bioviticultor de valdeorras


Este é o Blog personal dun viticultor, nel podes atopar reflexións para o debate do sector do viño e da Agricultura Ecolóxica, tamén apuntamentos sobre viticultura, enoloxía ...

O meu perfil
manueldocampo@valdeorras.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pechouse as Uvas na Solaina
Non me gusta colgar aquí aqueles recordos que forman parte da nosa intimidade, Marcos Valcarce é das persoas que quedaran no meu recordo mentras dure.
Recordo algúns encontros cando compartimos candidatura polo BNG ao Senado, nalgunhas xuntanzas,
comendo o botelo na miña casa, na túa visita a miña adega, algunha presentación dos teus libros, e outros momentos mais tristes.
Algunhas veces adentreime no teu blog, pero non me atrevín a colgar comentarios nin cando falaches da túa estancia na miña adega,o blog tiña moito nivel.
Funte a despedir ao Tanatorio das Burgas, pero faltabame facelo no meu Blog.
Grazas Marcos por ese tempo que compartimos e por ser un blogueiro exemplar.
Comentarios (0) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 04-01-2011 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Mario co carro de herba
Esta foto que lle fixen hoxe a
Mario en Biobra, posiblemente dentro de poucos anos non será posible. Mario escolleu ser labrego, e está orgulloso de selo, a pesar de desprazarse en coche nunca renunciou as vacas para facer os traballos do campo. Cando eu era neno era común ver as vacas xuncidas acarrexando a herba, as uvas, as gallas, as patacas...; agora é unha casualidade. Grazas Mario
Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 04-06-2009 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chancro do castiñeiro
Reproduzo unha nova do 3-02-09, publicada no Boletín Galicia Rural, da Axencia Galega de Noticias.

Segundo o meu modesto entender este artigo ben de confirmar que o chancro existe, cousa que o sabemos cunha simple visualización de calquera dos soutos destas zonas. Esperemos que eso traia consigo a posibilidade de aislar as especies resistentes para logo reproducilas ou atopar algo que mate ou neutralice este virus, de non ser así en 2o anos quedaremos sen castiñeiros.

Atopan o virus que provoca o cancro do castiñeiro en catro cultivos da provincia de Lugo e o fenotipo virulento en 610 de Ourense

SANTIAGO. AGN.- A Estación Fitopatolóxica do Areeiro, organismo dependente da Diputación de Pontevedra, acaba de facer públicos no Boletín de Sanidade Vexetal os resultados do estudo acerca da caracterización molecular das poboacións de Cryphonectria parásita nas plantacións de castiñeiros situadas en Galicia.

Destes resultados despréndese, logo de analizar a bioloxía das poboacións de castiñeiros das provincias de Lugo e Ourense para coñecer a diversidade dos tipos de compatibilidade vexetativa e sexual, e a incidencia de cepas hipovirulentas, que un total de 610 casos illados, en cultivo, mostraron na súa maioría un fenotipo virulento e só catro illados da provincia de Lugo presentaron ARNbc, mostrando a presenza de hipovirulencia.

A Cryphonectria parasitica é o virus responsable do cancro do castiñeiro, unha enfermidade ampliamente estendida nas zonas de castiñeiros de todo o mundo, das que as únicas perspectivas actuais para o seu control baséanse no coñecemento das poboacións do fungo nos terreos afectados e a aplicación de cepas hipovirulentas.

A reprodución deste virus é principalmente asexual, xunto coa baixa diversidade de tipos de compatibilidade vexetativa e a presenza de cepas hipovirulentas compatibles cos tipos dominantes, son factores que favorecen a aplicación de técnicas de control biolóxico do cancro nos exemplares afectados de Lugo e Ourense.

Os resultados demostraron unha ampla distribución do cancro en Lugo e Ourense, detectándose a enfermidade en 78 dos 102 municipios inspeccionados, sendo a zona máis oriental de ambas provincias, limítrofe con León, a máis afectada, concretamente os municipios de As Nogais, Cervantes, Folgoso do Caurel, Navia de Suarna, Quiroga e Ribas de Sil en Lugo e O Barco de Valdeorras, O Bolo, Rubiá e Viana do Bolo en Ourense.

Pola súa banda, a hipovirulencia confirmouse, a través da extracción dunha molécula de ARNbc, en catro illados recollidos na provincia de Lugo, que todos eles compartían o mesmo hipovirus, pertencente ao subtipo E, o español, do CHV1, detectado por primeira e única vez en Navarra e, agora por primeira vez, en Galicia
Comentarios (0) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 11-03-2009 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Encantado de recivir visitas
En agricultura ecolóxica é bo establecer contacto entre o productor-elavorador e o consumidor/a. Coñecer a explotación, o entorno,a persoa que traballa para que ese producto saia é importante; como é importante situar o producto no seu medio e no seu espazo natural.
A nosa adega está aberta cando precisedes, previo aviso chamando ao telefono: 676741094.
A adega non ten vivenda polo que non dispoñemos de aloxamento, de todos xeitos a nosa proximidade co Barco e co Bierzo fai que teñamos establecementos perto de nós, esperemos que en pouco tempo se fagan establecementos de turismo no propio Parque Natural.
Hotel con encanto na Barco
aloxamento, Oencia (Bierzo)
Parque natural serra da enciña da lastra
Comentarios (1) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 25-06-2006 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Visita do OSO a Serra
Estes día visitounos un oso pardo, estes animais vense esporádicamente nos Ancares e ata no Caurel, vai uns anos comeu mel nas colmeas do Mazo, e nesta ocasión tocoulle ás do Paco Martinez Velasco no Porto.
Comentarios (1) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 16-05-2006 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
unha Bubela
Bubela común (Upupa epops)Este día vin unha bubela en Biobra,preciosa, voou até unha impresionante nogueira que teño fronte a adega e deixouse observar -pena dunha cámara de fotos-Din por alí que había anos que non se vian bubelas. Espero que sigan vindo.
Comentarios (1) - Categoría: do Parque Natural SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA - Publicado o 07-05-2006 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal