bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exportación de viños, suben os graneis
Reproduzo estas novas de Agrodixital, o que aumenta é a venta de viño a granel a un prezo tan ridículo por litro que nos dá para afirmar sen temor a trabucarnos que as uvas destes casi dous mil millóns de litros foron por baixo dos costes de producción. Estas miserias tamén forman parte da realidade deste sector

Observatorio Español del Mercado del VINO (OEMV)
OEMV: As exportacións españolas de viño pechan o ano 2008 cunha subida notábel do 8%

Madrid, 11 de Marzo de 2009.

As exportacións españolas de viño creceron un 8% en valor e un 8,5% en volume en 2008, segundo datos da Axencia Tributaria Española, elaborados polo Observatorio ESPAÑOL do Mercado do VIñO (OEMV)

Durante o conxunto do ano 2008, as exportacións españolas de viño aumentaron en torno ao 8% até situarse nunha cifra marca de 1.994 millóns de euros por venda de 1.690 millóns de litros, a un prezo medio de 1,18 euros por litro.

Un mes de decembro mellor do esperado, unido ao bo primeiro semestre, permitiu pechar o 2008 con incrementos notables en practicamente todas as categorías dos nosos viños. Moi moderadamente creceron os viños con denominación de orixe, até situarse nos 361 millóns de litros por importe de 910 millóns de euros e ritmos de aumento do 0,2% en volume e do 0,5% en valor, respecto ao ano anterior. Con maior vigor aumentaron as vendas de viños de mesa, tanto a granel como viños de mesa envasados. Os viños de mesa a granel, que xunto cos espumosos e cava foron os tipos de viño máis dinámicos en 2008, aumentaron un 9,5% en volume e máis do 21% en valor.

Pola súa banda, os viños de mesa envasados, apoiados en prezos máis axustados, superaron por primeira vez en 2008 aos viños con denominación de orixe envasados en volume, situándose nos 287 millóns de litros fronte aos 285 millóns dos viños con denominación. Os espumosos e cava, con ritmos de crecemento do 20% en valor e do 22% en volume protagonizaron un ano excelente até alcanzar os 434 millóns de euros en exportacións.

Por países, acúsase o descenso en mercados importantes pero afectados pola crise como son Estados Unidos e Reino Unido. Con todo, crecen notablemente as vendas a países tradicionalmente receptores dos nosos viños a granel como son Francia, Italia, Portugal e Alemaña.
Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 17-03-2009 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal