bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS AROMAS DO VIÑO

Acompaño esta nota de prensa de onte que ten interese porque fala do viño como algo ao que se lle atribuen cualidades para a saúde. Por ser "El Pais" non se atreverán a denuncialo, pero que quede claro que en pleno seculo 21 a social democracia neoliberal tenlle prohibido aos medios de comunicación falarlle nese tono aos seus lectores.Poda que tamén sexa interesante haber descuberto o xenoma do aroma, espero que non para alteralo a capricho. E que será da importancia nos aromas das levaduras propias ou das ceras que cubren o vago e que se impregnan de sustancias das plantas que rodean a vide e que aportan eses aromas florais e froitais.
Confiemos en que non lle poñan copirraight aos xenomas das variedades e que non nos fodan a natureza, xa que a pesar de todo ela nos proporciona as uvas e nos sirve todos os elementos necesários para facer estes explendidos e apetecibles viños que consumimos.
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 29-08-2007 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Feira ecolóxica en LLanera
Aprobeitar este espazo para dar os meus parabens ao Concello de LLanera en Asturies pola feira ecolóxica tan ben montada que fan alí, foi do lúns ao mércoles pasados. Quedei impresionado de como nos miman aos productores e productoras: Hotel pago, comida e almorzo gratuitos, participación gratuita e unha atención e organización moi esmerada.
Amais o nivel de vendas de todos/as moi bo.
Esta xente quere que a súa feira medre e merecen que así sexa.
Xa nos gustaría que na Galiza algún concello adicara a metade do esforzo económico e organizativo,que LLanera, a facer unha verdadeira feira de agricultura ecolóxica certificada.
Esto independentemente da cor do mandatario/a, xa que para a nosa sorpresa LLanera é un concello do PP.
Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 20-08-2007 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
Ano complicado na viticultura
Ano raro este, non vemos o verán por ningures, catro días de quente e outros tantos de frio. Os fungos traballaron forte, sobre todo o mildeu.
Aínda con estas a viticultura ecolóxica segue a demostrar que é unha ferramenta válida, aínda en anos críticos coma este. Levo dúas mans de cobre no Godello e Tempranillo e dúas na Mencía; Tamén levo dúas man de xofre en todas e unha man de aceite de Salvia con Cola de Cabalo. O certo é que o Godello e o Tempranillo teñen moi poucas uvas, devido a que os ataques primarios de Mildeu foron na floración e non apliquei cobre ate que pasou polo que entrou no acio e se cargou unha grande cantidade. A mencía aínda que ten un callado desigual manten unha boa carga.
Non teñen mais uvas, nen mellores, os que trataron con sistémicos ou penetrantes e menos os que deron moitas mans. Os que si que teñen mais son os que manteñen viñas vellas de pe franco (moito mais resistentes as enfermidades).
Esto demostra que a viticultura ecolóxica non é un problema nin nos peores anos. De todos xeitos inda quedan moitos días de dormir fora e co retraso que levamos na maduración pode pasar calqueira cousa. Xa verem
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 20-08-2007 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal