bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

información da TVGaita
O venres pasado pola mañá estiven escarbando, pola mañá hai orballo (había dous anos que non orballaba como este) polo que medran moito ás herbas, tamén a vexetación das cepas. A mediodía fun comer e estiven vendo a TVG para ver se saían as alumnas e alumnos de 4ºA do instituto Lauro Olmo que gañaron por segundo ano consecutivo o concurso de matemáticas (entre elas a miña filla Berta). Quedei moi sorprendido ao ver que daban información de pragas e enfermidades do agro entre elas das viñas, e recoñezo que no momento me pareceu positivo, ata que deron como conclusión para todo o País: dar un tratamento con cobre sistémico para o Mildiu.
Que barbaridade, na época da viticultura de precisión, da procura da calidade, recomendase dar tratamento contra un fungo que en varias D.O. como Valdeorras non é necesario porque non choveu (recordar que para que se inicie o ciclo e preciso dúas horas de choiva en ausencia de luz) e de existir risco nalgunha zona veríase a típica mancha de aceite e se podería combater cun tratamento preventivo de contacto, un Caldo Bordelés. Seguro que o sábado se venderon moitas toneladas de sistémico e que as multinacionais do fármaco estaranlle moi agradecidas a TVG.
Non saben ben o dano que están a facer.
Comentarios (6) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 16-05-2006 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Xa se sabe que todo o mundo ten un precio, pero o dos xornalistas é moi #blgtk08#baixiño: que nos dean o traballo feito :(

Así de triste.
Comentario por Manuel Rivas (17-05-2006 02:52)
2 pasa o de sempre, están ahí os de sempre e non dan bo#blgtk08#tado man da xente que sabe, a ver se se dan de conta
Comentario por ana (17-05-2006 15:09)
3 O que pasa e que o país aínda e algo "sistémico" como poidemo#blgtk08#s comprobar os viticultores valdeorreses ainda non fai moito.
Comentario por you (18-05-2006 22:47)
4 #blgtk08#
Comentario por Mere (22-06-2006 12:51)
5 #blgtk08#
Comentario por Merexo (22-06-2006 12:51)
6 Enhoraboa polo blog, vese que traballas no que che gosta.
Non hai que terllo en conta quizas só que se den conta que non son unha farmacia e non deben receitar o#blgtk08# que non deben ou non saben.
Sen embargo creo que A GALEGA, tenta cambiar as formas de saber, polo menos xa consegue que estemos a falar dela neste foro.
Comentario por Merexo (22-06-2006 12:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal