bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fora o viño da lei do botellón
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia xa sacou a exposición pública unha proposta de “Anteproxecto de Lei Integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos en Galicia”. Esta iniciativa lexislativa identifica ao viño como un produto que xera trastornos aditivos no marco dun texto que trata de lexislar sobre materias estupefacientes, polo que me opoño xunto co resto do sector que non estamos dispostos a que o viño perda o seu caracter de alimento das nosas dietas mediterránea e atlántica, de elemento fundamental da nosa cultura, da nosa paisaxe e da nosa identidade como pobo. E non imos permitir que a Consellería de Sanidade da Xunta de Galiza converta ao viño nunha droga, baseándose só no seu contido de alcohol e omitindo os aspectos positivos que esta bebida ten no seu consumo moderado e asociada a gastronomía.

O viño non é o problema, polo que non debe vincularse co desaxuste social que supón o consumo abusivo de alcohol entre a mocidade. Ben ao contrario, as mesmas pautas de moderación e consumo controlado, dentro dunha dieta equilibrada, que se dan no viño, poden e deben servir de exemplo fronte ás desordes e consumos inadecuados de alcohol e outras sustancias.


Neste contexto os representantes das cinco Denominacións de Orixe galegas e dos tres sindicatos agrarios (SLG, XA e UA) asinamos o 27 de marzo un manifesto solicitando o recoñecemento da singularidade do viño e reclamando a retirada do mesmo desta proposta normativa. Así mesmo, amosamos unha total disposición para participar na regulación da publicidade e a promoción deste produto, iso si, enmarcado nunha lexislación propia e non no actual anteproxecto de lei integral en materia de drogodependencias e outros trastornos aditivos en Galicia.
Comentarios (1) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 29-03-2008 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal