bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Etiqueta para diferenciar o rosado tradicional do mesturado



UE-VIÑO
UE implanta unha etiqueta para distinguir o rosado tradicional do mesturado

Bruxelas, 24 mar (EFEAGRO).- Os países da Unión Europea (UE) acordaron hoxe un etiquetado especial para distinguir o viño "rosado tradicional" do rosado elaborado por medio da mestura de brancos o tintos -técnica coñecida como "coupage"-, informaron fontes comunitarias.

Os produtores poderán mencionar nas botellas, desde el 1 de agosto, as expresións "rosado tradicional" ou no seu caso "rosado por coupage", segundo un regulamento aceitado polo Comité de Xestión da UE -formado por expertos dos Vinte e sete.

Actualmente, a mestura de tintos e brancos está prohibida para os viños de mesa (en España se permitiuse até o 2004) pero non para aqueles que teñen denominación e nestes momentos a UE está tramitando outra normativa que autorizará esta práctica para todos os caldos.

O novo réxime de etiquetado para distinguir os rosados é voluntario, pero un país poderá impor que sexa obrigatorio para os viños producidos no seu territorio, tanto no "rosado tradicional" como na mención "rosado por coupage".

Os rosados tradicionais obteñense por técnicas como a maceración corta ou a presión directa.

Se un Estado opta por obrigar a usar unha ou as dúas mencións nas botellas de rosado, soo poderá facelo para os seus caldos e non para os importados.

Segundo a regulación acordada hoxe, un país poderá negociar coa Comisión Europea (CE) a substitución da expresión "rosado tradicional" por outra que subliñe esa mesma cualidade.

A CE propuxo os distintivos acordados polos países da UE para solucionar as inquedanzas dos produtores, sobre todo dos de Francia, ante o fin da prohibición do "coupage" para os vinos de mesa.

Hoxe, a maioría de países votaron a favor, agás Francia que se abstivo, segundo outras fontes.

O voto do Comité -que debe aínda ser ratificado- forma parte dunha decisión mais ampla sobre as regras de etiquetado do viño, en aplicación da reforma da regulación do mercado vitivinícola aprobada no 2007.

Nestos momentos, a normativa que permitirá o "coupage" nos viños de mesa está na Organización Mundial do Comercio (OMC) e tras ese trámite, volverá a ser examinada polos países de la UE nun Comité de Xestión a celebrar o día 27 de abril; o obxectivo é que se aplique en agosto.

A regulación ten como fin adaptar as prácticas enolóxicas da UE ás da Organización Internacional do Viño (OIV).

A autorización do "coupage" para os viños de mesa foi contestada polos produtores españoles e por algunha rexión como Castela-a Mancha.

Aínda que a UE aprobe a mestura de tintos e brancos, los produtores das denominacións de orixe o das indicacións xeográficas protexidas poderán seguir vetándoa.







Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 26-03-2009 22:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal