bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

adegas Docampo-Gacio,c.b.
Adegas Docampo-Gacio, C.B. é unha pequena explotación familiar que produce viño de Denominación de Orixe Valdeorras e de producción ecolóxica. Atópase enclavada en Galiza ao pé do río Sil no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
As viñas están en ladeira, nunha altitude de 650 a 700 metros, cunha orientación Nordeste-Suroeste. O clima é de transición entre continental e oceánico, as temperaturas son extremas con medias de 15 graos e a pluviometría duns 600 mm.
Tódolos traballos na viña e na adega fanse seguindo o ritmo cósmico favorable, e con total respecto pola natureza
Baixo a marca Bacelos de Biobra elaboramos un viño tinto xove coas variedades: Mencía 80% e Tempranillo 20%, e un viño branco con Godello 100%. Os nosos viños destacan polo aroma froital e pola súa suavidade.O noso é un proxecto comprometido coa defensa do medio ambiente, potenciador da cultura vitivinícola tradicional de Valdeorras e pola supervivencia da economía rural labrega.
O noso fin é producir viños sans e de calidade.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-05-2006 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Interesante ó diario, eu coñezo a experiencia no ámbito do ensino.
O problema é que supón un notable esforzo para manter unha continuidade para ilo facen#blgtk08#do e logo revisalo.
Pode ser moi interesante para os viticultores de "fin de semana" ou de "adicación parcial", que non podemos manter esa continuidade.
Comentario por Pedro Membiela (08-06-2006 13:26)
2 ¿?hai posibilidade de coñecer as bodegas, ou de pernoctar n#blgtk08#a zoa. ¿'das de dormir para pasar na zona un fin de semana.
Comentario por Merexo (22-06-2006 12:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal