bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encantado de recivir visitas
En agricultura ecolóxica é bo establecer contacto entre o productor-elavorador e o consumidor/a. Coñecer a explotación, o entorno,a persoa que traballa para que ese producto saia é importante; como é importante situar o producto no seu medio e no seu espazo natural.
A nosa adega está aberta cando precisedes, previo aviso chamando ao telefono: 676741094.
A adega non ten vivenda polo que non dispoñemos de aloxamento, de todos xeitos a nosa proximidade co Barco e co Bierzo fai que teñamos establecementos perto de nós, esperemos que en pouco tempo se fagan establecementos de turismo no propio Parque Natural.
Hotel con encanto na Barco
aloxamento, Oencia (Bierzo)
Parque natural serra da enciña da lastra
Comentarios (1) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 25-06-2006 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
ARANDO









Estes días estou arando, teño temperaturas que roldan os 37º ao sol e pola noite 15º, non hai orballo, a terra vai boa, un pouco seca.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 24-06-2006 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Augas na flor e granizo
Falabamos outro día que aquelas augas que viñeron, de tormenta, podían ser un problema para as plantas que se atopaban en plena floración, nunha das miñas viñas a mencía atopábase en floración polo que se aprecia que moitos dos acios quedáronse, non hai mal que por ben non veña, tamén falabamos dun exceso de producción este ano.

A maiores ao final da semana pasada, caiu pedra en Biobra, por onde teño o tinto mais que por onde teño o Godello, sen ser moi preocupante hai dano nalgunhas follas e nalguns vagos, polo que apliquei un tratamento de cobre (caldo Bordelés) con xofre mollable.
Os funxicidas axudan a cicatrizar as feridas das uvas, deste xeito preveemos de podredumbres secundarias e de podedumbre gris.
Cando quixen tratar a viña de Lamas a mais grande (1Ha.) dinme conta que tiñamos 32 graos polo que considero que a esta temperatura non hai problema, de todos xeitos hai que seguir vixiante.

Na viña das Forcadas vin duas plantas con Acariosis polo que mañán vou usar xofre en po só nestas plantas, ademais confiemos en que o ácaro fitoseido depredador Typhlodromus pyri, de existir un número importante na viña manteña as poboacións de acariosis controladas
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 22-06-2006 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Contestando a Manuel, Necesidade de auga das videiras
Comentario de Manuel:

Eu penso que en xeral esta auga e moi beneficiosa para o campo en xeral e para a viticultura en particular, sobre todo para as viñas novas que non teñen o sistema radicular tan arraigado, claro está sempre que non caiga pedra. De todas formas un exceso de auga sobre todo en terreos que reteñan moito a humidade, no beneficia a calidade do froito pois este tenderá a aumentar de tamaño coa considerable perda de concentración de sustancias ou ser maior o volume da uva.

Falando con viticultores de aquí da Rúa coincidimos en que este ano levamos alomenos un adianto do ciclo vexetativo duns 15 días. Non sei ti que opinas. De todas formas estou de acordo contigo en que aventurar unha data de vendima e moi arriscado porque ainda non fai mais que dous ou tres anos un mes de agosto coas noites moi frescas atrasou a maduración e fixo que os viños tivesen unha acidez bastante pronunciada.


Meu comentario:

Completando o que ti dis en relación a necesidade de auga das videiras é importante ter en conta que a necesidade hídrica das plantas da vide non é igual en todos os momentos, aproximadamente a planta necesita:
ó 2% no período de repouso invernal
ó 10 % da brotación o cuallado
ó 43% do cuallado o envero
e ó 45% do envero a caída da folla

Despois da floración o consumo de auga crece fortemente e a falla de auga entre cuallado e envero ten consecuencias importantes no desenrolo do follaxe e da colleita. Moito fatiga pode chegar a atrasar a maduración. (Luis Hidalgo)

Segundo esta afirmación podemos dicir que a auga que caeu estes días é necesaria e fai que a maduración continúe adiantada como ben dis ti, e almacena reservas para o resto do verán.

Un exceso de humidade pasado o envero, aumenta o tamaño dos graos, pero fainos acuosos, pobres en sucre e mais ricos en ácidos, retrocedendo a súa maduración. (Luis Hidalgo)

Esto foi o que pasou vai tres anos e que ti comentas, polo que podemos dicir que a auga que mais compromete a vendima e o resultado final das uvas é a de finais de agosto e setembro

As choivas en setembro son decisivas para a acidez, e a seca de setembro mobiliza maior potasio.A maior pluviometría pode ser inferior a concentración de potasio nos viños. Non é de todo certo que a mais temperaturas menos PH e viceversa, o PH debese considerar mais como un concepto varietal con mais forza que o zonal. (M. Ruiz Hernández).

A verdade e que lle quedan moitos días de durmir fora, e ao non estar permitido o rego a nosa capacidade de influencia é limitado.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 19-06-2006 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
"Vinos de la Tierra de los Viñedos de España"
A grande industria, as multinacionais do sector, empeñadas en rematar co concepto D.O.,foron conseguindo paraugas mais amplos -Vinos de la Tierra de Catalunya, vinos de la tierra de Castilla-León...- que lle permitiran utilizar as variedades no etiquetado e desvincular as explotacións da terra, estaba claro que ese era só o primeiro paso, o seguinte era o que parece que nos vai meter agora o PSOE por lei:
"Vinos de la Tierra de los Viñedos de España"

O seguinte paso e fundir as pequenas e medianas adegas, facerse coas cooperativas e que todo o sector remate en mans de catro multinacionais.

Só podemos facer fronte a esta situación, asociandonos e concienciando a poboación que consuma de xeito responsable e que defenda os productos galegos eiquí e en todo o mundo.
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 19-06-2006 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Verde de Galiza en Silleda















Xunto con AVEGA e a Casa Grande de Xanceda temos un stand no Pabillón 1 da Feira de Silleda, é a primeira vez que acudo e estou bastante satisfeito polo ben que están organizados os "Contactos de Negocio" (moito mellor que en Grumets)

As veces infravaloramos o noso País, nos esforzamos por estar en feiras de Alemania, Barcelona ou Madrid;ainda que poucas roscas nos comamos, e non estamos na nosa casa sendo mais económico e con mais posibilidade de negocio.

Os comerciales belgas, ingleses, catalanes... que acuden a unha feira Galega están a buscar productos do noso país, mentras que nos outros lugares nos movemos entre o concepto de producto Español ou producto Europeo, que son oceanos mais grandes con menos posibilidades de encaixar.
Entre todos temos que facer da Semana Verde o gran escaparate do que temos no campo Galego, e sinceramente penso que non temos nada que envexar a ninguén,compensa estar na feira de Silleda a nivel persoal e económico.
Comentarios (8) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2006 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Contestando a Ana
Ao ultimo apuntamento “Fortes treboadas en Valdeorras” fixo Ana unhas preguntas que me parecen de interese
1-esta auga ven ben para o viño?
2-por que falas de embotellar?, estades no tempo?
3-na web do consello da ribeira sacra din que aínda lle faltan uns 94 días para a vendima

1-Creo que nas zonas onde xa se saíu da floración non fai dano esta auga (se non caeu pedra), levamos arrastrando dous anos moi secos e moi productivos, certamente con gran calidade no viño pero con grande sufrimento para as plantas. Este ano de seguir así hai demasiada producción, e aínda que lle quitemos a metade dos acios antes do envero, a planta necesita un axeitado réxime de chuvias para criar uvas de calidade.
É preciso un clima axeitado nas épocas críticas do cultivo da viña: período de floración-cuallado, xa que as chuvias, orballos ou brétemas neste período traerán importantes perdas por corremento do froito sobre todo nas variedades negras.
Eu referíame a que en xeral para o campo estas chuvias veñen ben.
Tamén a Toña de Roblido recordounos esta tarde un refran que dí "Choiva en San Xoán non da viño e quita pan"

2-Debese embotellar en Lúa minguante, preferentemente asociada a Lúa descendente, para ter un tinto con boa estructura e cunha boa cor escoller días en que a Lúa se atope en oposición a Mercurio. Para realzar os aromas escoller os días en que a Lúa se atopa en oposición a Venus. Eu acostumo a facer o primeiro embotellado en maio ou xuño, agora o viño novo xa está moito mais suave, está feito.

3-En relación coa fecha da vendima hai autores que falan de 30 días despois do envero, outros falan de 80 días despois da fecundación. Eu penso que dependendo do viño que queiramos conseguir teremos que considerar o tipo de madurez (madurez industrial, madurez aromática ou madurez fenólica). Para obter viños xoves e afroitados e preciso definir a maduración da uva atendendo aos parámetros de acidez e aromas, deixando nun segundo plano a madurez industrial.
Falar nestes momentos de cal será a fecha da vendima é de adiviños, os/as viticultores coñecemos a nosa terra e as nosas plantas pero non controlamos as variantes térmicas nin as chuvias. Debemos saber esperar sabendo en todo momento o que pretendemos e que riscos corremos coa determinación da fecha de vendima.

O grado de madurez das sementes e da pel son os factores mais determinantes da calidade da uva destinada a vinificación en tinto. A madurez da polpa pode ser perfectamente válida para a determinación da fecha de vendima para elaboración de viños brancos. (Fernando Zamora)

A mais dunha boa sanidade da uva é moi importante para obter viños de calidade fixar ben a data da vendima. O estado de maduración da uva non só condiciona a calidade, tamén o tipo de viño polo que o temos que considerar como un dos principais factores de vinificación.(Manuel Rodríguez Jimenez)


Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 14-06-2006 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Fortes treboadas en Valdeorras
Hoxe luns pola mañá cedo caiu un bo ballón (pouco tempo pero moita intensidade)Pola tarde seguiu con tronadas acompañadas de auga intensa pero intermitente.
O godello e o tempranillo xa me saiu da flor, a mencía inda está.
Boa lua para embotellar pero hai que esperar a que pase a tormenta.
Na viña debese estar vixiante por se asoma o mildeu, e facer a caba xa que o exceso de calor destes días de atrás aconsellaba esperar algo de humidade.
Non sei se nalgun sitio caiu pedra, polo demais a chuvia é moi necesaria.
Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 12-06-2006 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Feira do viño de Valdeorras o 12 e 13 de agosto
Con esta xenial decisión a feira do viño de Valdeorras consolidase como o momento en que as adegas dan de beber aos veciños e veciñas da comarca.
O segundo fin de semana de agosto Galiza concentra a metade das festas e romerías do ano, case todo o mundo está de vacacións menos a Hostelería que está a facer o agosto.A feira do viño de Valdeorras é unha festa mais, e non a mais atractiva.
A importancia midena por número de visitantes e non polo volume de negocio (nulo),
nin polo efecto mediático de publicidade (nulo).

Goberne quen goberne na Xunta, sexa quen sexa o presidente do Consello Regulador, seguimos "a cabeza" do sector, queda por definir onde teñen algúns a cabeza.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2006 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal