Biblioteca CPI A PICOTA


Tesmoitoconto
Este blog está pensado como un espazo de información e opinión sobre libros, literatura, acontecementos que se van celebrar no CPI A Picota, no que estades todos invitados.

CPI A PICOTA
R/Dolores González Jurjo,14
15256 Mazaricos
(A Coruña)
Tfno. 981 852 049
cpi.picota@edu.xunta.es


Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis





O meu perfil
mazaricoteca@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mochilas viaxeiras
A semana pasada empezaron a circular as mochilas viaxeiras en primaria. E este mércores comenzaron en secundaria.
Espero que vos guste todo o que tedes nelas e que o disfrutedes con toda a familia.
Comentarios (0) - Categoría: Acontecementos no centro - Publicado o 04-02-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Los cinco

Neste segundo trimestre, os alumnos do obradoiro de lecturas divertidas propuseron ler a coleción de "Los cinco" de Enid Blyton.
Xa iremos contando neste espazo como nos va.

Os protagonistas son: Max (fillo de Julian, aficionado á bicicleta de montaña e ao patinaxe), Dylan (fillo de Dick, que quere ser empresario), Jo (filla de Georgina, que leva o pelo corto e prefire os xogos de nenos), Allie (filla de Anne, adicta ao shopping),e o can Timmy.


Blyton publicó o primeiro libro da serie – Los Cinco en la Isla del Tesoro- en 1942, e a súa intención orixinal era escribir só sete u oito máis. Pero o éxito editorial foi tan grande que acabaron sendo ventiun, dos que na década seguinte vendéronse seis millóns de exemplares. Todas as novelas, escepto tres, lleváronse ao cine, e ademáis facéronse series de televisión, xogos de ordenador, dramas radiofónicos e imitacións en francés e alemán.
Comentarios (1) - Categoría: Obradoiro de lecturas divertidas - Publicado o 21-01-2012 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
OBRADOIRO DE LECTURAS DIVERTIDAS
Neste curso 2011-12 comezou o "Obradoiro de lecturas divertidas" dirixido aos alumnos/as de segundo e tercer ciclo de primaria do CPI A Picota que lles gusta ler. Ten lugar na biblioteca os mércores no tempo de lecer.
As mestras que o dirixen son: Chelo, Salomé e Irma.


No primeiro trimeste leron Das cousas de Ramón Lamote de Paco Martín
Os protagonistas desta historia son: Ramón Lamote, profesor de chairego e debuxante de soños, o Rexedor da Cidade, que busca o recoñecemento dos veciños para a súa propia gloria. O Reparante, un animal pequeno como un can e con forma de dragón. Cando aparece un tubo que corta o paso na beirarrúa, todos, grandes e maiores, acaban pasando por el. Pero cando o Rexedor se dispón a inauguralo, desaparece tan misteriosamente como apareceu.
Trátase dun libro marabilloso xa convertido nun dos clásicos na nosa literatura xuvenil. Traducido a varios idiomas.

Comentarios (1) - Categoría: Obradoiro de lecturas divertidas - Publicado o 21-01-2012 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
El coleccionista de relojes extraordinarios

Á volta de vacacións de Nadal comezamos a leer un novo libro no primeiro ciclo de ESO: El coleccionista de relojes extraordinarios de Laura Gallego García, no que desde o primeiro momento introdúcenos nun mundo máxico e de misterio onde os reloxos son os principais protagonistas, e o tempo é un factor moi importante.


Na primeira sesión, unha das nosas conclusións e que é unha crítica ao mundo estresado no que vivimos: sempre pensando en non chegar tarde, en facer moitas cousas en pouco tempo, sempre mirando o reloxo,...
Comentarios (0) - Categoría: Club de lectura "Tesmoitoconto" - Publicado o 21-01-2012 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
DIA DA PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, enlazando coa temática do bosque traballada no primeiro trimestre.
Por iso, este ano os alumnos/as están facendo un bosque no CPI A Picota con árbores que contén mensaxes de paz. Tamén escoitarase nos cambios de clase desta semana a canción TU BOSQUE ANIMADO de Luz Casal, pertencente a BSO da película Un bosque animado. E o día 30 cantarase esta canción cos nenos/as de infantil e primaria.


Os desexamos un feliz día da Paz para todos.



TU BOSQUE ANIMADO

Dentro de ti hay un bosque animado
Dentro de ti hay mundos por descubrir
En ti se adivina tu forma de vivir
Respirarás la lluvia entre las hojas
Querrás sentir la fuerza que te manda el sol
Serás el viento que ha nacido en mi canción.

Di no al hacha que amenaza sin compasión.
Di no al fuego y a las trampas del cazador.
En ti defiende un BOSQUE DE PAZ Y CALOR.
Quiero tener el valor
De sentir armonía a mi alrededor.
Quiero algún día aprender
Que tal vez la vida, será lo que siempre soñé.


Dentro de ti hay un bosque animado
Dentro de ti hay nubes por alcanzar.
En ti la lluvia se convierte en vendaval

Di no al hacha que amenaza sin compasión.
Di no al fuego y a las trampas del cazador.
En ti defiende un BOSQUE DE PAZ Y CALOR.
Quiero tener el valor
de sentir armonía a mi alrededor.
Quiero algún día aprender que tal vez la vida
será lo que siempre soñé.


Di no al hacha que amenaza sin compasión.
Di no al fuego y a las trampas del cazador.
Di no al hacha que amenaza sin compasión.
Di no al fuego y a las trampas del cazador.
En ti defiende un BOSQUE DE PAZ Y CALOR.
Quiero tener el valor.

Comentarios (0) - Categoría: Acontecementos no centro - Publicado o 21-01-2012 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONTO GAÑADOR NO CONCURSO DE SAMAÍN
O CEMITERIO DA RUÑA

A noite de Samaín xa chegara a Mazaricos,os nenos dispóñanse a saír,polas golosinas e reunirse a contar contos de medo. Pero este ano sucedería algo especial. En lugar de reunirse no sitio de sempre, farano no cemiterio da RUÑA,todos estaban nerviosos,pero trataban de ocultalo.
Arredor das 11 da noite comezaron a chegar o cemiterio e sentáronse o redor todos dunha lanterna que alumeaba as súas asustadas caras.
O maior dos rapaces comezou a contar o conto de medo.
Dise que neste lugar foron enterradas 3 bruxas malvadas que tiñan unha cella levantada,o nariz respigón,e a cabeza inclinada.
Todos os anos as almas desas 3 bruxas levantábanse das súas tumbas para atemorizar os que non cren nelas,así que empezade a crer nelas.


Pero quen está facendo ruídos ahí? Hai alguén escondido (dixo un cativo).
Todos se asustaron e comezaron a escoitar campás, que cada vez soaban mais forte. Todos os rapaces se agarraron das mans.
De repente a lanterna caiu, apagouse e quedaron as escuras.
O vento comezou a soplar. Debemos regresar a casa! esto xa non é un chiste!. Seguidamente gritou “jasus que é eso!
Das tumbas comezaron a saír estraños e fantasmales figuras. Os rapaces máis pequenos comezaron a chorar, todos querían escapar, pero as súas pernas non reaccionaban debido ao medo.
Unha risa estremecedora resoou por toda a RUÑA,un raio sacudiu de repente todo o monte e dende aquela non se soubo daqueles pobres nenos
treveriádesvos a ir o monte da RUÑA unha noite?Dise que todas as noites se escoltan rapaces chorar e bruxas rir despiadadamente.


Autores: Sheila, Víctor y Melanie de 4º ESO A



¡¡¡Enhoraboa aos tres!!!
Comentarios (0) - Categoría: Acontecementos no centro - Publicado o 12-01-2012 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Boletín de lecturas 1ª hoja
Este é o boletín de lectura recomendadas entregadas aos alumnos o 23 de decembro de 2011.
Comentarios (0) - Categoría: opiniones de libros - Publicado o 12-01-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Boletín de lecturas 2ª hoja

Comentarios (0) - Categoría: opiniones de libros - Publicado o 12-01-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal