bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

o sector do Viño precisa medidas urxentes
A continuación transcribo o comunicado que o SLG difundiu onte aos medios de comunicación:

o SLG solicita á Consellería de Medio Rural medidas urxentes de apoio aos viticultores/as da Galiza perante da OCM:

-Convocatoria da Mesa do Viño de Galicia para analizar a situación do sector.

-Posta a disposición dos viticultores e viticultoras os “Dereitos de Plantación da Reserva da Comunidade Autónoma de Galicia”.

-Sacar un novo prazo para a Regularización dos viñedos “irregulares”

-Actualización do Catastro Vitícola en todas as comarcas de viño.

-Publicación urxente do Decreto que regula as Axudas a Reestruturación de Viñedo, tendo en conta as reivindicacións do sector produtor.

Todas estas medidas son urxentes e necesarias para o sector vitivinícola galego e de non articulalas estaremos perdendo a oportunidade de poñer nas mans dos viticultores/as ferramentas para defenderse perante da liberalización total das plantacións prevista na OCM para o ano 2015.


para mais información ir a páxina web do SLG-CCLL
www.sindicatolabrego.com
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 30-01-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
TRANSXÉNICOS NA GALIZA? NON GRAZAS.

Accións perante da solicitude de autorización de liberación de OXM´s na Galiza


Compostela 28 xaneiro 09. Na rolda de prensa realizada na mañá de hoxe en Santiago de Compostela, a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) quixo trasladar á cidadanía os puntos seguintes:

1.A febleza do texto aprobado por consenso no Parlamento Galego o pasado 26 de Novembro, consecuencia da covardía política d@s nos@s representantes, foi apercibido polas multinacionais da biotecnoloxía como unha porta aberta para a liberación de novos OXM´s na Galiza de xeito experimental.

Neste primeiro ataque das multinacionais, estando inda no primeiro mes do 2009, son xa cinco os concellos galegos no punto de mira: Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

No caso deste último, declarado no pleno consistorial de agosto de 2008 como Zona Libre de Transxénicos-ZLT, atopámonos perante dunha actitude impositiva e prepotente por parte das empresas e irrespetuosa e irresponsábel por parte do Ministerio e do Goberno galego, obviando a oposición contundente da cidadanía e da administración local.

2.Conscientes de que nin o Goberno central nin o autonómico están asumindo a responsabilidade legal en materia de participación e consulta social no eido ambiental reflectida na Lei 27/2006, a PGA tomou a iniciativa de establecer contactos cos concellos afectados, constando a falla de información sobre a existencia destas solicitudes.

Queremos resaltar que as eivas no plano informativo son constantes ao longo de todo o proceso de implementación dos organismos modificados xenéticamente: procesos participativos abertos á cidadanía só por internet -so atopábeis tras unha profunda procura nas páxinas web do Ministerio-, descoñecemento do lugar exacto onde se van realizar as plantacións mesmo polos gobernos locais afectados, escurantismo, etc.

Salientar a falla de correspondencia do proceso consultivo ao respeito das persoas afectadas, nomeadamente labreg@s, que en absoluto se caracterizan por dispor dos coñecementos e/ou infraestruturas necesarias para facer saber o seu posicionamento por “vía internet”.

Non interesa, nin a empresas nin a gobernos, informar ou dar posibilidade de opinar á cidadanía sobor da implantación dos organismos modificados xenéticamente (OMX´s), un dos primeiros pasos cara a privatización total do proceso de produción de alimentos, que suporá regalar ás multinacionais o control da alimentación, orixinalmente en mans das labregas e labregos, e renunciar ao dereito á soberanía alimentar dos pobos.

3.A falla de información é se cabe máis escandalosa ao termos un representante da Galiza, Andrés Núñez Rajoy* (Xefe de Servizo de Produción Agraria Sostíbel e Sanidade Vexetal ) na Comisión Nacional de Bioseguridad, entidade que fica en entredito ao ter aprobado o cultivo de variedades de millo transxénico calificadas como “grave ameaza para a saúde” polo Goberno de Austria tra-los resultados dun estudo encarregado á Universidade de Viena.**

4.Perante desta situación, a Plataforma Galega Antitransxénicos:

-levará a cabo un control exhaustivo do peso que as alegación presentadas pola cidadanía terán no informe que presentará a Comisión Nacional de Bioseguridade.

-fará un envío masivo de solicitudes de información ambiental, amparándonos no dereito recollido na Lei 27/2006, ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, para procedermos á “coñecer a localización exacta mediante coordenadas xeográficas ou referencia catastral das parcelas onde se solicitaron os ensaios de liberación con códigos (B/ES/09/15; B/ES/09/18; B/ES/09/19; B/ES/09/20; B/ES/09/21; B/ES/09/22; B/ES/09/23; B/ES/09/24)”.

- solicitou xa unha reunión con Andrés Núñez Rajoy, representante galego na Comisión Nacional de Bioseguridade.

-estableceu contactos con representantes locais dos concellos afectados.

5.A PGA cuestiónase,

-Quen preguntou aos labregos/as se querían poñer o futuro das súas leiras en mans das grandes empresas transnacionais da alimentación?

-Quen consultou á poboación se queremos comer transxénicos sen ser conscientes dos seus efectos?

-Por que non se etiquetan convenientemente os OXM´s?

-Por que non se aplica o Principio de Precaución se existen xa estudos que demostran a perigosidade destes organismos?

* andres.nunhez.rajoy@xunta.es
** Biological effects of transgenic maize NK603xMON810 fed in long term reproduction studies in mice.

COLECTIVOS INTEGRANTES DA PLATAFORMA GALEGA ANTITRANSXÉNICOS

A Esmorga
A Gentalha do Pichel
A Xoaniña
AC Caleidoskopio
ADEGA
ADENCO
APEGA
Alternativas Nómadas
Amigos da Terra
Anacos da Cidade
Arrincadeira
Asoc. Cultural Meiro
CIG-Servizos
CRAEGA
Coto do Frade
Cova da Terra
Eirado
Erva
FugaEmRede
Fundación Sen Esquencer
Info-Transxenicos Tui
O Grelo Verde
Rede de Consumo Consciente
Saramaganta
Semente
Sindicato Labrego Galego
Verdegaia
Veterinarios Sen Fronteiras




ZONAS LIBRES DE TRANSXÉNICOS EN GALIZA

Lalín (Pontevedra)
Silleda (Pontevedra)
Irixo (Ourense)
Chantada (Lugo)
Val do Dubra (A Coruña)
Ames (A Coruña)
Negreira (A Coruña)
Riotorto (Lugo)
Verín (Ourense)
Forcarei (Pontevedra)

Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 28-01-2009 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Medrará a producción e o consumo de viño?
Permitideme que transcriba integramente e textual este artigo de AGROeuropa, e se ledes até o final veredes como a patronal do sector dí que tanto en Europa como no Estado Español baixa a producción (e a contra do que debería acontecer baixa o prezo das uvas), esto quer dicer que a pesar dos grandes problemas que tivo Australia pola metereoloxia os paises terceiros seguen a medrar, e a grande industria que opera no Estado aprobeita esta situación para aumentar beneficios a costa do sector productor.

VINO: LA PRODUCCIÓN Y EL CONSUMO CRECERÁN A NIVEL MUNDIAL

AGRO EUROPA N. 1.055 26 ENERO 2009 PRODUCTOS Y MERCADOS - 1 -

La producción mundial de vino, que aumentó el 1,78% entre 2003 y 2007, mantendrá
esta evolución alcista en los próximos años, de forma que crecerá el 3,83% entre 2008 y
2012. A lo largo de esos diez años, el incremento acumulado sería del 7,24%. Al menos éstas
son las previsiones de la consultora inglesa (IWSR, International Wine and Spirit Record), que
ha realizado un informe mundial de coyuntura del sector que abarca el período 2003-2012
para el salón Vinexpo 2009, que tendrá lugar en Francia el próximo mes de junio.
La lista de los diez principales países productores estará encabezada por Francia, seguida de Italia, España, Estados Unidos, Argentina, Alemania y Chile. Sin embargo, Australia dejará esa lista durante el citado período, debido sobre todo a problemas climatológicos.
Por otro lado, el informe da cuenta de un aumento del consumo. Desde 2007, el consumo mundial de vino se está acelerando. Ese año se tomaron a nivel mundial más de 31.000 millones de
botellas. El consumo de vinos tranquilos y espumosos (en volumen) crecerá el 14% entre 2003 y
2012. Sólo los espumosos, de moda en muchos países, registrarán un aumento del 5,26% entre
2008 y 2012, después del incremento del 32,05% que ya experimentaron entre 2003 y 2007.
Entre los primeros países consumidores de vino están Italia, seguida de Francia y Estados
Unidos. La caída del consumo que se observó en Francia entre 2003 y 2007 (-8,69%) dará paso a
una estabilidad. Por el contrario, crecerá en Estados Unidos y también en Rusia (+24,48% entre
2008 y 2012) y en China (+36,66%).
El consumo de vino en valor ascendió en 2007 a 150.000 millones de dólares y se espera que
aumente hasta los 166.117 millones en 2012. Las previsiones apuntan a que Estados Unidos será el
país que más gaste en vino para ese año (25.527 millones de dólares), por delante del Reino Unido
(16.403 millones), Francia (13.063), Alemania (10.142) e Italia (9.184 millones de dólares).
El crecimiento más fuerte de consumo será el de las botellas vendidas a un precio de entre 5
y 10 dólares.
Reino Unido, primer mercado de importación
A pesar del incremento del consumo, seguirá habiendo excedentes, aunque bajarán algo a
partir del presente año 2009.
En este contexto, los intercambios internacionales aumentarán. El Reino Unido (con el 99,8% de las importaciones en 2012) será el primer mercado de importación en volumen y en valor (16.363 millones de dólares ese año), por delante de Estados Unidos y de Alemania.
El estudio del IWSR no ofrece previsiones de exportación, que considera más difíciles de
predecir.

Menos vino en la presente campaña en la UE, según el COPA-COGECA

La producción de vino de la Unión Europea correspondiente a la presente campaña 2008/09
se estima en 169,77 millones de hectolitros, lo que supone un descenso del 1,85% con respecto a la
obtenida en la campaña anterior, según los datos que se manejaron en la última reunión del Grupo
de Trabajo de Vinos del COPA-COGECA, que agrupa a las organizaciones profesionales y las
cooperativas agrarias de la UE. Si se compara con la media de las cinco últimas campañas la caída
es del 7%.

La producción francesa ha bajado el 5%, situándose en 42 millones de hectolitros, lo que ha
permitido a Italia situarse por delante de los productores franceses, con un volumen de entre 45 y 46 millones de hectolitros. España se sitúa en tercer lugar con 40,5 millones, también por debajo de la campaña anterior.
A pesar de esa disminución de la producción, los precios de las uvas y el vino han bajado en
los principales países productores. En el caso de España se estima una caída del 37% en el precio
de la uva respecto a la campaña pasada, según los representantes españoles en la citada reunión.
La incertidumbre que ha generado en el sector la entrada en vigor de la reforma aprobada para el
mercado vitivinícola –con la desaparición de ciertos mecanismos de gestión- es la principal
responsable de esta evolución, no sólo en nuestro país, sino también en otros Estados miembros
productores.
Comentarios (2) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 27-01-2009 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
no Xornal
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 26-01-2009 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
REMATEMOS COA ESPECULACIÓN NO SECTOR DO VIÑO

Os prescritores, a hostalería e as mentiras están convertendo ó viño nun produto elitista, no lugar de procurar o aumento dun consumo moderado asociado as comidas sans no entorno familiar.

A maior parte dos cartos que move o sector do viño van parar: as multinacionais do fitofármaco, a hostalería, a gran distribución, a industria elaboradora e prescritores; sendo o beneficio mais pequeno para as persoas que coidan das videiras para producir uvas de vinificación. Cada euro que ingresa o viticultor/a polas súas uvas multiplicase por 3 na elaboración, pasando pola distribución que lle gaña dun 35 a un 50%, chega a tenda outro 35/50% mais, ou a hostalería que cobra o 300% mais.

ORGULLO DE BOA VITICULTURA.
É fundamental que os produtores e produtoras de uvas teñamos os pes na terra, non nos deixemos envolver por toda a parafernalia que se monta a partir do noso traballo e defendamos o noso carácter labrego por riba de todo. As bambolinas e decorados que se montan son un bo refuxio para que os comediantes (prescritores, sumilliers, revistas especializadas, críticos, clubs de viños…) podan vivir do conto. As mulleres e os homes que traballamos no sector non somos uns escollidos, non somos diferentes doutros sectores de labregos e temos que sentirnos orgullosos de traballar a terra e de producir calidade, pero temos que procurar que non nos despisten con chorradas mentres nos meten a man no peto. Precisamos vivir dignamente do noso traballo e normalizar o sector dando unha maior transparencia ao consumidor/a para que vexa claramente quen leva a maior tallada, que é o que se oculta detrás dunha copa de viño e o porqué de tanta comedia. O viño ten que ser unha bebida para o pracer dos sentidos e non para presumir.
O BRANQUEO DE DIÑEIRO.
Neste mar de confusión e mentira creado a propósito resulta moi fácil o branqueo de diñeiro, isto provocou un medre desorbitado nalgunhas comarcas, cunhas inversións excesivas para os volumes de beneficio que poden xerar. O feito de que vai uns anos en Rias Baixas as uvas chegasen a alcanzar prezos desorbitados (incluso por riba de 4€/Kg) foi provocado pola necesidade de xustificar gastos da industria elaboradora e non pola necesidade de dotarse de materia prima para vinificar. A boa consideración social que de antigo tiña o sector é utilizada polas xentes do contrabando, do ladrillo e doutros sectores económicos para investir.

O NOSO INIMIGO É O NEOLIBERALISMO
Os técnicos e catadores son educados nuns gustos e pautas de calidade interesados e condicionados pola grande industria do sector e pola industria farmacéutica. Estas multinacionais non só intentan dominar a produción, a elaboración e a comercialización, tamén intentan controlar os gustos da xente. O feito de transmitir insistentemente de que pouca xente entende de viño está motivado pola necesidade do neoliberalismo económico de limitar a uns poucos “escollidos” a capacidade de decidir sobre os gustos da xente e de indicarlle que produtos deben consumir. A maior parte dos consumidores e consumidoras de viño temos interiorizado que non entendemos, e incluso ocultamos os nosos gustos por medo a parecer ignorantes. Desa debilidade do consumidor se aproveitan os sumilliers e se alimentan os prescritores. Todo isto forma parte deste modelo neoliberal imperante que o único que pretende é a acumulación de poder e riqueza nas mínimas mans posibles xerando un extracto de súbditos facilmente manexables. Este modelo capitalista é o que hoxe está en crise, e na reflexión desta crise -no Sindicato Labrego Galego- temos que analizar como o sector do viño é enganado historicamente para que acabe en mans de catro, e temos que usar esta reflexión para crear mecanismos de defensa contra este modelo contrario aos nosos intereses.

O PAPEL DAS INSTITUCIÓNS
Dende as institucións -sexan da cor que sexan- potenciase o medre económico dos grandes dándonos aos pequenos facilidades para o abandono no marco da OCM ou potenciando ir ao medre en base a un grande endebedamento. Asociase a rendibilidade aos grandes investimentos e ao endebedamento, e non a capacidade de traballo, a estratexia de evitar intermediarios ou ao empeño por reducir gastos e por mellorar o prezo de venda do producto.

BUSCANDO ALIANZAS
O sector produtor labrego será necesario para a industria elaboradora na medida en que lle saia mais barato que manter o viñedo propio e/ou mentres os consumidores/as non asuman a des-localización do viño e vexan con bos ollos o traer as uvas ou o viño de países terceiros onde os custes de produción son moi baixos. As pequenas e a medianas adegas independentes están sendo absolvidas ou arruinadas polas multinacionais no proceso de acumulación capitalista.
Para defendernos desta ameaza é importante establecer alianzas entre os viticultores/as, pequenas e medianas adegas -que non asuman a lóxica capitalista-, a hostalería independente e os consumidores/as. Pero primeiro de nada temos que asumir dentro do SLG o que está acontecendo co sector e explicarllo ó resto do sector produtor e ós pequenos elaboradores.
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 21-01-2009 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal