bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Directrices de Ordenación do Territorio
O deseño da arquitectura do poder en Galiza, concrétase nas Directrices de Ordenación do Territorio. Unha barbaridade que consiste en seguir metendo a toda a xente a vivir nas cidades grandes, chamadas áreas metropolitanas, cargandose ás parroquias, os pequenos núcleos do rural e incluso os concellos e as comarcas.
O Neoliberalismo para o seu exercicio depredador necesita de todo o territorio para fabricar electricidade, por que Galiza para todos os gobernantes que tivemos é o gran sitio para a produción de enerxía, agora chamadas alternativas, como se a alternativa fose o crecemento sen fin.
Non se fala nada da actividade labrega-gandeira nen da pesca, o importante e o I+D+i, parece que seguen co do modelo Irlandés de crecemento tecnolóxico.
Na realidade o que están planificando e vender Galiza as multinacionais, e o fastidiado é que con esas mesmas gafas, aínda que con diferntes cristais mira o PP. mira o PSOE e tamén mira o BNG.
Estamos apañados
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2010 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
A PRIVATIZACIóN DE TODAS ÄS AUGAS DE GALIZA

Este é un tema importantísimo, estamos a falar de poñerlle prezo ao ben auga, que igual que o sol ou o aire é un elemento indispensable para a vida. Para o neoliberalismo TODO VALE CON TAL DE ESPECULAR E GAÑAR DIÑEIRO.
Sirva este docuento do SLG para informar do que supón esta privatización:


30 de novembro de 2010.
Executiva Nacional do SLG-CCLL.


O día 18 de novembro o pleno do Parlamento de Galicia, aproba a Lei de Augas de Galicia, o día 26 de novembro sae publicada no DOG, e entrará en vigor o 26 de xaneiro de 2011.


Que supón a Lei de Augas de Galicia?

A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que pretende establecer sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que establecen os concellos ou as entidades subministradoras.

Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas, do grado de dispersión do asentamento,... Tamén deben garantir os gobernos, de xeito gratuíto, auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura como actividade de produción de alimentos para a poboación.

A auga é un ben básico para a vida e debe ser considerado como un ben público e universal, que debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Polo que toda normativa sobre as augas debería prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.

Podemos estar de acordo que os usuarios/as que contan con subministro municipal, corran cos gastos do subministro de auga que establecen os concellos, sempre que non exceda do custe do servizo, unha vez descontadas as subvencións publicas. Pero non estamos de acordo co prezo ao ben (auga) nin cos beneficios empresariais da xestión privada deste servizo. Non se pode seguir mirando para a auga como un instrumento de recadación nin de negocio.

A Lei de Augas de Galicia supón unha grande agresión a realidade galega, concretamente das áreas rurais e dos pequenos núcleos, onde as administracións sempre miraron para outro lado cando se trataba de dar servizos. Agora que se trata de apropiarse dos acuíferos e fontes miran para o rural como a reserva das augas de calidade coas que facer negocio.

A AUGA DEIXA DE SER UN BEN UNIVERSAL E PÚBLICO PARA CONVERTERSE NUN BEN CON PREZO ADMINISTRADO SEGUNDO AS LEIS DO LIBRE COMERCIO.

Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos presta eses servizos.
Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo. Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, a da superficie ou do subsolo, naza en finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un prezo.

Logo existen exencións, descontos e actividades non suxeitas, pero toda a auga ten un prezo, e esa cantidade será administrada por xestión privada. Polo que institucionalizase a privatización e a especulación.
A XESTIÓN PRIVADA ASUME TODAS AS COMPETENCIAS DA XUNTA EN MATERIA DE AUGAS

Ate este momento era a Xunta quen asumía todas as competencias en materia de augas. Agora coa entrada en vigor desta lei, Augas de Galicia, asume todas as competencias en materia das augas e as obras hidráulicas, amais das competencias propias da política de abastecemento e saneamento, así como a intervención na planificación territorial e urbanística, e tamén en materia tributaria das augas, que ten a Comunidade Autónoma.

¿POR QUE DICIMOS QUE A XUNTA PRIVATIZOU AS AUGAS?

Porque a empresa Augas de Galicia é a administración única e ordinaria da política de augas de Galiza. É unha empresa pública, que axustará a súa actuación ao dereito privado. Isto significa que xestionará as augas (ben público universal) como unha empresa privada, do mesmo xeito que a xestión das instalacións públicas ou concesións. Quedando suxeita as leis do mercado en todo o que non queda limitado nesta lei de augas.

O Parlamento perde o control das augas e da súa xestión, Augas de Galicia só estará suxeita ao control da Comisión de Contas.

O concepto de privatización que se manexa en Europa, refírese ao control privado do abastecemento e da rede de sumidoiros dos espazos urbanos, así como á apropiación de fontes por parte de empresas privadas para comercializar a auga engarrafada. Feijoo foi mais aló no proceso privatizador e por medio da lei de augas, privatizou o elemento, a auga, e o fixo extensivo a todas as augas de Galiza

A QUEN CONSIDERA COMO USUARIAS DE AUGA?

Son usuarias e polo tanto contribuíntes as persoas físicas, xurídicas ou as entidades que usen ou consuman auga de calquera procedencia ou calquera finalidade e mediante calquera aplicación.

QUE É O CANON DA AUGA?

É un imposto que grava o uso e consumo, real ou en potencia, da auga no territorio de Galiza. Este imposto é compatible coas taxas que se aplican pola prestación do servizo, e de existir esas taxas o imposto aplicarase a maiores.

A QUEN SE LLE ESIXIRÁ O PAGO DO CANON DO AUGA?

Esixiráselle o pago do Canon as persoas físicas, xurídicas ou entidades, tanto polo uso ou o consumo de todas as augas: das facilitadas por entidades subministradoras, tamén as que están en réxime de concesión, tamén as procedentes de captacións propias, superficiais ou subterráneas, incluídos os consumos ou os usos de augas da choiva ou mariñas.

QUEN COBRA O CANON DA AUGA?

Augas de Galicia, é a empresa encargada de recadar o canon da auga, que no caso de espazos urbanos que conten con subministro municipal ou de empresa subministradora, quedará anotado aparte e a maiores no recibo, e no caso de captacións particulares será Augas de Galicia a emisora do recibo correspondente ao consumo e uso da auga.


QUE É O COEFICIENTE DE VERTEDURA?

É unha taxa que vai ligada a prestación do servizo de depuración das augas residuais urbanas, é incompatible coas taxas municipais por depuración de augas residuais, pero é compatible con aqueles destinados a costear da rede de sumidoiros. Isto quere dicir que todo o que se verta a sumidoiros públicos que a día de hoxe non pague taxa por depurar terá que pagar.


COMO AFECTA AO SUBMINISTRO DAS VIVENDAS?

Todas as vivendas terán que pagar o canón da auga, independentemente de que a traída sexa municipal, da comunidade de veciños ou particular, tamén no caso de proceder de pozo propio ou de aproveitala da chuvia.

No caso de que a traída sexa municipal ou de empresa subministradora haberá que pagar a maiores o prezo da depuración e da do subministro.

O prezo determínano cunha parte fixa: número de persoas que viven na vivenda e unha parte variable: en función do volume de auga consumidos. Establecese unha cota fixa de 1,50 € contribuínte/mes.

No caso de comunidades de usuarios legalmente constituídas ou captacións propias de usos domésticos, o coeficiente será de 0,1 €/m3 (refírese ás traídas propias das comunidades de veciños)

Independentemente de cal sexa o prezo resultante a pagar, a lei marca o desconto do 50% ao canon da vivenda habitual das familias numerosas.

COMO AFECTA A ACTIVIDADE AGRARIA E GANDEIRA?

Para os usos agrícolas, forestais e gandeiros suxeitos ao canon: existe unha parte fixa de 2,50€ por contribuínte ao mes, e unha parte variable de 0,005 €/m3.

Os usos agrícolas, forestais e gandeiros non estarán suxeitos ao pago do canón sempre que non exista contaminación por fertilizantes, pesticidas ou materia orgánica. A lei fai referencia ao manual de boas prácticas agrarias e as condicións que en materia de augas pon a condicionalidade. Neste caso os establos e outras instalacións gandeiras, a non ser que conten cun sistema de depuración propia que non deixe residuos, terán que pagar.

No tipo de gravame que se aplique en función da contaminación producida, Augas de Galicia determinará de oficio a cantidade a pagar.

No caso de non estar obrigados ao pago, total ou en parte, por non contaminar, nas comunidades de usuarios/as para usos agrarios ou gandeiros. A cantidade exenta virá determinada pola cantidade que para ese uso establece a concesión.

CANDO NON EXISTA CONTADOR DE AUGA, COMO SE APLICARA A PARTE VARIABLE DO CANON ?

Usarán o método de estimación directa, podendo ter en conta a capacidade de extracción ou almacenamento (potencia da bomba, sección da canalización, capacidade do depósito,…) Tamén poden aplicar o aproveitamento pola información que conste no rexistro administrativo do aproveitamento (caudal do acuífero ou cantidade que concede a concesión)

Os usuarios/as que non dispoñan dun mecanismo de medición directa (auga usada ou consumida) poderán acollerse aos sistemas de estimación obxectiva, (que se establezan no Regulamento que desenvolva o desenrolo desta lei en materia de tributos)

No caso dos usos domésticos, a base impoñible do canon mediante o réxime de estimación obxectiva poderase determinar a partir dos volumes de dotación básica de auga para vivendas que se establezan nos instrumentos de planificación hidrolóxica.

Demandamos no SLG:

A DERROGACIÓN DA LEI DE AUGAS DE GALIZA.

QUE AS AUGAS SIGAN SENDO UN BEN PÚBLICO UNIVERSAL, SEN PREZO PARA AS NECESIDADES BÁSICAS DAS PERSOAS E DA PRODUCIÓN DE ALIMENTOS.

QUE A PLANIFICACIÓN A XESTIÓN E O SUBMINISTRO DAS AUGAS SEXA PÚBLICO, TENDO EN CONTA A SÚA FUNCIÓN SOCIAL.

PRIORIZAR O CONSUMO HUMANO, DOS ANIMAIS E OS USOS AGRARIOS A PEQUENA E MEDIANA ESCALA.

O SUBMINISTRO E A DEPURACIÓN DEBERÁN SER PÚBLICOS, PAGANDOSE SÓ NO CASO DE QUE SE REALICE O SERVIZO E O PREZO NON PODE EXCEDER DO CUSTE DESTE, DESCONTANDO AS SUBVENCIÓNS. AMAIS O PREZO A PAGAR POLO SERVIZO DE SUBMINISTRO E DEPURACIÓN DEBE ESTAR EN FUNCIÓN DA RENDA DO USUARIO/A.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-12-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
O Viño ecolóxico contém mais resveratrol
Un estudio feito pola Universidade de Borgoña e o Instituto de Agricultura Orgánica de Suiza demostra que o viño de producción ecolóxica -libre de pesticidas- conten o dobre de resveratrol que o que non procede de uvas e prácticas ecoloxicas.

Segundo este estudo, o viño branco e tinto ecolóxico contén 12 miligramos por litro de resveratrol fronte aos 6 dun viño, procedente de uva tratada con fitosanitarios e adubos químicos "de xeito abusivo".

Que é o resveratrol?

Entre todos os polifenois do viño, o resveratrol (trans-3,5,4-trihidroxiestilbeno) é do que mais se ten falado nos últimos anos. Foi descuberto no viño en 1992 polos doutores: E. Siemann e LeRoy Creasy, da universidade de Cornell (Nova York) e dende aquela foi obxecto de moitos e diversos estudios, chegando incluso a atribuírlle algúns o mérito das chamada paradoja francesa ou efecto cardioprotector do viño. O resveratrol é sintetizado pola videira como resposta a invasión microbiana procedente do fungo botrytis cinerea. Atopase en moitas partes da planta, entre elas as raíces e as pevídas, pero a súa concentración é moito maior na pel da uva onde chega aos 50 microgramos por gramo. Dado que as infeccións por fungos son mais comúns nos climas frios e húmidos, as uvas que medran en lugares fríos e nubrados solen ter unha maior concentración de resveratrol, ...
... Ademais do seu efectivo papel como antioxidante e da súa acción inhibidora do apelmazamento das plaquetas, demostrouse que o resveratrol posue tamén unha poderosa actividade anticanceríxena, inhibindo a iniciación e o desenrolo dos tumores e tendo ao mesmo marcadas propiedades estroxénicas, antiinflamatorias, antivirales e neuroprotectoras
Comentarios (0) - Categoría: Producción ecolóxica - Publicado o 06-06-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
ACAPARAMENTO DE TERRAS
Permitideme que reproduza esta nota de prensa polo seu interese. De seguir nesta escalada neoliberalista impulsada polos poderes económicos e políticos, acabaremos todos e todas de escravos do Feudalismo Globalizado.

Campesinos y grupos de la sociedad civil denuncian la propuesta del Banco Mundial de un acaparamiento de tierras donde “ambas partes ganan”


[Washington DC, 22 de abril de 2010] La Vía Campesina, FIAN, Land Research Action Network y GRAIN, juntos con más de cien aliados lanzan la exigencia de frenar la ola actual de acaparamiento de tierras en la que se están apoderando de millones de hectáreas de tierras de cultivos de comunidades rurales de África, Asia y América Latina. Su exigencia coincide con un nuevo informe del Banco Mundial que confirma la magnitud masiva del actual asalto por acaparar tierras y que adelanta siete “principios” para hacer que estos tratos sean socialmente aceptables. La estrategia del Banco Mundial será presentada en Washington DC en una mesa redonda programada para el 25 de abril y cuyos anfitriones son Japón, Estados Unidos y la Unión Africana, y en la conferencia anual de tierras del Banco Mundial, programada para el 26 de abril.


En una declaración, los movimientos y organizaciones denuncian las propuestas de Banco Mundial como un intento por “reducir los riesgos de inesperadas reacciones sociales” mientras promueve que inversionistas corporativos avancen en su toma de control de tierras agrícolas. “Los principios del Banco Mundial”, argumentan los grupos, “intentan distraer del hecho de que la actual crisis alimentaria global no será resuelta por la agricultura industrial a gran escala, que es la que van a aplicar en todas estas adquisiciones de tierras”.


El lunes 26 de abril se llevará a cabo un desayuno-conferencia con la prensa a las 7:45 am en el Bread Line Restaurant (1751 Pennsylvania Av. NW, Washington DC 20006). Representantes de National Family Farm Coalition/Vía Campesina y GRAIN estarán ahí para explicar por qué resulta imposible un acaparamiento de tierras en el esquema de que supuestamente “ambas partes ganan”, como lo propone el Banco Mundial, y para abundar en los pasos requeridos para resolver la crisis alimentaria global.


El domingo 25 de abril, de 2:00 a 3:00 pm habrá grupos en frente de las oficinas de Millenium Challenge Corporation, situadas en el número 875 de la 15th St, NW, donde se lleva a cabo la mesa redonda oficial, para informarle a los delegados de la posición de los movimientos sociales.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-04-2010 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
As verdades na viticultura
As verdades na viticultura non existen, cada quen temos a nosa e non ten porqué non ser válida. Canto mais leo, mais escoito, mais anos pasamos traballando nas viñas,... Mais se me caen todas grandes afirmacións que leo, ou escoito. Na viticultura nos diferenciamos as veces en grandes cousas e conceptos, pero outras en pequenas cousas que sempre nos faran sacar un produto diferente. Esto por falar do que aportamos as persoas ao traballo de producir uvas para vinificar, que é un porcentaxe moi pouco importante -aínda que decisivo- se o comparamos co infinito traballo da natureza (simplificada nos elementos: solo, clima e microclima, situación, orientación, caste,...)

Mentras algúns/as pasan a vida intentando mirar cal sería a superficie foliar necesária por acio de uvas, como si dempois o viticultor ou viticultora fose quén de controlar e mesmo establecer eses parametros na realidade. Outros deixamos facer a natureza sen pretender saber o porque de todo o que fai e actuamos o mínimo posible e coas limitacións que temos. ao final é a realidade de cada un dos/as que traballamos as viñas as que deciden ese carácter peculiar de cada un dos nosos viños.
Esperemos que sigamos habendo moitos homes e mulleres traballando as nosas viñas para producir os nosos viños, xa que o día que triunfe o sistema industrial que prescinde da sabedoría das persoas e da cultura ancestral das nosas ribeiras, o viño pasará a ser unha bebida plana uniforme, sen matices e senpersonalidade propia. Esperemos que nunca nos gañen a batalla.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 18-04-2010 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
O Viño Español xa non viaxa
Permitideme que reproduza eiquí este artigo de agrocope. Ten moito interese, máxime cando se vei que a medida estrela da OCM viticola, de comercialización exterior, en mercados terceiros (extracomunitarios)non ten os resultados experados, e ao mesmo tempo estamos a abandonar o consumo interno disminuíndo por baixo dos 24 litros/persoa/ano, cando no ano 2000 estabamos en 37 litros/persoa/ano
.

No conxunto de Europa as exportacións medraron algo, moi pouco, pero as importacións de países do novo mundo do viño (Australia, Chile...) aumentaron.

Vai ser certo aquelo que diciamos de que o que se pretendía e pretende coa politica neoliberal europea da OMC é convertir a Europa de consumidora do que se produce en terceiros países por grandes multinacionais da especulación.


En el periodo enero-octubre, las exportaciones han vuelto a caer un 15,6% en valor y un 12,7% en volumen. Principalmente han caído los vinos con DO y vinos de mesa a granel en ambos casos. Solamente presentan un ligero ascenso los aromatizados.


Madrid. 30/12/2009
Belén Jiménez


2009 no está siendo un buen año para las ventas en el exterior del vino español. Así lo demuestran las cifras, ya que en total las exportaciones de estos caldos entre enero y octubre han bajado un -15,6 por ciento en valor con 1.392,5 millones de euros y también un -12,7 en volumen con 1.242,6 millones de toneladas en comparación con el mismo periodo de 2008.

Los principales descensos han sido protagonizados por los vinos con DO a granel con caídas del -28,3 por ciento en valor y -36,2 en volumen. También cayeron los vinos de mesa a granel con descensos del -23,9 por ciento en valor y del -14,2 en volumen.

Asimismo, cayeron las ventas de vino con DO envasado, vino de mesa envasado, tranquilo, espumosos y de aguja.

Solamente se libraron de esta criba los vinos aromatizados, ya que experimentaron en enero-octubre de 2009 un ascenso del 3,6 por ciento en valor y 6,8 en cantidad.

Tomando como referencia los precios medios, también registraron una caída del -3,3 por ciento situándose en los 1,12 euros. Sin embargo, subieron los precios de los vinos con DO a granel (12,4), los vinos de mesa envasados (6,8) y los de aguja (13,6).

Por último, las exportaciones de mosto descendieron un -35,1 por ciento en valor y un -44 en volumen, mientras que el vinagre disminuye su valor (-12) y un (2,8) en cantidad.
Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 31-01-2010 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Carne de porco de laboratorio
Artigo publicado en Agrodigital.com, resulta lamentable ver que pasan estas cousas mentras se procura que os gandeiros e gandeiras pechen as súas granxas.Esto é a consecuencia do neoliberalismo, non se preocupen que os que especulan co que comemos logo diran que así acaban coa fame no mundo.
*Carne de porcino de laboratorio
Investigadores holandeses han obtenido una carne de porcino que no
procede de un cerdo sacrificado sino de una multiplicación de células
realizada en un laboratorio. La carne obtenida hasta el momento tiene un
aspecto fofo, por lo que los científicos de la Universidad de Eindhoven
tienen previsto mejorar el tejido muscular.

El proceso se ha basado en obtener células de músculo de un cerdo vivo y
ponerlas en un caldo obtenido de sangre de fetos animales. Estas células
iniciales se fueron multiplicando y se generó un tejido muscular. Este
proyecto está amparado por el gobierno holandés y un fabricante de
salchichas, según publica Irish Independent.

Aunque todavía no se ha testado el sabor de la carne y es preciso
mejorar su textura, los investigadores confían en tener una carne
comestible, con buen sabor y consistencia, obtenida en laboratorio, en
un período de 5 años. Consideran que este tipo de alimentación tiene
muchas ventajas, debido a que no se emiten gases de efecto invernadero,
no se perjudica el bienestar animal y además, puede ayudar a conseguir
suficiente disponibilidad de alimentos para el año 2050.*




Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2009 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Costiña, Alan de Val
As miñas felicitacións a estes meus amigos pola forte aposta que están a facer pola singularidade e pola calidade diferenciada, cousa nada fácil, sirva este apuntamento sacado da Web vinogallego.
Está moi ben este voso atrevemento e aposta, a seguir así

Adega Alan de Val, lanzará el próximo mes de diciembre “A Costiña”, el único vino elaborado exclusivamente con uva brancellao que existe en el mercado, un vino Denominación de Origen Valdeorras en el que se ha cuidado hasta el más mínimo detalle, presentado en botella borgoña de 75cl con estuche individual y una cuidada estética, que según se ha definido recientemente, recuerda a los “amaneceres gallegos”.

Para la elaboración de este gran vino se ha utilizado la variedad autóctona Brancellao, un tipo de uva escasa, de muy bajo rendimiento, que la filoxera estuvo a punto de hacer desaparecer a finales del siglo XIX y principios del XX, y que gracias al trabajo de los viticultores gallegos se logró recuperar.

Tras su paso por barrica de roble francés durante cuatro meses, el vino descansa en bodega un año antes de salir al mercado. La producción final de A Costiña, se limitará a 1000 exclusivas y cotizadas botellas, que tendrán un valor de mercado que rondará los 30€ - 40€, un precio muy asequible si tenemos en cuenta que podremos disfrutar de un vino único en el mundo.
Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 11-12-2009 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
viño e cambio climático
Despois das últimas colleitas en Galiza, nas que a graduación foi alta con pouca acidez, debemos analizar seriamente se os cambios no clima están a facer que saquemos viños mais parecidos aos da meseta e poderemos estar a perder peculiaridades que nos deixaban con clara ventaxa na nova moda dos viños frescos e de baixa graduación que parece comezar agora.
Teremos que pensar en usar algunhas variedades de ciclo longo para mezclar as nosas preferentes para conseguir ese efecto. Ao final non vai ser tan malo ter algo de Garnacha Tintoureira para mesturarlle a Mencía, e teremos que adiantar a vendima do Godello.
Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 09-12-2009 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Algúns comentarios
Os maiores inimigos están nas persoas próximas no ideolóxico, as de outras ideoloxías simplemente son ribais. Esto dicía un amigo meu onte mentras tomabamos un viño. Eu engadiría o conceito de utilidade: mentres sexas útil a quen manexa os fíos ou controla tal ou cal poder, eres maravilloso, pero o día que pos por riba o criterio propio (a independencia túa e a do movemento social ao que pertences, SLG), deixando de ser útil ao que manda, máxime cando situado no poder institucional intenta homologarse cos outros partidos facendo políticas neoliberais


Esto ben a conto por que estes días tiven, outra vez, comentarios de inimigos neste meu blog. Quero darlle as grazas xa que deste xeito teño mais presente cal é a enfermidade do BNG, é poden ter claro de que vai moito tempo que estou bacinado.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2009 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal