bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cousas do Consello Regulador D.O. Valdeorras
Esta mañán estando eu nunha viña, serían as 10, e recibo unha chamada ao movil, era unha empregada do Consello Regulador de D.O. Valdeorras
-supostamente a secretaria- que me preguntaba si tiña intención de acudir con Stand a Feira do Viño, contestei que non tivera ningunha comunicación e que non sabía nada de como estaba organizado, canto costaba etc.
Asombrouse que non me chegara a carta e dixo que o tiña que decidir no momento.
Cando cheguei ao Barco vin a carta, había sido selada o venres na oficina de correos da Rua.
Chamei a outras adegas e pasoulle o mesmo.
SIGUEN FACENDO TODO IGUAL A ULTIMA HORA SIN DAR PARTICIPACIÓN NIN INFORMACIÓN E DANDO POR SUPOSTO QUE AS ADEGAS E OS PRODUCTORES ESTAMOS AO SERVICIO DO C.R. E NON AO REVÉS COMO TERÍA QUE SER.
É triste pero non visualizo cambio.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-07-2006 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Nova revista da D. O. Valdeorras, en español
Si alguén ten curiosidade mandolla por correo, o certo é que tanto esteticamente como en contidos é bastante pior que as que suelen facer nos colexios de primaria, ou que os programas de festa de calqueira barrio ou aldea. Coa diferencia destas outras que está está toda ela en perfecto idioma de Cervantes (ESPAÑOL).
Resulta chamativo como por unha parte a Consellería de Medio Rural (BNG) pon pose de defensa do galego e ofrece un 3% mais nas axudas a comercialización fora de Galiza as empresas que usemos o galego en todas as nosas comunicacións, e por outra permite a un órgano totalmente dependente da Consellería (é no único Consello Regulador onde xa puxeron a un Presidente afín)
e subvenciona unha publicación que ademais de infumable está en Castelán.

A verdade é que algúns somos un pouco criticóns.
Comentarios (1) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 18-07-2006 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Black-rot en Valdeorras
Esa temporada de atrás os medios de comunicación falaron do Black-rot (podremia negra, gangrena negra, roña negra...)as xentes en Valdeorras non coñecían a enfermidade, coñecérona polos medios de comunicación e a día de hoxe os viticultores non sabemos canto extendida está, si se tomaron medidas para atallala ou polo menos controlala. A administración por medio dos servicios de extensión agraria deberían informar ao sector, propoñer e tomar medidas, e facelo saber ao sector para que podan estar tranquilos.
Lonxe de eso creamos alarma, nin informamos, nin tranquilizamos e dudo de que se tomaran medidas para que o brote non volte a sair en anos vindeiros.
Segundo dí Luis Hidalgo no seu "tratado de viticultura general", Os viñedos nos que se practica o non laboreo ou se usan herbicidas na linea de cepas, favorecen a infección primaria.
Comentarios (2) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 18-07-2006 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Caiu moito granizo
Agora si que temos que dar unha man de sulfato de cobre (caldo bordelés)xunto con xofre mollable.
Esa temporada de atrás falaba de algo de pedra, agora caiu moita. Como din os maiores "non recordo outra como esta". O certo é que fixo moito dano na viña pero tamén nos castaños, nas hortas e nas froiteiras; un desastre.
Toca quitar os acios moi danados e na medida do posible as uvas afectadas naqueles con poucas feridas.
Temos que facernos cunha mesa de seleción para esta vendima para impedir a entrada nos depósitos de vagos secos.
Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 05-07-2006 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Na feira de Nadela
Suelese dicir que cada quen fala da feira dependendo de como lle vaia nela, para mín a Feira de San Pedro en Nadela foi o ano pasado ao primeiro sitio que acudín a presentar en sociedade o meu primeiro viño, saiume moi ben (gustou e vendín) polo que este ano tamén acudín.
Esta feira é fundamentalmente de productos ecolóxicos, está moi ben organizada, nunha carballeira preciosa e hai un ambente moi bó. Este ano estivo mellor de público que o ano pasado.
Debería haber mais feiras como esta, adicadas aos productos ecolóxicos, xa que sirven:
-para dar a coñecer os productos e productores de ecolóxico.
-mentalizar ao consumidor para que consuma sano e de xeito responsable.
-falicitar a venta directa, sen intermediarios.
-para acercar as cidades aos labregos e labregas comprometidos co medio natural e coa saude.

As miñas felicitacións aos organizadores desta feira.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-07-2006 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal