bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Agrocarburantes, NON
Permítome reproducir esta nota, que penso é de interese.

La buena nueva de Bush

Gustavo Duch Guillot (Director de Veterinarios sin Fronteras) 16/03/2007

Los empresarios del petróleo y los empresarios automovilísticos tienen preocupaciones similares. El agotamiento del crudo pone en jaque sus negocios. Así que han afrontado la situación con audacia. Se han sentado en la mesa con otro de los grandes sectores económicos mundiales, los dueños del agronegocio: multinacionales que controlan la venta de las semillas y los pesticidas adaptados a ellas. La "triple alianza" como dice el líder del Movimiento sin Tierra de Brasil, João Pedro Stedile, está liderando la promoción de los agrocombustibles para que no nos preocupemos del consumo energético. Unos ganan con la venta de semillas y pesticidas, otros con el procesamiento del combustible y los terceros siguen vendiendo automóviles por doquier. Todos ganan. Excepto el planeta y los millones de campesinos y campesinas que el monocultivo de soja o maíz expulsará y enviará a los cinturones de pobreza de las urbes.

Al finalizar la reunión la "triple alianza" mandó a pregonar la buena nueva por Latinoamérica: el progreso del agrocombustible ha llegado, repitió cantarín Bush en todas sus escalas (y Lula le hace los coros).





Gustavo Duch Guillot

Director de VETERINARIOS SIN FRONTERAS

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-03-2007 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Oliveiras en Valdeorras
No pasado ano presentei unha memoria para subvención a "Proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia" -fora de prazo-
Este ano estamos un grupo de viticultores do Sindicato Labrego Galego (SLG)traballando esta historia que chamamos
Introducción da Oliveira en Valdeorras para producción de aceite ecolóxico-

De seguido por si alguén ten interese reproduzo a introducción da memoria do ano pasado:

As ribeiras do Sil foron na antigüidade productoras de olivas para a elaboración de aceite de oliva, coa colonización dos Reis Católicos, prohibiuse a comercialización de olivas e aceite aos productores da nosa comarca, polo que foron arrancadas as oliveiras, deixando algunhas nas marxes das fincas para o autoconsumo.

O olivar mantivo e mantén características e elementos de bosque mediterráneo, nas súas árbores centenarias, que fan de refuxio a numerosas especies animais. É compatible coa gandería permitindo a semente de algúns cultivos de leguminosas entre os árbores que a súa vez serven como abonado. Teñen poucas pragas, polas labores culturais practicadas sistematicamente, tamén a aplicación de esterco e o encalado do tronco reduce as enfermidades. A asociación con outros cultivos como a viña ou o castiñeiro, fai que exista un alto grao de complementariedade, evitando os prexuízos do monocultivo.

No momento actual a agricultura da comarca de Valdeorras centrase basicamente na viña para vinificar e na castaña, que se vende sen transformar. Os prados que ocupaban boa parte do terreo productivo das nosas aldeas están abandonados ao desaparecer case totalmente a actividade gandeira.

Esta iniciativa pretende volver a introducir a oliveira para producción de aceite, como complemento a viticultura e a castaña. Aumentando deste xeito a renda dos nosos labregos e labregas, cunha actividade totalmente compatible coas outras dúas.

Esta introducción non se fará a costa de ningunha das actividades productivas actuais, usaríanse as parcelas que foran prados, terras que xa non se sementan, algunhas que están a monte e antigas viñas arrancadas.

Este proxecto conta cunha parte productiva na que intentamos implicar a labregos e labregas, a propietarios de terra que se comprometan a plantar e a manter as súas plantacións. A medio prazo (5 anos) os productores/as que o desexen formarán unha cooperativa para a elaboración e comercialización do aceite procedente das súas plantacións, tendo tamén a posibilidade de vender as súas produccións ou crear almazaras particulares e asociarse nunha cooperativa de segundo grado para o embotellado e comercialización.

Tamén conta cunha parte non productiva na que entrarían: os estudios, a formación dos productores, control e seguimento, e a difusión da iniciativa.

Comentarios (2) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 14-03-2007 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Contestando sobre Xantar
Manuel:
O que me está a preocupar nestes momentos é o papel que están a xogar as feiras (Silleda, Xantar, Fevino) no noso País, está claro que cada unha é diferente e merece unha consideración pero existe un denominador común: este tipo de eventos son un negocio en sí mesmas, e neste sentido teñen limitado o seu interese. No caso de Xantar o interés é puramente de imaxe, a venta é anecdótica e os contactos(hostaleria,restauración)
case que non existen.
Mais grave me parece o evento que aconteceu esta fin de semana en Ferrol, FEVIN,xa que é a feira do viño mais importante de Galiza, feita con grandes subvencións públicas galegas, para facilitarlle a venda de viño en Galiza aos da Rioxa e aos da Rivera do Duero que son realmente os grandes protagonistas.
Neste sentido o SLG está a facer unha valoración para darlle un tratamento.
Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 07-03-2007 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xantar 2007
Hoxe rematou Xantar en Ourense, no recinto de expoourense, este evento gastronómico-turístico durou 5 días e estivemos co noso viño "bacelos de Biobra" nun stand subvencionado pola Cámara de Comercio de Ourense.
non sei moi ben valorar esta convocatoria xa que é a primeira vez que veño e non coñezo,tampouco, eventos similares xa que grumets en Madrid xira entorno a restauración, cociñeiros/as, pero se mira como cociñan mentras nesta se come. O resto seguimos indo de decorado ou de recheo.
A min sigueme a gustar o contacto coa posible clientela e falarlle a xente de que é O VIÑO ECOLÓXICO, está claro que é un traballiño que alguén ten que facer si queremos despegar con forza.
Comentarios (2) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 05-03-2007 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal