bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EX-consellería facendo país, ¿para quen?
Os días 17 e 18 do mes pasado tivo lugar en Melide a convocatoria dunhas xornadas do agro convocadas pola FerRUGA, brazo agrario da UPG. Fixerona contraconvocando a presentación do libro de Tareixa Ledo sobre Lidia. Son como nenos.

Independentemente de que o día que mais xente tiveron non chegaron a 50, pódense contar na foto que colgaron na súa páxina web, exibiron toda a plana maior dos inútiles que dirixiron Medio Rural na etapa do bipartito, agás o ex-conselleiro Alfredo Suárez Canal. E digo inútiles porque non foron utiles ao País, nin ao agro, nin ao nacionalismo, e así llo expresou a xente ao depositar o voto.
Posiblemente foron útiles para Coren, Río e Feiraco que agora fainlle de exponsores neste bochornoso e decadente acto.

No blog da FerRUGA dise textualmente:
"Entre os colaboradores destas xornadas, organizadas por FRUGA e o Concello de Melide, figuran a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, o Consello Regulador Arzúa-Ulloa, Feiraco, Leite Río-Leyma e o grupo Coren."

Lonxe de aprender dos erros, siguen empeñados en demostrar que o fixeron moi ben, e en facer política de defensa das empresas e non dos labregos e labregas. Lástima de oportunidade perdida.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2011 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal