bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O MILDEU
Nesta primavera tormentosa con días de mais de 30ºC seguidos de días frescos nos que caen catro gotas, crean un certo nerviosismo no viticultor. Non sabería dicir si é medo ó MILDEU, paixón polo sulfato de cobre como remedio milagreiro contra todo ou descoñecemento da enfermidade.
Nas miñas viñas non se detectaron de momento contaminacións primarias polo que non tiven necesidade de tratar con cobre.
A contaminación primaria de Mildeu precisa de temperaturas superiores a 12 ºC e un ou dous días de chuvia, como mínimo 10 mm. As contaminacións secundarias que seguen precisan da existencia de conidios e auga líquida para o desenrolo das zoosporas. O óptimo desenrolo das conidios é aos 24ºC, inhibíndose o seu poder xerminativo aos 30ºC (Luís Hidalgo)
Outros autores falan de ao menos 2 horas de choiva en ausencia de luz e temperaturas superiores a 12ºC para iniciarse a contaminación primaria.
Detectase coa visualización nas follas da “mancha de aceite” na parte dereita correspondendo na inversa cunha zona de pelusiña branca.
Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 29-05-2006 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu atopei algunha acio con manchas de mildeu xa seco nalgunhas cepas de garnacha.Pero vamos, moi pouca cousa e localidas somentes nunha viña. Pode que nesa zona descargara algo mais algunha nube. A garnacha e o tempran#blgtk08#illo considero que son castes mais propensas o mildeu que o godello e a mencía. De todas as maneiras considero que o tempo vai moi propicio para aforrar tratamentos e a previsión de colleita e bastante alta de momento.
Comentario por manuel sanchez (05-06-2006 13:33)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal