Cumprindo co encargo depaidovento, encho este meme que trata do que fariamos no noso derradeiro dia da nosa vida.
Que canción che gustaria escoitar?
Non sei, coido que algo de "The White Stripes" ou recurriría ao Jazz, relaxándome ca melodía de "Fleurette Africaine".
A que libro lle botarias un ollo?
Como non sei seguro cómo reaccionaría nunha situación así, poderia mirar unha parte do primeiro libro de "Memorias de Idhun" ou ben buscar cómo burlar a mórte nalgún diccionario de videntes timadores, coma os da televisión.
Con quen che gustaría falar?
Ca familia e cos amigos.
Que che gustaría comer?
Sen dúbida polbo á feira.
Que farías e que che queda pendente por facer?
Quedaríame sen escribir un conto, sempre quixen escribir un libro, e algún día destes pode que me anime.
E o que faría sería ir a youtube e ver todos os goles de Messi.
"Mira, su moralidad, su... ética... es una gran mentira. Se olvidan a las primeras de cambio. Sólo son tan buenos como el mundo les permite ser, ya verás, cuando las cosas se tuerzan, esos individuos civilizados se matarán entre ellos..."
--Joker (El Caballero Oscuro)--
Algúns libros acompañábano
sempre; outros ficaban na casa
porque non se axeitaban á
finalidade da viaxe ou porque
tiñan que deixar sitio para unha
nova historia aínda descoñecida.