moito menos asumilo.

Si algo compartimos é que non debemos lexislar a golpe de titular nin tampouco en función da alarma social xerada. Non parece o máis sensato. A educación manexa (ou debe manexar) tempos moi distintos dos que utiliza o xornalismo ou a política. O profesorado traballa con persoas concretas, con ritmos e necesidades distintas, non en función de intereses económicos, mercados, ventas, beneficios, audiencias… ou votos. Por iso o tempo educativo non ten nada que ver coa fugacidade do tempo televisivo, radiofónico ou electoral.

Analizar a situación, coñecer o que acontece no sistema educativo, facer un bo diagnóstico, resulta imprescindible para atopar vías de mellora da calidade, da convivencia, dos resultados académicos, do clima escolar. E isto non ten nada que ver coas ocorrencias, nin co alarmismo, nin tampouco co pensamento maniqueo, co Branco e o negro, o todo ou o nada, tan frecuente nos titulares e nas declaracións. A educación significa aprender a dirixir con sentido a propia vida, en palabras de D. Francisco Giner de los Ríos, e implica non so información senón tamén coñecemento, contraste, reflexión, elaboración… en definitiva, fuxir do pensamento maniqueo, da simplicidade, das receitas máxicas, das causas únicas, das ocorrencias, diga quen as diga. E por iso resulta tan frustrante, tan difícil, querer matizar, especialmente, nos medios de comunicación, porque en moitas ocasións, un titular repetido mil e unha veces, a todas horas, en tódalas cadeas, desbarata miles de esforzos porque, ó final, o que escoitamos é o enorme estrondo da árbore que cae mentres que ignoramos o son da herba que medra

cada día… as malas noticias son as únicas noticias e isto da unha visión parcial ou falseada da realidade.

Non podemos solventar os temas a golpe de frase enxeñosa, crernos de verdade que a conflitividade escolar pode resolverse con tarimas, recuperando o tratamento de vostede, ou con galóns máis ou menos chamativos impostos pola autoridade política de turno. As cousas, por desgraza, non son tan simples, e eles o saben. Ademais, non é verdade que a gran maioría do profesorado non teña autoridade ou que decline dela. Tampouco que o alumnado en xeral non respete ós seus profesores, que sexa violento ou borracho, inconsciente ou irresponsable como tantas veces se reitera. Ou que as nais e os pais pasen da educación dos seus fillos e fillas. E que os

institutos sexan territorio comanche. Non é certo. Nada máis lonxe da realidade. Temos que fuxir das xeralizacións, das atribucións globais de responsabilidade, de confundir unha parte co todo, por moi rechamante que sexa, e analizar polo miúdo o que sucede, con rigor, sen prexuízos, distinguindo a palla do grao, identificando ben os problemas, asumindo que todos e todas temos porcións de razón e de culpa, e debemos ser parte da solución. Non podemos seguir trasladando ós demais as causas dos males que percibimos no sistema educativo, que si os pais, que si os profes, que si os rapaces, que si a administración, que si os media… non basta con repetir que para educar a un neno fai falla a tribo enteira, senón crelo de verdade e obrar en consecuencia. E temos instrumentos para facelo. Mellorables, sen dúbida. Existen, desde hai anos, en todo o Estado, nas CC.AA, plans integrais de mellora da convivencia escolar, observatorios, protocolos, departamentos de orientación, equipos de mediación e tratamento de conflitos… o que sorprende é que esta realidade, a maioritaria convivencia escolar nos miles de centros educativos, non resulte visible, atractiva, interesante, recoñecible, avaliable. Isto provoca grandes doses de frustración nos educadores e nas educadoras, nas miles de persoas que se esforzan cada día, a pe de aula, por mellorar o clima escolar, por ilusionar ó seu alumnado, por facerlles ver que a educación, a cultura, o traballo ben

feito, son útiles, contra todo o ambiente social e as mensaxes constantes que reciben, a cotío, en senso contrario, a fama, o éxito, o minuto de gloria, o triunfo sen esforzo, o diñeiro a mans cheas, e modelos e referentes tan edificantes como Belén Esteban ou a Campanario… mañá e tarde, a todas horas…

O ministro Angel Gabilondo, cunha traxectoria profesional dedicada á reflexión filosófica, á metafísica, está moi lonxe, ó meu parecer, do pensamento maniqueo, das solucións máxicas, das ocorrencias, e quere, como tantos docentes, un pacto de estado pola educación, que fermosa utopía, apelando á tribo enteira para cambiar o noso sistema educativo que, como non, necesita mellorar, e quere facelo con tódalas mans, con acordos, con diálogo, con consenso, pero probablemente fracase, porque os tempos educativos non son os políticos e as grandes necesidades significan tamén grandes recursos, e en épocas de crise, xa se sabe, o máis efectista resulta sacarse unha gorra da manga e impoñer a autoridade por lei.

E con moita frecuencia confundimos a auctoritas coa potestas que tan ben distinguían os romanos. A primeira ten que ver coa autoridade moral que temos que gañar cada día coa nosa profesionalidade, co bo exemplo, co respecto, coa dedicación, co cariño, cos afectos e os sentimentos, coa persuasión e a convicción, co diálogo, coa comunicación, con xenerosidade, cos nosos coñecementos, experiencia, comportamentos e condutas, sabendo e preparando a materia… esta ascendencia moral non se compra no supermercado, nin se compra nin se vende, apréndese e constrúese

cada día, con moito esforzo, con ilusión, con vocación, con amor por este hermoso oficio, o de ensinar, aprender e compartir cultura, saber e sabedoría… mentres que a potestas, polo contrario, consiste nun conxunto de facultades públicas que son outorgadas, desde fora, a unha persoa de acordo cunhas formalidades ben definidas, trátase dun poder que non emana da condición persoal do titular, senón que está relacionada coa forza e a imposición coercitiva, con aquilo que Maquiavelo dicía: o príncipe debe infundir temor e impoñerse pola forza da espada… por iso, o debate sobre a autoridade debera ser moral, ético, profesional, humanista, educativo…, non simplemente administrativo ou xurídico, nin vingativo, o desquite do ’68, en palabras de Sarkozy, ou de tantos e tantas que añoran un pasado que xa está escrito…

Sinceramente estou convencido de que a maioría do profesorado ten autoridade suficiente, capacidade de persuadir e de convencer, auctoritas. E o sistema educativo, como o xurídico, a fiscalía, conta con lexislación e sentencias que protexen e respaldan

ó profesorado. Os propios centros escolares teñen, ademais, recursos e mecanismos variados, plans, equipos, protocolos que permiten resolver os conflitos razoablemente ben, sen caer no victimismo, polo que non necesita investirse de potestas pública, mellor dito, que alguén externo ó propio sistema a impoña, porque, entre outras cousas, sen auctoritas non hai potestas por moito que alguén se empeñe en converternos en axentes da autoridade pública… as cousas son moito máis complexas.

Por certo, en moitos centros educativos hai docentes sen autoridade moral. Todos o sabemos. Algúns reciben moito máis respecto do seu alumnado do que merecen. É un dicir. Como existen pais e nais con moi pouca ascendencia sobre a súa prole. E médicos incompetentes, e xornalistas, e mestres… o que ten que ver coa formación inicial e permanente, co acceso, con desempeñar ou non o oficio que se quere, que se ama… pero isto merecería outro artigo…

Unha pregunta impertinente: como pais e nais, como avós e abóas, como titores e titoras, como políticos, como… temos auctoritas ??, nola gañamos cada día cos nosos comportamentos e condutas ?, ou habería que impoñérnola tamén por lei ?? ...

Manuel Dios Diz é mestre, licenciado en Xeografía e Historia pola USC, forma parte do Observatorio Galego da Convivencia Escolar e preside o Seminario Galego de Educación para a Paz.

De la fuerza de la palabra : Federico Mayor Zaragoza
De súbditos a ciudadanos. De espectadores a actores que participan y se comprometen con su comportamiento cotidiano a la gran transición desde una cultura secular de imposición, violencia y guerra a una cultura de diálogo, conciliación, alianza y paz.

Estos son los elementos fundamentales para hacer posible el cambio radical que es exigible: conocimiento de la realidad a escala global, lo que permite comparar –una de las principales bases éticas- para apreciar lo que tenemos y conocer nuestras carencias y las de los demás; progresivo porcentaje de mujeres en la toma de decisiones (no llega al 7% en la sociedad actual, todavía con un gran predominio de poder masculino); y capacidad de participación no presencial, por primera vez en la historia, gracias a las modernas tecnologías de la comunicación (SMS, Internet).

Ya no hay excusas para permanecer callados. El tiempo del silencio ha concluido. El poder ciudadano, bien utilizado, podrá ahora expresarse sin cortapisas y no admitir pasivamente lo inadmisible.

De la fuerza a la palabra.

De la insoportable levedad –parafraseando a Kundera- de muchas democracias actuales a democracias con amplia y constante implicación ciudadana.

De la plutocracia representada por los G7, G8, G20… al multilateralismo eficiente, con el Sistema de las Naciones Unidas refundadas a escala mundial.

Los diagnósticos ya están hechos en la mayor parte de los casos. Ahora es tiempo de acción.

Es tiempo de resituar la justicia social y los Derechos Humanos en el centro de las políticas económicas del que fueron erróneamente desplazados por las leyes del mercado, con el lamentable resultado que las crisis actuales –financiera, medioambiental, alimenticia, democrática, ética- reflejan.

Es tiempo de transitar urgentemente desde una economía de guerra (3.000.000 de dólares al día, mientras mueren 60.000 personas de hambre) a una economía de desarrollo sostenible global (energías renovables, alimentos, agua, salud, vivienda).

Es, en suma, el momento, que no debemos desaprovechar, de un nuevo comienzo.

Federico Mayor Zaragoza

O Foro 2010 e a Cultura da Paz
O concepto “Cultura de Paz” nace, por iniciativa de D. Federico Mayor Zaragoza, a mediados dos años ’80, como un proxecto “transdisciplinario” que foi configurándose e concretándose sucesivamente con distintas declaracións de Nacións Unidas…

A máis importante destas declaracións foi, sen dúbida, a de 1999, que leva anexo un Programa de Acción moi detallado e que propiciou, posteriormente, novas actuacións, como son, por exemplo, o Manifesto 2000 dos Premios Nobel da Paz ou a proclamación do Decenio 2001-2010 como o da Cultura da Paz e a Non Violencia para tódolos nenos e nenas do mundo.

Este concepto, con todo o que significa de oposición á cultura da violencia e da guerra, foi afirmándose tanto no mundo académico como na sociedade, e tamén na lexislación, entrando a formar parte do currículo escolar en distintos países e tamén nas normas constitucionais, mesmo nos novos Estatutos de Autonomía dalgunhas Comunidades Españolas, así, expresamente figura como un dos grandes obxectivos e fins das actividades académicas, políticas públicas e sociais, como xa o é a referencia constante á Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948.

No Estado Español, a primeira comunidade en lexislar sobre este tema foi Cataluña, coa súa propia Lei de Fomento da Cultura da Paz, do ano 2003 e a posta en marcha do seu Instituto Catalán Internacional pola Paz, que preside Rafael Grasa. Posteriormente, en 2005, as Cortes Xerais aproban a Lei de Fomento da Educación e a Cultura da Paz, vixente na actualidade, que ademais de promover diferentes accións en materia de Cultura de Paz, creaba unhas axudas anuais, de aproximadamente un millón de euros, para actividades diversas en materia de fomento da paz. Lamentablemente estas axudas foron diminuíndo cada ano e neste, no 2009, desaparecen por completo como consecuencia dunha decisión incoherente coa política do Goberno (Alianza de Civilizacións, Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos)do MEC, amparándose na crise económica que casualmente afecta, neste departamento, ás únicas subvencións que contemplaba a citada Lei.

Poucas son as persoas que coñecen a existencia dunha Lei de Fomento da Educación e a Cultura da Paz en España. Menos as que entenden que neste ano 2009, e non sabemos si no sucesivo, desaparezan os poucos fondos económicos destinados a materializar ese fomento e promoción da cultura da paz que establece a Lei.

Cando falamos de Cultura de Paz estamos a referirnos, tal e como proclaman as Nacións Unidas e a UNESCO, non só á educación para a paz, os dereitos humanos e a democracia, senón tamén, á loita contra da exclusión e a pobreza, ó diálogo intercultural e  interrelixioso, á resolución pacífica e prevención de conflitos ou á construción da paz.

En Galicia, o Seminario Galego de Educación para a Paz leva varios anos promovendo a elaboración, por acordo parlamentario, dunha Lei propia de Fomento da Cultura da Paz. Existe a vontade de poñela en marcha na actual lexislatura entre os tres grupos parlamentarios. Elaboramos un borrador de Proxecto de Lei como documento de partida, e existe o compromiso de crear estruturas estables de participación cidadá en materia de paz.

O ano 2010 está moi cerca, cargado de simboloxía, porque non só é Ano Xubilar, senón que remata a Década da Cultura da Paz e a Non Violencia (2001-2010) de Nacións Unidas e o Seminario Galego de Educación para a Paz celebra o seu XXV Aniversario. Con ese motivo propiciamos o Foro 2010 (www.foro2010.org) como un espazo de encontro cultural no que terán lugar distintos eventos de relevo internacional como son un Foro Mundial de Educación (FME) temático sobre “Educación, investigación e Cultura de Paz”, unha reunión de membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións; unha reunión internacional dos Coordinadores do Decenio da Cultura da Paz; un Congreso Mundial sobre o Dereito Humano á Paz ou a reunión da Rede Internacional de Museos da Paz, todo no mes de decembro de 2010, xunto con actividades artísticas e culturais que farán de Compostela unha referencia mundial en materia de Cultura de Paz.

Ademais estamos a promover a constitución da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC e un gran Centro pola Paz, o Lar da Paz, no Convento Franciscano de Herbón en Padrón.

!Qué fermosa celebración do 2010 sería ter en vigor a Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia¡

Que así sexa...