bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A viña esta primavera
Despois de que o pasado ano fose un desastre para mín, xa que non tiven uvas por culpa das pésimas condicións clímáticas que trouxeron -nas miñas viñas- todas as calamidades posibles, ao final foi o Mildeu quen se encargou de rematar cos acios.
Os vellos de Biobra falaban de que dende o 64 non recordaba un ano tan malo nesta aldea.

O pasado, pasado está, este ano comezou para min con grande preocupación e tensión, xa que normalmente despois dun ano tan pésimo como o pasado as plantas quedan debilitadas e pode haber problemas. Quedei alucinado cunhas condicións climáticas malas, moitas tormentas, dúas veces caiu pedra, no inicio apareceron primeiros sintomas de Blak Rot (que nunca tivera antes)que secou logo; días de frio logo calor, días de caer catro gotas, outros de chuvias intensas en pouco tempo -de tormenta- ...
Con todo hoxe acabo de ver os primeiro ataques primarios de MILDEU no godello, na Mencía non vin.

Si non o vexo non o creo. Unha vexetación moi crecida, unha boa colleita, posiblemente de mais na mencía e bo equilibrio no godello.
Como é costume noutros anos por estas datas o desenrolo dos acios está sendo irregular na mencía, mentres alguns acios xa saíron da floración outros ainda están.

Toca ser vixiantes, aplicar cobre en caso de que chova e esperar a que veña calor, que falta lle fai as cepas.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 13-06-2011 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
As verdades na viticultura
As verdades na viticultura non existen, cada quen temos a nosa e non ten porqué non ser válida. Canto mais leo, mais escoito, mais anos pasamos traballando nas viñas,... Mais se me caen todas grandes afirmacións que leo, ou escoito. Na viticultura nos diferenciamos as veces en grandes cousas e conceptos, pero outras en pequenas cousas que sempre nos faran sacar un produto diferente. Esto por falar do que aportamos as persoas ao traballo de producir uvas para vinificar, que é un porcentaxe moi pouco importante -aínda que decisivo- se o comparamos co infinito traballo da natureza (simplificada nos elementos: solo, clima e microclima, situación, orientación, caste,...)

Mentras algúns/as pasan a vida intentando mirar cal sería a superficie foliar necesária por acio de uvas, como si dempois o viticultor ou viticultora fose quén de controlar e mesmo establecer eses parametros na realidade. Outros deixamos facer a natureza sen pretender saber o porque de todo o que fai e actuamos o mínimo posible e coas limitacións que temos. ao final é a realidade de cada un dos/as que traballamos as viñas as que deciden ese carácter peculiar de cada un dos nosos viños.
Esperemos que sigamos habendo moitos homes e mulleres traballando as nosas viñas para producir os nosos viños, xa que o día que triunfe o sistema industrial que prescinde da sabedoría das persoas e da cultura ancestral das nosas ribeiras, o viño pasará a ser unha bebida plana uniforme, sen matices e senpersonalidade propia. Esperemos que nunca nos gañen a batalla.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 18-04-2010 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Excelente colleita 2009
Este ano a colleita foi escasa, ao igual que os dous anos anteriores, pero de características ben diferentes (sobre todo no tinto, as temperaturas suaves do verán e a subida forte nos días anteriores a vendima deronlle unhas características as uvas diferentes. Conseguin unha madurez fenólica moi boa, graduación alta e ben de acidez.
A diferencia na elaboración con outros anos está en que rematou moi pronto a fermentación alcohólica e seguidamente fixo a maloláctica. A sensación que teño é que esta colleita vai ser excelente, pero como sempre o tempo o dirá´.
Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 21-11-2009 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xa pintan as uvas
Resulta algo complicado facer un balance, no global, da situación das viñas neste momento en Valdeorras, zonas con bastante carga e outras con pouca, dependeu da desflora, aqueles frios con vento e auga fixeron que algunhas plantas que se atopaban en plena floración perderan acios.
Polo demais é un ano moi sano, o inicio dos ciclos dos fungos veuse interrompido por días de forte calor. Como dí Manolo de Orosia: tanto teñen os que moito trataron como os que nada.
O que si se aprecia é un certo retraso na maduracion devido en boa medida a falta de calor neste verán, agora os días son mais cortos, fai frio de noite e temos fortes orballos a mañán. Ao meu entender esta lenta maduración é positiva para obter uvas de gran calidade. A ver que acontece.
Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 06-08-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de Poda
Dempois das neves, das choivas e dos frios, sae o sol e faino en lúa vella(chea/menguante) e descendente. Iste é un bo momento para as labores culturais na videira. Neste mes temos até o domingo 22, logo para o mes que ven -marzo- teremos dende o día 9 até o día 21.
Nos días que quedan polo medio podese chapodar (prepodar), cambiar postes rotos, arames, poñer tutores,...
Do día 19 ao 23 de febreiro ou do 11 ao 15 de marzo ou do 19 ao 23 de marzo; mellor polas tardes, podemos/debemos aplicar un funxicida de inverno: tintura sulfocalcica ou caldo de permanganato potásico, como mecanismo para acabar coa tiña (oidio) que vemos presente no bacelo.
Comentarios (1) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 13-02-2009 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
no Xornal
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 26-01-2009 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Enfermidade na Vide??
Esta mañán estaba esperando o Bus para ir a Biobra, para arar os bacelos, e atopeime cun coñecido experimentado viticultor que me preguntou se eu non tiña esa nova enfermidade que fai que se poñan a follas roxas, este home xa falaba que sacaran un producto novo para esta enfermidade.
Eu dixenlle que escoitara falar de que había follas roxas, eu non as vin, pero que podía ser o propio MILDEU.
Sirva esta nota do amigo LLOU, para contestar a pregunta:
O problema do cobre é que con temperaturas frescas non funciona moi ben. Eu recordo, xa fai anos, unha primavera parecida a esta, e a xente que aplicou un sulfato con moito contido en cobre danaron as cepas, producindo un enroxecemento das follas e un retraso no desenrrolo vexetativo.

Algo aprendín hoxe, grazas.

De todos xeitos LLou, eu apliquei unha man de caldo bordelés con aceite de salvia e xofre, e parei o ataque inicial de Mildeu. De seguir o tempo seco, quente e soleado como hoxe non terei problemas (de momento)
Comentarios (2) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 07-06-2008 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Ollo cos fungos nos bacelos
Esta primavera está a ser atípica, choiva e frio, con ratos de sol e temperaturas suaves. No godello xa vin o inicio do ciclo do Mildeu, mañán toca dar Cobre mesturado con Aceite de Salvia. No Tempranillo (arauxa, castellana...)non se vei enfermidade ningunha pero está moi retrasado o nacemento dos acios, non tanto a vexetación. A méncia está fermosa, un bo equilibrio de acios por planta, un crecemento vexetativo moi regular (hai xente que se queixa que este ano o medre da vexetración é irregular)e non vexo nada de enfermidade. De momento só apliquei esa tempada de atrás Xofre en pó, posiblemente volte a aplicalo na semán que ven.
En Valdeorras o grande problema que hai é o Black Rot (peste negra), eu non teño, pero vin viñas con moitas manchas desta enfermidade nas follas.O fastidiado é que a única solución é que mude o tempo e veñan temperaturas altas sen choiva.
Necesitamos calor e que pare de chover para ter unha boa colleita.
Comentarios (2) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 30-05-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
Negueira de Muñiz terra de viño
O pasado domingo fun de acompañante de Charo Sanchez Parga a Negueira de Muñiz, onde ela interviña nunhas xornadas sobre o monte.
Nunca estivera neste val tan fermoso e foime moi agradable comprobar personalmente aquelo que me falaran algunha vez compañeiros/as do SLG que era terra de viño. Certamente unha ribeira con moita gracia que espero visitar mais veces.
Comentarios (2) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 22-04-2008 22:14
# Ligazón permanente a este artigo
Plantando oliveiras en Valdeorras.
Nestes días estivemos a plantar oliveiras en Valdeorras, era un antigo proxecto meu, promovido dende o Sindicato Labrego Galego e financiado por AGADER.
O importante deste proxecto non é só o feito da diversificación das produccións, ou a recuperación das variedades autóctonas, das practicas de cultivo xa esquecidas no olivar, etc.
O mais importante é a ilusión dos viticultores e viticultoras que forman parte do proxecto teñen depositado na olivicultura e en desenrolar un proxecto colectivo para a elaboración de aceite.
Dende aquí o meu agradecemento a Mónica, Técnica da Asociación de Viticultores do Sil, polos seus desvelos e traballo neste proxecto.
Está a sair moita xente que quere plantar para o vindeiro ano, intentaremos ir a mais.
Comentarios (0) - Categoría: Diario dun Viticultor - Publicado o 22-04-2008 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal