bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ignasi Álvarez Dorronsoro, na memoria.
Souben da morte de Ignasi a finais de setembro, por unha mensaxe que me deixou Angels García Ferrer no facebook, estaba co estrés da vendima e nesas longas horas de traballo rebobinei o que o meu cerebro inconscentemente aparcara nunha vella carpeta, e que o meu conscente daba por perdido, e recreeime naqueles lonxanos anos, naquelas persoas, naquelas relacións.
Coñecin a Ignasi ao pouco do meu apear en Barcelona a traballar, e foi ao contactar co MCC para seguir militando en Catalunya no Movemento Comunista. Ignasi ao saber do meu traballo e das miñas avilidades personais propúxome que fixese un novo plantexamento e deseño do REVOLTA (voceiro mensual do MCC que se montaba e imprimía nos talleres do antigo Diari de Barcelona). Daquela pasei a sustituir a Ferrán Fernandez no deseño e montaxe do REVOLTA, e facía outro tipo de deseños e cartaces para o partido e para organizacións sociais nas que se participaba, ao mesmo tempo que me integrei por decisión propia nunha célula do fronte obreiro.
Ignasi, sempre co seu sorriso e co seu bo humor, me acolleu como ninguén e eu, rapaz da Galiza interior, con moita ansia por aprender e por vivir plenamente nesa nova realidade, deixeime que Ignasi me introduxera no mundo da ópera, da cultura catalana, da historia das loitas obreiras, …, atrevinme ao que para min eran retos de deseño e que eu nunca vira antes como separar de xeito irregular e caprichoso as columnas do formato de xornal tradicional, montado a man e a galeradas,…
Chamabame “el Manolo del REVOLTA”, animabame e valoraba o meu esforzo, pero para min Ignasi era algo mais era unha xanela luminosa a que asomarme na vida política de Barcelona. Moitos días esforzabame por ir a comer ou a estar con Ignasi polo pracer de escoitalo e de falar con el. Sabía escoitar e con bo humor transmitia seguridade ao mesmo que inquedanzas.
Grazas Ignasi por todo, polo teu activismo e entrega a causa das persoas desfavorecidas, polas túas ensinanzas, polo teu cariño, e sobre de todo por ser unha boa persoa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-10-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal