Parecía que a nova peli de Hulk ía ser unha trapallada co único obxetivo de que Marvel gañara máis cartos.
Pese a todo a película está moi ben, recoméndolla a todos os que lles gusten as pelis de acción.
Esta nova película de Hulk mellora a anterior nos efectos especiais e cunha historia moito máis interesante.
Destaco o real que quedou Hulk gracias aos boísimos efectos especiais que hoxe en día se están a usar nas novas pelis baseadas en comics de Marvel.
Speed Racer é a nova película dos irmáns Wachowski, ou sexa, os que fixeron Matrix.
Como non, ultimamente dicía que todas as novas películas se baseaban en algo, e para non faltar á festa Speed Racer basease nunha serie de animación co mesmo nome.
É unha película interesante, bastante novedosa en todos os sentidos, nos efectos especiais, no uso de cores ultrachamativas... en todo. É unha película entretida durante as dúas horas e cuarto que dura. En algúns momentos ten ata aire de comedia.
Tamén quería comentar desta película que nos anuncios anúnciase ademáis o videoxogo. Parece que empeza a ser verdade que os videoxogos se están a facer máis rentables que as superproducións do cine.
Parece coma se últimamente no cine xa non oubera novas ideas, todo se saca de libros comics ou se recuperan antigas sagas de películas xa olvidadas co tempo.
Iron Man acaba de se estrenar no cine, como non, sacaron a idea dun cómic co mesmo nome. Iron Man é unha película entretida, con moita acción e efectos especiais. Impresionoume o logrado que está o traxe respecto ao dos comics.
Tony Stark é o personaxe mais desagradable, antipatico e descarado que te poidas imaxinar, ademáis é fabricante de armas (o que xa deixa claro que é unha película americana) foi capturado por uns terroristas en Afganistán mentres presentaba un novo modelo de misil que inventara, os terroristas obrígano a fabricarlles un deses misís a eles pero Tony Stark fabrica un traxe de metal co que pode escapar, a partir de entón deixa de fabricar armas e dedícase a perfeccionar o traxe, pero a algúns non lles gusta a nova versión de Tony Stark porque perden beneficios e farán o posible por acabar con el.
Se vos gustan este tipo de películas esta é imprescindible.
Añado que tedes que esperar uns oito minutos de créditos ao rematar a película para poder ver o epílogo que aclarará as dudas de se hai segunda parte ou non...
Crysis é un videoxogo de ultima xeración en primeira persoa basado nun tema xa bastante antigo, os aliens que nos invaden.
Este tipo de xogos teñen uns requerimentos de sistema moi altos, moitas veces mercámolos e despois non nos funcionan.
Unha maneira de probar se funcionan é descargando a demo oficial, que no caso de Crysis é moi boa e extensa, con mínimas restriccións, case coma ter o xogo completo e ademáis pola cara. Podedes probala aquí.CRYSIS free demo download.
Agora moito se fala do World of Warcraft como un xogo único, super orixinal e que non hai ningún outro xogo semellante no mundo. Hai outros igual de bos, igual de divertidos, e... GRATIS:
-Sherwood Dungeon -É un xogo gratuito que ten coma vantaxe que non compre rexistrarte nin descargalo, directamente entras na páxina, póslle nome ao personaxe e... A XOGAR!!!
- Shaiya - Tal vez o mellor destes xogos online, tes que entrar na páxina, rexistrarte, descargalo e xa se pode xogar, ten a desvantaxe de que ocupa moito espazo no disco duro, pero os seus gráficos son impresionantes e alucinantes.
-Metin 2 - Outro boísimo xogo, a diferencia dos outros, este está traducido ao español, ten bos gráficos, fai falta rexistrarte e descargalo, aínda que tarda moi pouco en se baixar.
-Last Chaos - Un xogo entretido con boísimos gráficos, hai que rexistrarse e descargalo, tarda sobre unha hora en se baixar...
Á hora de elixir...
-Se non queres descargar nada e non liarte con rexistros: -Sherwood Dungeon
-Se queres ter un xogo bo con tremendos gráficos sen que che importe rexistrarte nin descargalo: Shaiya
-Se queres un xogo en español e con bos gráficos: Metin 2
-Se queres un xogo cun amplísimo mundo e non che importa descargalo nin rexistrarte: -Last Chaos
Agora que se fala de facer novas películas a partir dos libros de Tolkien, como por exemplo O Hobbit, (se cadra xa deberian ter empezado por esta) pois buscando atopei unha páxina na que podedes traducir automaticamente o texto que vós queirades a varias linguaxes de runas.
Isto sería "Ler arreo" nas runas Feanorianas (as que saen no anel, para entendernos...)
Algúns libros acompañábano
sempre; outros ficaban na casa
porque non se axeitaban á
finalidade da viaxe ou porque
tiñan que deixar sitio para unha
nova historia aínda descoñecida.