bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Viño ecolóxico contém mais resveratrol
Un estudio feito pola Universidade de Borgoña e o Instituto de Agricultura Orgánica de Suiza demostra que o viño de producción ecolóxica -libre de pesticidas- conten o dobre de resveratrol que o que non procede de uvas e prácticas ecoloxicas.

Segundo este estudo, o viño branco e tinto ecolóxico contén 12 miligramos por litro de resveratrol fronte aos 6 dun viño, procedente de uva tratada con fitosanitarios e adubos químicos "de xeito abusivo".

Que é o resveratrol?

Entre todos os polifenois do viño, o resveratrol (trans-3,5,4-trihidroxiestilbeno) é do que mais se ten falado nos últimos anos. Foi descuberto no viño en 1992 polos doutores: E. Siemann e LeRoy Creasy, da universidade de Cornell (Nova York) e dende aquela foi obxecto de moitos e diversos estudios, chegando incluso a atribuírlle algúns o mérito das chamada paradoja francesa ou efecto cardioprotector do viño. O resveratrol é sintetizado pola videira como resposta a invasión microbiana procedente do fungo botrytis cinerea. Atopase en moitas partes da planta, entre elas as raíces e as pevídas, pero a súa concentración é moito maior na pel da uva onde chega aos 50 microgramos por gramo. Dado que as infeccións por fungos son mais comúns nos climas frios e húmidos, as uvas que medran en lugares fríos e nubrados solen ter unha maior concentración de resveratrol, ...
... Ademais do seu efectivo papel como antioxidante e da súa acción inhibidora do apelmazamento das plaquetas, demostrouse que o resveratrol posue tamén unha poderosa actividade anticanceríxena, inhibindo a iniciación e o desenrolo dos tumores e tendo ao mesmo marcadas propiedades estroxénicas, antiinflamatorias, antivirales e neuroprotectoras
Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 06-06-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal