bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DA AUGARDENTE EN ARBO
Onte estiven en Sela (Arbo) falando de producción ecolóxica e de augardente.
Estase a celebrar a 35 edición da festa da augardente, polo que fun convidado por Xavier Simón quen nunha das comunicacións previas dicíame:...con estes cambios políticos, tentamos apoiar iniciativas que no marco festivo popular introduzan elementos de desenvolvemento...
Mentras me dirixia o punto de encontro vin a desfeita do lume moi perto das vivendas ao mesmo que o taxista explicaba o terribles que foran eses días anteriores e como as xentes se defenderon do inferno coas sulfatadoras.
Hoxe mais que nunca temos que pensar no futuro do noso País, e Galiza non ten futuro se non somos capaces de recuperar e por en valor o noso rural.
Moi ben pola xente de Arbo.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-08-2006 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Está bo o viño
-Esto do viño ecolóxico que é?
Despois de explicalo nuns 5 minutos, mentras sirvo unha copa.O paisano achega a copa a boca, dalle un grolo, pon boa cara e dí:
-Ostia está bo o viño
e repite
-Está bo o viño

Esto é algo que me está a acontecer en todas as feiras as que acudo e dou a degustar o viño, e para este fenomeno so atopo a resposta:
-pero que esperabas, que estivese malo?

Non sei de quen será a culpa pero existe un amplo porcentaxe de xente que relaciona viño ecolóxico con viño malo, viño de paisano mal feito. É un problema, polo que habrá que seguir indo a feiras e seguir explicando que o viño de produción ecolóxica non só non ten por que ser malo senón que ademais é mais sano que o convencional
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2006 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
FEIRA DO VIÑO DE VALDEORRAS
O pasado sábado e domingo foi a feira do viño de Valdeorras, sin repetir o que xa escribin outras veces sobre este evento,pereceme importante facer fincapé na falla dunha feira profesional.
Esta bén facer feiras para o público en xeral, pero a maiores debería de haber outra profesional.
Polo demais, acudiron moitas das xente que veñen a pasar as vacacións a nosa comarca, e fallaron moitos asiduos que se atopan disfrutando de vacacións ou ponte, tamén fallou a hostelería local como era de esperar.
Notouse mais prudencia a hora de beber que outras veces, menos borrachos.
Fartaste a explicar en que consiste o viño ecolóxico pero vas notando o medre da receptividade.
Repito o que dixen moitas veces, as feiras son unha das mellores ferramentas que temos as adegas pequenas para contactar co público e para promocionarnos.
Suliñar tamén a maior calidade da comida do sábado en relación co ano pasado, en todos os aspectos.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2006 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Feira en Burela
O día 4,5 e 6 de agosto, estiven de feira en Burela, coincidindo coa festa do Bonito, Expomar organizou unha feira de artesania e producción ecolóxica.
Compartin stand con Valeriano Moldes que representando Agrogalicia S.A. promocionaba e vendia algas baixo a marca comercial "Cannori",
Tamén compartimos con Ifas da Terra e os seus cogumelos.
Cobraban entrada (2€), no eramos moitos expositores, pero había moi bo ambiente entre nós, o público respondeu ben, e vendimos e promocionamos, polo que de repetirse intentaremos estar.
Cada día me gustan mais as feiras, polo que ten do contacto directo co consumidor.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-08-2006 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xunta co Subdirector Xeral de Agricultura Sostible
O día 27 de xullo, en Lugo, fumos convocados/as as empresas elaboradoras e tranformadoras de productos ecolóxicos pola Consellería.
Quero das as miñas felicitacións por esta iniciativa, e porque por primeira vez na historia deste País somos convocados os transformadores de ecolóxico para ser escoitados.
Parece ser que o que pretende a Consellería de Medio Rural é elaborar un Plano Estratéxico de Agricultura Ecolóxica.
Todos e todas falamos moito, e creo que en positivo,polo que non estarìa de mais que se tomase nota e que se nos voltase a convocar para debatir sobre unha proposta concreta. Espero que así será.
Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 11-08-2006 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal