bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IXP "Viñedos de España"
A última información é que este asunto está parado xa que a Comisión Europea de momento non o permitiu, a intención era publicar a constitución desta IXP neste mes de xullo. De todos xeitos é importante estar pendentes xa que é o camiño por onde queren levar o sector do viño.
Reproduzo integramente unha nota de prensa do SLG que explica claramente o asunto, se alguén ten mais interese e quere que lle envíe a proposta de Orde a que fai referencia o escrito, mandeme un correo electrónico e mandollo.

UN ATENTADO AO NOSO MODELO DE VITIVINICULTURA DE CALIDADE

O Goberno do Estado, pretende aprobar este verán unha Orde pola que se recoñece e regula a indicación xeográfica “Viñedos de España” para os viños con dereito a mención tradicional “viños da terra” producidos nunha zona geográfica que se delimita. Incluen no borrador do proxecto todos os terminos municipais onde consten viñedos inscritos nos rexistros vitícolas das Comunidades Autónomas de: Andalucía, Aragón, Illes Balears, Canarias, Castilla-La Mancha, Catalunya, Extremadura, Madrid, Región de Murcia, Foral de Navarra (exceptuando 8 concellos) e a Comunidad Valenciana.

Recordamos que a constitución desta Indicación Xeográfica comezou no 2006, dandolle marcha atrás no 2007 a Comisión Europea, e logo a Audiencia nacional fallou desfavorablemente en xullo do 2008 ao recurso presentado polo Goberno da Rioxa.

Valoramos positivo que dentro dos territorios que pretende amparar non se inclua Galiza, pero no SLG estamos totalmente en contra da creación desta I.X.P., así como de denominacións mais amplas que o que poden ser zonas/comarcas de producción tradicional recoñecidas, con un microclima, con características do solo, variedades e prácticas culturais comúns que definan parametros de calidade a protexer.

Esta medida supón un atentado ao noso modelo de viticultura de calidade baseado na terra, nos microclimas, nas variedades autóctonas e nos rasgos culturais propios. Que sumado a medidas como a liberalización das plantacións e ás axudas á promoción en paises terceiros (extracomunitarios), no marco da OCM vitícola, suporán a desaparición de boa parte da vitivinicultura de calidade.

É unha cesión, parte da social democracia española, ás grandes multinacionais do viño, que son quenes levan tempo presionando no sentido de darlle aos viños de mesa aspecto de viños de calidade e viños controlados, aínda que só sexa como imaxe para vestir viños de baixa calidade.

No SLG sabemos que non hai xeito de controlar tanto territorio e de establecer parámetros de calidade de lugares tan diferenciados e tan distantes. Polo que o único interese das grandes empresas do sector é facerse co mercado do viño e rematar coas pequenas e medianas empresas que fan viño de calidade baixo a garantía das Denominacións de Orixe.

Tratase de crear confusión aos consumidores e de acabar coas denominacións de orixe e coas verdadeiras Indicacións xeográficas protexidas. Un exemplo claro do que suporá esta medida a nivel de confusión temolo en Catalunya onde hai dez d.o. de viño e unha de cava, superpostas por outra “Denominación de Orixe Catalunya” (que abrangue todo o territorio) e agora estaría todo elo superposto pola IXP “Viñedos de España”. De xeito que calquera viñedo e adega desta comunidade poderá contar con tres mencións de calidade.

Ademais esta medida querese aprobar nun momento onde existen axudas no marco da OCM vitícola para a promoción en países terceiros (non comunitarios) polo que en territorios lonxanos as grandes compañias do viño, cos cartos de todos, poderán facerse mais facilmente co mercado desplazando as denominacións de orixe ao competir con prezos baixos e cunha marca maís facil de identificar, dende o punto de vista xeográfico, nestes mercados sen cultura vitivinícola.

A consecuencia desta medida vai ser a baixada do prezo do viño, pero non a costa da gran distribución como reclamamos no SLG, senón a costa da baixada do prezo da uva, nuns anos con baixadas fortes no consumo, onde o Estado Español é excedentario.

O SLG solicita de todas as institucións, dos consello reguladores das denominacións de orixen e de todo o sector a súa oposición a esta medida tan lesiva para o sector vitivinícola galego.

Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 26-07-2009 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
A AGRICULTURA ECOLÓXICA CONTRA A FAME NO MUNDO
Esto está claro e algúns vai moito tempo que o dixemos e Cuba foi capaz de demostrar que a pesar do embargo e grascias a unha agricultura ecolóxica e non dependente da multinacional do fitofarmaco é capaz de alimentar a súa poboación. E o resto porqué non. Claro para iso é preciso rematar coas manipulacións xenéticas e as patentes sobre as sementes e coas multinacionais do fitofarmaco.
Elena Espinosa ante unhas preguntas destas características parece moi medioambientalista e logo permite que se enchan os campos de transxénicos e potencia a agricultura sen terra fronte a extensiva,... Ademais que fai o estado e as copmunidades autónomas para impulsar a agricultura ecolóxica non dependente, nada.

de todos xeitos o artigo que reproduzo a continuación ten interese.


Redacción-. La revista Agenda Vida, editada por la Fundación Rodríguez de la Fuente, plantea en el número de verano un debate entre expertos en política y medioambiente en torno a la viabilidad de solucionar el problema del hambre en el mundo a través de la agricultura ecológica. La publicación plantea el modelo ecológico como alternativa a otros modelos de producción para luchar contra este problema mundial.

Tal y como recoge la revista, algunos expertos, como la Ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Elena Espinosa, aseguran que no es sólo la agricultura la que tiene que hacerse ecológica, si no también la humanidad. “Ésta debe buscar en la ecología y en la ciencia de las interrelaciones entre poblaciones, las soluciones para una economía desbocada”, explica.

En declaraciones exclusivas a Ecoalimenta.com, Víctor Gonzálvez, director técnico de la Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), se ha mostrado convencido de la capacidad de los cultivos ecológicos a la hora de dar respuesta a las necesidades de alimentación de toda la humanidad: “No es una creencia, sino un hecho confirmado por varios estudios de la Organización de las Naciones Unidas para la agricultura y la alimentación (FAO). Estos informes demuestran que la agricultura ecológica puede alimentar a toda la población”, explica Gonzálvez.

En cuanto a las voces que critican un menor volumen productivo de los modelos orgánicos, Gonzálvez se muestra tajante: “El problema no es la cantidad de alimentos, sino la distribución. En nuestro territorio, por ejemplo, hay muchos campos que no se utilizan, porque sale más barato producirlo fuera”. Además, González apuesta por una mejor distribución de los alimentos.

El 95% de los agricultores vive en países en desarrollo y tres de cada cuatro personas pobres viven en el campo, según explica José A. Hernández, del Departamento de Campañas y Estudios de Intermón Oxfam. Como solución, Juana Labrador, doctora en biología, asegura que en la actualidad “sólo es sostenible un modelo de desarrollo agrario orientado a mejorar los medios de vida de los pequeños productores”, según recoge Agenda Vida.

Por su parte, la Decana del Colegio Oficial de Ingenieros Agrónonomos de Centro y Canarias, María Cruz Díaz Álvarez, resalta como aspecto positivo de la agricultura ecológica que “ha planteado la utilización y la recuperación de buenas prácticas agrícolas con una valoración acertada de las mismas” si bien aclara que “en algunas casos estas buenas prácticas son locales y no generalizables para todos los territorios”. El catedrático de Economía Aplicada de la Universitat Ramon Llull en ESADE, Luis de Sebastián, por otro lado, recuerda que “el hambre no es un problema de producción de alimentos, sino de distribución” y añade que “no basta que una producción sea natural y ecológica. También tiene que ser accesible a los pobres”.
Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 01-07-2009 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal