bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un acordo político sobre a reforma da PAC, do sector do viño.
O 26 xuño de 2013, despois de preto de dous anos de negociacións, a Comisión, o Parlamento Europeo eo Consello chegaron a un acordo político sobre a reforma da PAC:

O sistema de dereitos de plantación do sector vitivinícola será substituído desde 2016 por un mecanismo de xestión dinámica permite o cultivo de máis profesionais implicados, en vigor ata 2030, cun límite de plantación fixada en 1% da viña por ano.

O que vai ocorrer entón?
Tras o acordo político, deberán ser aprobados de xeito formal os textos, polo Parlamento e polo Consello, antes de finais de 2013 para que a reforma da PAC poda ser aplicada a partir do 1 xaneiro de 2014.

Falaba disto no artigo anterior, pero quero voltar ao tema para facer a miña valoración personal deste acordo político:
1- Tendo en conta que o que nos viña enriba -produto da anterior OCM do Viño dentro do anterior período da PAC- era a liberalización total das plantacións coa desaparición da regulación da produción e do mercado. Teño que manifestar a miña satisfación xa que o sector vitivinicola seguirá regulado.
2- O feito de que se permita o aumento até o 1% da superficie de viñedo, non parece un problema en Galiza, nin no Estado Español, xa que levamos perdidos nos pasados 10 anos o 15% da nosa superficie de viñedo por abandono. Posiblemente en mpoitas comunidades como La Mancha esto sexa motivado en parte polas medidas de arranque subvencionadas na propia OCM, pero no caso de galiza débese sen mais ao abandono por falla de relebo xeracional. Por que temos que pensar que se invirta a pirámide e de repente se invirta a tendencia e supoña un problema de exceso de produción?, de darse esto tardaríamos 15 anos en voltar a ter a superficie que tiñamos vai 10 anos.
3-Os produtores/as de toda Europa, as pequenas e medianas adegas elaboradoras, e as Denominacións de Orixe, viñamos anos reclamando que non se liberalizara o sector e que os dereitos deberían seguir sendo regulados polos poderes públicos. Polo que valoro como unha vitoria do sector que traballamos no modelo de calidade diferenciada no viño contra das multinacionais e ás grandes comercializadoras que pretendían a liberalización total.

Como dicia no comezo do anterior artigo deste Blog: veremos logo como o Estado ou as comunidades Autonomas fan o reparto dos dereitos, se priman as adegas ou aos xóvenes agricultores,...
... de momento os meus parabéns polo acordo político de seguir a manter os dereitos de plantación e a regulación do mercado do viño.


Comentarios (0) - Categoría: Debates sector do viño - Publicado o 17-07-2013 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal