bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viticultura tropical
Dun tempo a esta parte veño carteandome cun novo viticultor de compostela, con viña da comarca de Bergantiños, voulle pedir que sigamos a comunicar polo Blog, mandabame un correo no que decía:


Teño unha dúbida preocupante. Este fin de semán non puden ir a visitar as viñas, e díxenlle a miña nai que se pasase a botarlle unha ollada, chamoume onte e díxome que non tiñan nada raro, excepto que na maioria das cepas as follas mais de abaixo estaban secas, con apariencia de unha árbore cando en outono lle cae a folla. ¿Faría algo mal na poda? ¿será cousa da forte vento que houbo nestes dias? ¿terei que facerlle algo?

Eu lle contestei:

Tranquilo, non ten que ver coa poda. Había que mirar como seca, cando vaias faille unha foto e mandama por internet.
Estos días hai moita humidade polo que pode haber un ataque de mosquito verde, esto sábese ben xa que empezan a secar polas puntas e se lle miras polo envés verás pequenos vichiños nas venas.
Tamén pode ser unha antracnosis, esta é unha enfermidade de climas cálidos e húmidos (neboas, choiva, orballos) este fungo nótase porqur na folla ten grandes manchosn secos e na madeira, nas baras, empezan por puntos de cor pardo claro e logo medran e queda como manchas claras con reborde megro, esto mimo pasa nos vagos.
Tamén pode ser araña amarela..
O normal se comeza pola parte baixa é que sexa un fungo, a medida que a planta vaia subindo e a deixes a unha altura de 60 ou 70 cm. do chan ese problema pode desaparecer, de ser antracnosis dalle cobre.


A verdade e que estiven pensando e, aínda que non me mendou a foto da folla, penso que o tema pode ser dado pola salinidade do terreo.
Este é un problema que pode existir nas zonas costeiras, e nesta cos fortes ventos que sofre aínda mais.
Analizar a terra e de confirmarse a salinidade, pensar en que a única solución e buscar patróns resistentes ou poñer planta directa sen portaenxertos, a vitis vinifera plantada directamente aguanta baste ben un certo grado de salinidade.
Comentarios (4) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 02-06-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Hola, mandeiche as fotos, non sei si che chegaron, a verdade e que é polo menos curioso, son semp#blgtk08#re as últimas follas, e unha soa en cada planta, ainda que en so unha ducia delas mais ou menos.
Comentario por Juan (06-06-2007 18:55)
2 Non fun capaz de abris as fotos, mandame dunha nunha, pero debes facer unha análise de terra, fas como un corte duns 40 cm cunha pala ou batideira e colles un pouco de arriba abaixo, #blgtk08#como un Kg ou dous, metelo nunha bolsa de plástico, faslle un nudo e levala a analizar. Non sei se hai un sitio en Mabegondo, xa che mirarei o enderazo e como se fai.
un saúdo
Comentario por lolo docampo (07-06-2007 23:31)
3 Estiven ollando un pouco outras viñas da zona do albariño, hai algunhas co mesmo problema que as miñas. Onte pareime moito a observar as síntomas, coido que lle afectou o Mildiu, algunhas das follas danadas estaban con bastante pelusiña branca polo envés. Seguindo as indicacións do responsable da tenda onde merco todo o realcionado co tema, e as pautas tuas e do tratado, decidín aplicarlle tratamento, o producto merca#blgtk08#do añadinlle un pouco de xofre xa que as tronadas e humedade están a orde do dia. A mágoa foi que pola noite caeu unha forte tronada e houbo unha choiva bastante intensa, xa non sei si lle valería de algo o tratamento ou si mo lavaría todo a choiva.
Por outro lado, teño que escomenzar a darlle xeito e dirección, xa que medrar medran que da gusto velas, e xa todas pasan un bo anaco po-riba das estacas de madeira.
Comentario por Juan (11-06-2007 12:13)
4 Sei k te foches de vacacións ou xa estás coa vendimia?. Temos#blgtk08# esto moi parado. Así non saen as uvas.

SAudos
Comentario por Juan Rey (12-07-2007 11:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal