bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chancro do castiñeiro
Reproduzo unha nova do 3-02-09, publicada no Boletín Galicia Rural, da Axencia Galega de Noticias.

Segundo o meu modesto entender este artigo ben de confirmar que o chancro existe, cousa que o sabemos cunha simple visualización de calquera dos soutos destas zonas. Esperemos que eso traia consigo a posibilidade de aislar as especies resistentes para logo reproducilas ou atopar algo que mate ou neutralice este virus, de non ser así en 2o anos quedaremos sen castiñeiros.

Atopan o virus que provoca o cancro do castiñeiro en catro cultivos da provincia de Lugo e o fenotipo virulento en 610 de Ourense

SANTIAGO. AGN.- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, organismo dependente da Diputación de Pontevedra, acaba de facer públicos no Boletín de Sanidade Vexetal os resultados do estudo acerca da caracterización molecular das poboacións de Cryphonectria parásita nas plantacións de castiñeiros situadas en Galicia.

Destes resultados despréndese, logo de analizar a bioloxía das poboacións de castiñeiros das provincias de Lugo e Ourense para coñecer a diversidade dos tipos de compatibilidade vexetativa e sexual, e a incidencia de cepas hipovirulentas, que un total de 610 casos illados, en cultivo, mostraron na súa maioría un fenotipo virulento e só catro illados da provincia de Lugo presentaron ARNbc, mostrando a presenza de hipovirulencia.

A Cryphonectria parasitica é o virus responsable do cancro do castiñeiro, unha enfermidade ampliamente estendida nas zonas de castiñeiros de todo o mundo, das que as únicas perspectivas actuais para o seu control baséanse no coñecemento das poboacións do fungo nos terreos afectados e a aplicación de cepas hipovirulentas.

A reprodución deste virus é principalmente asexual, xunto coa baixa diversidade de tipos de compatibilidade vexetativa e a presenza de cepas hipovirulentas compatibles cos tipos dominantes, son factores que favorecen a aplicación de técnicas de control biolóxico do cancro nos exemplares afectados de Lugo e Ourense.

Os resultados demostraron unha ampla distribución do cancro en Lugo e Ourense, detectándose a enfermidade en 78 dos 102 municipios inspeccionados, sendo a zona máis oriental de ambas provincias, limítrofe con León, a máis afectada, concretamente os municipios de As Nogais, Cervantes, Folgoso do Caurel, Navia de Suarna, Quiroga e Ribas de Sil en Lugo e O Barco de Valdeorras, O Bolo, Rubiá e Viana do Bolo en Ourense.

Pola súa banda, a hipovirulencia confirmouse, a través da extracción dunha molécula de ARNbc, en catro illados recollidos na provincia de Lugo, que todos eles compartían o mesmo hipovirus, pertencente ao subtipo E, o español, do CHV1, detectado por primeira e única vez en Navarra e, agora por primeira vez, en Galicia
Comentarios (0) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 11-03-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal