bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A viña esta primavera
Despois de que o pasado ano fose un desastre para mín, xa que non tiven uvas por culpa das pésimas condicións clímáticas que trouxeron -nas miñas viñas- todas as calamidades posibles, ao final foi o Mildeu quen se encargou de rematar cos acios.
Os vellos de Biobra falaban de que dende o 64 non recordaba un ano tan malo nesta aldea.

O pasado, pasado está, este ano comezou para min con grande preocupación e tensión, xa que normalmente despois dun ano tan pésimo como o pasado as plantas quedan debilitadas e pode haber problemas. Quedei alucinado cunhas condicións climáticas malas, moitas tormentas, dúas veces caiu pedra, no inicio apareceron primeiros sintomas de Blak Rot (que nunca tivera antes)que secou logo; días de frio logo calor, días de caer catro gotas, outros de chuvias intensas en pouco tempo -de tormenta- ...
Con todo hoxe acabo de ver os primeiro ataques primarios de MILDEU no godello, na Mencía non vin.

Si non o vexo non o creo. Unha vexetación moi crecida, unha boa colleita, posiblemente de mais na mencía e bo equilibrio no godello.
Como é costume noutros anos por estas datas o desenrolo dos acios está sendo irregular na mencía, mentres alguns acios xa saíron da floración outros ainda están.

Toca ser vixiantes, aplicar cobre en caso de que chova e esperar a que veña calor, que falta lle fai as cepas.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 13-06-2011 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal