manda carallo!


«Dende nacer a morrer, aprender»

johakas fuco
 TEMAS
 RECOMENDADOS
 BUSCA NO MEU BLOG
 BUSCA BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

xa vaaai...
En xuño retomo este blogo, hai cousas que requiren ser contadas: remate de curso, verán en suiza, futuro proxecto empresarial, horizontes non tan afastados de independencia económica... Moitas cousas. Veremos, pois.

Deica a próxima! ;)
Comentarios (0) - Categoría: 1) blog - Publicado o 16-05-2007 02:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
terapia orteguiana
Don José Ortega y Gasset vaise converter no meu psicólogo persoal. Voume pór con Unas lecciones de metafísica (clic para ver un breve comentario e incluso para descargar textos completos). Recomendable para tod@s. Aquí tedes unhas citas ao chou:

-"El que acepta la vida debe acometer el esfuerzo de tener que construírsela."

-"Yo soy yo y mis circunstancia, y si no la salvo a ella no me salvo yo."

-"Camina lento, no te apresures, que a donde tienes que llegar es a ti mismo."

-"No podemos postergar la vida hasta estar preparados para ella. La principal característica de la vida es su coercitividad. Siempre es urgente, aquí y ahora sin postergación posible. Nos disparan la vida a quemarropa."

-"El mundo cobra sentido, no en cuanto existe en sí mismo, sino en cuanto existe conmigo..."



Marcho que teño que marchar. (Currás) xD
Meditaciones
Comentarios (0) - Categoría: 2) diario - Publicado o 12-01-2007 02:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
pechado por estancamento mental
Estamos a darlle voltas ao coco e non teño nin tempo nin ganas nin xeito para escribir nada no blogue e, inda que levo bastante tempo sen escribir, adianto xa que o máis probable é que siga sendo así outro tanto.

Saúdos a tod@s, felices festas e a darlle duro no 2007!! ;D
novafantasia.com
Comentarios (1) - Categoría: 1) blog - Publicado o 26-12-2006 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Benaventuradas sexan as boas xentes...
Unha noite de carallada na capital galega. Decátome de que teño un paquete de tabaco na man, baldeiro. Esmágoo. Pastilla vermella: Guíndoo ao chan. Paquete? Que paquete? Pastilla azul: Métoo no peto e xa o tirarei nunha papeleira ou así. Elixo a pastilla azul. Ao cabo dun anaco, quero facer un peta e busco os porros. Pero non aparecen por ningures. Só me queda mirar no paquete de tabaco baldeiro que teño esmagado no peto. Digo: que se fagan os petas! Sacudín o paquete na man e, oh, milagre, velaí os tes.

Merecido está. Ou que? ;D
Comentarios (1) - Categoría: 2) diario - Publicado o 13-10-2006 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Juan Luís Galiardo
Juan Luís GaliardoHoxe, logo de cear e a piques de empezar a premararme para saír de carallada, cadrou que puxen a televisión na primeira canle (a de "todos", seica xD) e estaban a retransmitir unha entrevista co actor español Juan Luís Galiardo. Daba a imaxe de ser un tipo moi culto e consecuente, e amosaba moita sabedoría e profundidade en todo o que dicía. Entre outras cousas, quedeime cunha frase que lle dixo o seu psiquiatra (un tal 'Manolo' Trujillo, profesor de universidade en Nova York e colega de Rojas Marcos): "A ti te he encontrado en una carretera vecinal conduciendo el coche de tu vida desde el asiento de atrás; yo voy a ponerte en el asiento del conductor y voy a llevarte a la autovía". Así que non me quedou máis remedio que tomar nota.

Aí queda iso. xD
Biblioteca virtual de literatura universal en galego
Comentarios (2) - Categoría: 2) diario - Publicado o 24-09-2006 00:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ós poucos xD
Teño isto algo abandonado pero é que ando a mudar un pouco de aires e non teño moita gana de me pór a escribir na... Cando repoña forzas xa lle darei duro xD
Comentarios (0) - Categoría: 1) blog - Publicado o 23-09-2006 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O sentido da vida

Había empezado a refrescar y el aire me golpeaba en la cara. Entonces tuve la impresión de estar viviendo un acontecimiento de consecuencias imprevisibles y cuya evolución me concernía personalmente, aunque todavía ignoraba de qué modo. Un poco más tarde, ya en la cama, contemplando las estanterías vacías de mi habitación, pensé que las cosas que sucedían en este lado de la existencia, incluso las malas, tenían un sentido preciso, un significado. Y eso era para mí completamente nuevo, porque hasta entonces la realidad estaba simplemente ahí fuera, llena de árboles o de tenedores, de gatos o automóviles, todo revuelto, como el cajón de mi mesa. Ahora, sin embargo, me parecía que cada una de esas cosas formaba parte de un entramado general, de manera que unas dependían de otras, como las piezas de un rompecabezas. Y yo, para bien o para mal, formaba parte de todo aquel conjunto por descifrar. Más tarde, cuando fui capaz de poner palabras a aquel vendaval de sensaciones, supe que la tarea de desciframiento equivalía a encontrar el sentido de la vida. O su ausencia, que también es una forma de dirección.


Fragmento de El orden alfabético, de Juan José Millás.
Asociación de Tradutores Galegos (ATG)
Comentarios (2) - Categoría: 5) citas - Publicado o 23-09-2006 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
cultura libre
"Unha cultura libre apoia e protexe a creadores e innovadores. Faino directamente concedendo dereitos de propiedade intelectual. Pero faino tamén indirectamente limitando o alcance destes dereitos, para garantir que os creadores e innovadores que veñan máis tarde sexan tan libres como sexa posible do control por parte do pasado. Unha cultura libre non é unha cultura de propiedade, do mesmo xeito que o libre mercado non é un mercado no que todo é libre e de balde. O oposto a unha cultura libre é unha «cultura do permiso» -unha cultura na cal os creadores logran crear só co permiso dos poderosos ou dos creadores do pasado."

De Por una cultura libre. Cómo los grandes grupos de comunicación utilizan la tecnología y la ley para clausurar la cultura y controlar la creatividad, de Lawrence Lessig.

(tradución miña ao galego, cos riscos que iso conleva)


Podes mercar e mesmo descargar de balde o libro aquí.



P.D. Pendente contestar comentarios!
Traficantes de Sueños · Librería · Editorial · Distribuidora
Comentarios (2) - Categoría: 5) citas - Publicado o 01-09-2006 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sobre profetas, enviados e sacerdotes
Sempre houbo persoas que din falar en nome de Deus. Éche moi doado, ti tamén podes facelo.

Coa escusa de salvarnos dos nosos medos, inventan outros para que sigamos fieis a estes enviados. Deus non ten persoas nin pobos elixidos: é demasiado grande para caer nesas cuestións tan mesquiñas propias de humanos estreitos de miras.

En canto din falar no Seu nome, inventan un Libro, unha doutrina. Inmediatamente, inventan ritos e rodéanse dunha xerarquía. Empeza o exercicio de poder. Comezarán a se enriquecer e serán intocables: son os enviados de Deus.

¡Pobres dos que caen nas súas mans!: baldeiraránlle-los seus cartos, a súa vontade e a súa mente, quedarán atados ao rito e non haberá máis verdade cá do seu enviado.

Inventarán o pecado: á súa propia conveniencia. Só a túa conciencia diráche o que está ben e o que está mal.

Inventarán un inferno: empregarán a súa imaxinación para atemorizar cada vez máis. Iso si que é pecar.


(fragmentos do I Ching ou O Libro das Mutacións)
Comentarios (3) - Categoría: 4) textos breves - Publicado o 25-08-2006 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O egoísmo (zen)
O Primeiro Ministro da Dinastía Tang foi un heroe nacional polo seu éxito como estadista e como líder militar. Pero a pesar da súa fama, poder e saúde, considerábase humilde e devoto budista. Ás veces visitaba ó seu mestre Zen favorito para estudar con el, e semellaba que se levaban ben. O feito de ser primeiro ministro parecía non afectar á súa relación, que semellaba ser a dun venerado profesor e un respetuoso alumno. Un día, durante a súa visita usual, o Primeiro Ministro preguntoulle ó mestre: "Súa Reverencia, ¿que é o egoísmo de acordo ó budismo?" A cara do mestre volveuse rubia e, cunha voz condescendente e insultante, respondeulle: "¿Que clase de pregunta estúpida é esa?" Esta resposta inesperada impactou tanto no Primeiro Ministro que ficou calado e furioso. O mestre Zen sorriu e dixo: "Isto, Súa Excelencia, é egoísmo."
CiberIrmandade da Fala: un povo · unha rede · unha fala
Comentarios (1) - Categoría: 3) historias - Publicado o 22-08-2006 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal
«Que a vida non me sorprenda xamais desprevido, calado e neutral» LOIS PEREIRO (1958-1996)