bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifestación contra a Lei de Augas de Galiza
A Plataforma Galega Contra a Lei de Augas, ten convocada para o vindeiro domingo día 20 de marzo unha manifestación que sairá ás 12 da mañán da alameda de Santiago de Compostela. Tratase de movilizarnos pola derrogación da lei de augas de Galiza, lei que privatiza e pon prezo ao ben auga.
A empresa Augas de Galicia, que se rixe polo dereito privado e a efectos xurídicos é unha S.A., é a administración única da politica de augas de Galiza, asumindo todas as competencias que en materia de augas ten a comunidade autonoma e invadindo boa parte das competencias que en materia de augas tiñan os concellos.
Ademais o uso de todas as augas, sexan públicas, privadas ou comunai; salgadas ou doces; soterradas ou superficiais estará suxeito ao pago dun canon que recaudará a empresa Augas de Galicia.

Non podemos permitir que privaticen as nosas augas.
A augas deben seguir sendo un ben universal, social e público.

ACUDE A MANIFESTACIÓN DO DOMINGO DÍA 20 DE MARZO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

IMOS PARAR ESTE ABUSO.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal