bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tremendismo político
Chamoume hoxe a atención o que dixo o PP sobre Castela-A Mancha, "non hai nen para pagar o salario aos funcionarios", "debense cartos a todoDiós", "está na bancarrota",....
Recordoume aquelo que aconteceu na Galiza co tema dos coches oficiais, no que a pesar de habelos mercado o PP de Fraga, Feijoo acusou ao bipartito.
Tamén me veu a memoria un pediatra de Ponferrada ao que cando acudía calquera persoa co seu cativo/a, estou a falar de vai 18 anos, el dicia: este/a cativo esta a morrer, como o traedes nestas condicións despois de levarllo ao pediatra do seguro, como non llo deixou ingresado,....
Moitos sempre soubemos que este señor usaba o tremendismo poñendo a xente no pior, para logo cunha radiografía e un sinxelo tratamento, converterse nun milagre.
O tempo pon a cada un no seu lugar, e a este persoaxe que usaba a preocupación das persoas polos seus pequenos para gañar diñeiro, así lle aconteceu.
O mesmo lle vai a acontecer ao PP de Extremadura e o mesmo lle pasaría ao PP de Feijoo nas pasadas municipais, se non fose pola enorme caída do BNG nas cidades.
Se o BNG mantivese nas cidades os resultados das pasadas municipais, outro galo cantaría en Galiza, comezando por Santiago de Compostela, o Concello de A Coruña, a Diputación de A Coruña,...

A honestidade debería ser fundamental en política, para o futuro, para o inmediato vale todo e ese todo non é nada co tempo.
Ten graza esto de falar de política e resultados electorais cando quen menos manda é a politica, e moito menos as furnas. Quen mandan son os "mercados", e a política ao intentar homologarse cos poderes financieiros e empresariais e ao esquecerse do Pobo, debería ser castigada,
pero con carcere.

Tamén neste sentido teñome que referir aos ideologos do BNG que quixeron homologar ao nacionalismo partidario cos poderosos, ou o que é parecido potenciar un empresariado autoctono, sen darse conta que os diñeiros non son de ningun pais e de selo son de paraisos fiscais.
O PP non vai ter maioría absoluta nas vindeiras elecións, e algun día serán os "mercados" quenes teñan que dar a cara xa que os políticos terán perdido toda a credibilidade.

O BNG de no reconducirse e voltarse antisistema, seguirá pagando a factura, na medida que lle corresponda. PSOE e PP a mesma merda é.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-06-2011 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal