Cada vez queda menos para que se estrene a segunda parte da película Hellboy, dirixida por Guillermo del Toro.
Recoméndovos a todos ver a primeira peli. Dentro das de superheroes é das mellores.
Ten diálogos interesantes (graciosos a fartar) e non lle fan falta mellores efectos especiais.
Esperemos que a segunda parte siga na mesma linea.
Por certo xa se sabe que Guillermo del Toro vai a dirixir O Hobbit, o libro de Tolkien vaise dividir en dúas películas, a primeira saerá en 2011 .
Xa sei que estiven un bo tempo sen escribir, pero mereceu a pena. Estiven a ler unha serie de libros chamada Crepúsculo (formada por "Crepusculo", "Luna Nueva", "Eclipse" e dentro dun més, "Breaking Dawn" que será traducido como "Amanecer".
Rcoméndovos a saga a todos, a min encantoume, sen ser un tema dos que máis me gustan acabei os tres libros (de seiscentas páxinas máis ou menos) en dez días. Tedes que lelos.
É un drama con vampiros, ten moita accion e non digo nada máis porque se non xá non ten gracia.
Acababa de ler o terceiro libro cando me puxen a buscar o momento no que saía o cuarto e descubrín que ían facer unha peli da saga.
Aí vos deixo un contador para que saibades o momento xusto no "Amanecer" sae a venda en español e un link para a páxina da peli e outro para a páxina do libro e a portada do terceiro libro para que os recoñezades.
Parecía que a nova peli de Hulk ía ser unha trapallada co único obxetivo de que Marvel gañara máis cartos.
Pese a todo a película está moi ben, recoméndolla a todos os que lles gusten as pelis de acción.
Esta nova película de Hulk mellora a anterior nos efectos especiais e cunha historia moito máis interesante.
Destaco o real que quedou Hulk gracias aos boísimos efectos especiais que hoxe en día se están a usar nas novas pelis baseadas en comics de Marvel.
Speed Racer é a nova película dos irmáns Wachowski, ou sexa, os que fixeron Matrix.
Como non, ultimamente dicía que todas as novas películas se baseaban en algo, e para non faltar á festa Speed Racer basease nunha serie de animación co mesmo nome.
É unha película interesante, bastante novedosa en todos os sentidos, nos efectos especiais, no uso de cores ultrachamativas... en todo. É unha película entretida durante as dúas horas e cuarto que dura. En algúns momentos ten ata aire de comedia.
Tamén quería comentar desta película que nos anuncios anúnciase ademáis o videoxogo. Parece que empeza a ser verdade que os videoxogos se están a facer máis rentables que as superproducións do cine.
Parece coma se últimamente no cine xa non oubera novas ideas, todo se saca de libros comics ou se recuperan antigas sagas de películas xa olvidadas co tempo.
Iron Man acaba de se estrenar no cine, como non, sacaron a idea dun cómic co mesmo nome. Iron Man é unha película entretida, con moita acción e efectos especiais. Impresionoume o logrado que está o traxe respecto ao dos comics.
Tony Stark é o personaxe mais desagradable, antipatico e descarado que te poidas imaxinar, ademáis é fabricante de armas (o que xa deixa claro que é unha película americana) foi capturado por uns terroristas en Afganistán mentres presentaba un novo modelo de misil que inventara, os terroristas obrígano a fabricarlles un deses misís a eles pero Tony Stark fabrica un traxe de metal co que pode escapar, a partir de entón deixa de fabricar armas e dedícase a perfeccionar o traxe, pero a algúns non lles gusta a nova versión de Tony Stark porque perden beneficios e farán o posible por acabar con el.
Se vos gustan este tipo de películas esta é imprescindible.
Añado que tedes que esperar uns oito minutos de créditos ao rematar a película para poder ver o epílogo que aclarará as dudas de se hai segunda parte ou non...
Crysis é un videoxogo de ultima xeración en primeira persoa basado nun tema xa bastante antigo, os aliens que nos invaden.
Este tipo de xogos teñen uns requerimentos de sistema moi altos, moitas veces mercámolos e despois non nos funcionan.
Unha maneira de probar se funcionan é descargando a demo oficial, que no caso de Crysis é moi boa e extensa, con mínimas restriccións, case coma ter o xogo completo e ademáis pola cara. Podedes probala aquí.CRYSIS free demo download.
Algúns libros acompañábano
sempre; outros ficaban na casa
porque non se axeitaban á
finalidade da viaxe ou porque
tiñan que deixar sitio para unha
nova historia aínda descoñecida.