Hoxe comeza o congreso de ENCIGA (ensinantes de ciencias de Galiza) en Sanxenxo, tedes o enlace por se queredes ver o programa. O venres as 16:30 hai unha mesa redonda sobre as matemáticas do futuro que penso pode ser moi interesante, tanto o moderador, Felipe Gago, coma os poñentes poden aportarnos unha visión moi interesante do tema xa que a súas traxectorias profesionais así o avalan.