bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Verdes e Labregos: sobre o prezo da auga
Permitideme que pegue este artigo escrito por Manoel Santos e publicado no Blog de Altermundo, que sitúa parte dun debate que debe ser superado, a outra parte é mais importante é unha certa mioía do movemento ecoloxista para co fenómeno privatizador.


Verdes e labregos: sobre o prezo da auga
Escrito por Manoel Santos
Luns, 11 Abril 2011 08:24
Share

Nas últimas semanas, co agromar da Plataforma Galega contra a Lei de Augas, xurdiu un desencontro -que non enfrontamento- entre os ecoloxistas e a antedita Plataforma, que ten como integrante ao Sindicato Labrego Galego.

O episodio xira máis que nada ao redor do prezo da auga, isto é, o canon -ou dobre canon- que a Xunta quere establecer xa non só polo fornecemento dos servizos de abastecemento, saneamento e depuración, senón polo uso da auga en si, xa proceda esta de traídas veciñais, de pozos particulares ou do uso da chuvia e do mar. Mentres os ecoloxistas din que "o prezo da auga é unha ferramenta necesaria para evitar o sobreconsumo", na Plataforma apostan pola "gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentar". Ambos os dous teñen parte de razón.

Dende o pragmatismo é defendíbel, pois falamos dun grave problema ambiental, o posicionamento ecoloxista de que cómpre o "establecemento de iniciativas fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que incentiven o aforro e penalicen o desbaldimento". É máis, o desbaldimento hai que prohibilo máis que penalizalo, pois as tarificacións progresivas, máis xustas socialmente, poden rematar legalizando as desfeitas ambientais. Simplemente as comete quen ten cartos para pagalas. Asemade, para lograr aforros significativos o prezo da auga tería que ser probabelmente bastante elevado.

Porén, é importante salientar que poñer un prezo para racionalizar os recursos -e máis se son vitais- pode responder a unha inconsciente lóxica capitalista. E capitalismo e ecoloxismo non son compatíbeis. O capitalismo tende á mercantilización de calquera dimensión social ou ambiental para procurar novas liñas de negocio, e tamén á socialización dos gastos xerados polas súas propias prácticas depredadoras. Quen é responsábel da crise mundial da auga?

Asemade, habería que abrir un debate tanto sobre a conveniencia de prohibir a xestión privada da auga, para que ninguén se lucre coa base da vida; como sobre a aseveración de que os servizos -os básicos- hai que pagalos a maiores do xa destinado aos impostos. Se a auga é unha necesidade primaria, por que non habiamos de destinar máis gasto social para a súa consecución -non ilimitada- e coidado, como xa facemos coa educación ou a sanidade?

Se moito queda por discutir sobre o prezo, máis aínda ao falarmos do mundo labrego, a anos luz do urbano. Dentro deste sistema de mercado, o manifesto ecoloxista do 22 de marzo -Día Mundial da Auga-, sería intachábel se non esquecese que non todos os usos agrícolas son iguais. Non podemos poñer no mesmo andel a agroindustria ou a gandería intensiva, que son negocios de corporacións, e as prácticas inseridas na soberanía alimentar, defendidas por un colectivo -o labrego, non o agricultor- sometido a unha presión insoportábel polos mercados, que están a lograr o seu exterminio. Verdes e labregos teñen que ir da man, polo que cómpre atoparse para definir unha verdadeira ecoloxía social.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2011 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Regulación do viño ecolóxico, a debate


A Comisión Europea (CE) quer voltar a impulsar unha regulación especial para a producción de viño ecolóxico, xa o intentou fai un ano pero sen éxito, ante a falla de apoio dos países, según fontes comunitarias.



04/04/2011

EFE.- A CE reinicia os debates cos países da UE para tratar de sacar adiante unha normativa específica sobre o viño obtido por métodos ecológicos (sen uso ou con limitacions de sustancias químicas)

Na actualidade, as bodegas que o elaboran só deben cumprir un requisito: indicar nas botellas "viño producido a partir de uvas ecolóxicas).

Ademáis, eses viños están excluidos das regras sobre esa clase de agricultura.

Un Comité recente sobre Agricultura Ecolóxica -con representantes dos 27- analizou este asunto e está previsto que as discusions continúen o vindeiro mes, segundo fontes comunitarias.

Pero ate o momento, a CE non presentou ningunha proposta concreta ao respecto.

A intención da Comisión é diferenciar os viños ecolóxicos ainda mais dos caldos convencionais.

En xuño de 2010, Bruselas retirou un proxecto para regular ese tipo de caldos, debido á falla de apoio da maioría dos países e despois de meses de discusions.

Entre as cuestions mais difíciles de consensuar estaba a esixencia duns límites de "sulfitos" inferiores aos que se permiten nos vinos convencionais; outro punto polémico é a utilización de cobre.

A CE tamén plantexou restrinxir os aditivos e as prácticas enolóxicas aos bodegueiros "ecológicos".
Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 16-04-2011 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a liberalización total da produción.
No SLG estamos contra a libralización total do sector do viño, mantendo os dereitos de plantación e profundizando mais no modelo de calidade baseado na identidade coa terra, coas castes autóctonas e coa cultura de cada riveira. para esto resulta imprescindivel poñer no centro das políticas do sector do viño ás persoas, as viticultoras e viticultores; contrapoñendo este modelo de viticultura social de calidade a o modelo industrial que defende o neoliberalismo consistente e producir en zonas de custos baratos para que o consumamos na Europa.
Non é o primeiro xesto que apunta neste sentido, vai meses Sarcosí, e logo a Angela Merquel.

Esperemos que ao final sexamos quen entre todos e todas de conseguir que non se liberalice, xa que de non ser así o sector na Galiza teremos que pechar.

Adxunto esta nova do Agroinformación, e perdoade que non a pase ao galego por falla de tempo.

La CE estudiará las demandas para continuar los límites al cultivo de viñas

Ciolos, que visitará mañana España -Madrid, Burgos y La Rioja-, respondió así, en una entrevista a preguntas sobre la demanda del Gobierno riojano para prolongar ese sistema, que actualmente regula la plantación de vides.


31/03/2011 (Noticia leida 183 veces)

EFE.- El comisario europeo de Agricultura, Dacian Ciolos, declaró hoy a Efeagro que si hay argumentos nuevos, está dispuesto a analizar las peticiones para que continúen los "derechos de plantación" que actualmente restringen el cultivo de viñas y que se eliminarán en 2015.

Ciolos, que visitará mañana España -Madrid, Burgos y La Rioja-, respondió así, en una entrevista a Efeagro, a preguntas sobre la demanda del Gobierno riojano para prolongar ese sistema, que actualmente regula la plantación de vides.

Ciolos recordó que la desaparición de los derechos fue una decisión del Consejo de ministros de la UE (representantes de los Gobiernos), cuando reformó el sector del vino.

Remarcó que dicha normativa permite que España pueda mantener a escala nacional esta limitación hasta 2018, tres años más.

Para evitar la liberalización del cultivo de viñas después de 2018, Ciolos recalcó que tendría que reabrir el acuerdo del Consejo (de la reforma de 2007) y contar con el apoyo de los países, así como del Parlamento Europeo.

No obstante, el comisario recalcó que el año que viene presentará un informe sobre la regulación del mercado del vino.

Afirmó que si entonces "hay elementos nuevos" distintos a los que motivaron la reforma del sector y argumentos que lo justifiquen, estará dispuesto a "discutir" sobre el futuro de los derechos de plantación: "entonces será la ocasión de hablar", según Ciolos.
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 01-04-2011 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal