Mancunianus Elueniensis
<language>ga</language> 
Reincidencia
   <description><![CDATA[Vai xa para un ano dende que por última vez visitei este recuncho inmaterial no que durante un tempo pretendín ocultar a pouca creatividade que circulaba polos meus maltratados miolos. Así vos é a vida. O que un día comeza como unha ilusión, un desafío e un desafogo pasa logo a se converter nunha efémera formalidade que non fai máis ca roubar tempo. Ao final, o esquecemento encárgase de pechar calquera ventá de luz que poida alumear o caderno do escriba cibernético. 
Despois dun longo paréntese de turbulencias mentais e carreiros cheos de fochancas, retorno hoxe con aleivosía e nocturnidade ao desafío do pasado, ao engado da ilusión por vomitar a miña mente e (parte d)a miña vida neste pequeno socalco de ideas, ocorrencias e comentarios cosidos polo fío unitario dun galego perdido en Mancunia. Louvado sexa!
Loito Vial
   <description><![CDATA[Hoxe as palabras saen como bágoas das miñas mans. Hoxe o meu curruncho virtual está de loito polas dúas almas que se precipitaron fóra desta vida neste tranquilo paraíso. Hoxe a miña mente é incapaz de arredarse da imaxe dos dous cadaleitos entrando e saíndo da igrexa no seu derradeiro peregrinar lastimoso cara a escuridade eterna. Son as dúas últimas víctimas das nosas estradas. Mais tamén foron víctimas da inconsciencia da súa xuventude, da cegueira do exceso de confianza e, probablemente tamén, dunha cultura vial que gotiña a gotiña está a desangrar todo un país. 
O caso é que cada día, cada semana, máis e máis xente se deixa a vida no asfalto e, demasiadas veces, por non seren capaces de recoñecer a responsabilidade que significa conducir un coche ou unha motocicleta por unha estrada. De todos é sabido que nos poñemos o cinto de seguridade para evitar multas, o igual que o casco, en lugar de para evitar consecuencias aínda máis terribles nun hipotético accidente. A nosa cultura vial ensínanos que a velocidade é algo fantástico que proporciona unha sensación inimitable. Tamén fai que no mesmo momento que nos sentamos ao volante nos transformemos nun Mr Hyde que sinte total indiferencia polas normas de circulación, cando non desprezo. Non importa que as campañas publicitarias nos mostren vivamente o realidade das traxedias, “a nós nunca nos pasará” pensamos. De nada vale que nos traten coma nenos de primaria comerciando con puntos. De nada vale que aumenten os controis de alcolemia (sempre hai atallos). De nada valen os radares sementados polas estradas: quen non se gabou de ter un detector no seu GPS? O cume da hipocrisía neste innovador ‘terreo’ vino no anuncio dun deses novos aparellos que xustificaba o detector así: “yo siempre conduzco con precaución, pero así voy más tranquilo...” Máis tranquilo? 
Supoño que cando nos toca un caso destes próximo, sempre estamos moito máis sensibles, pero hoxe só me apetecía falar do moito que nos xogamos cada vez que cóllemos o coche (ou moto) e da pouca importancia que lle damos. As cifras de mortos seguirán aumentando nestas datas, non hai outra. Igual só nos resta preguntar “quen será o seguinte?”, pero polo menos debemos facer o posible por non sermos nós...
Eterno Retorno
   <description><![CDATA[O ser humano é inconformista por natureza, funciona por impulsos emocionais. Así foi este meu primeiro ano na blogosfera. No comezo, aló por setembro, non daba co tempo para escribir novas entradas e colgalas. Dez meses despois, o traballo secou a miña inspiración, nunca excesivamente promíscua, para contarvos, amigos virtuais, as miñas historias mancunianas. Non sucumbirei, sen embargo, e tentarei manter esta fiestra aberta á miña vida no exilio (voluntario). Agora, cando comezo a miña invernación estival na casiña, volvo a vista atrás e vexo un ano cheo de dores de cabeza, liñas contadas e novas amizades que atopei polo camiño. A modo de 'update' fago un repaso polos últimos meses.
A parte de remata-lo ano académico cun panel de investigación da miña tese (no que básicamente lle conto a tres profesores como vai o meu traballo e ata onde espero que me leve) e do natural apuro por deixar todo listo e disposto para un verán de escritorio e ordenador, o máis salientable das últimas semanas foi a miña viaxe a Bangor (Gales) por mor dunha das múltiples conferencias que salpican o calendario primavero-estival.
Adoro Gales. Será porque me recorda a Galiza, ou só porque é incriblemente fermoso. Dá igual, o caso é que me encanta. A viaxe en tren mereceu ben o infame prezo que tiven que pagar. Unha vez cruzada a fronteira inglesa por Chester, a paisaxe dalle a benvida ao viaxeiro co seu verdor infinito. Ademáis, a liña Chester-Holyhead (no curruncho noroeste do país - na illa grande da imaxe) camiña paralelo ao mar de Irlanda. Non fai falla dicir que os castelos que salpican as vilas polas que pasamos fan a visión aínda máis captivadora para un aficionado a medievalista. É irónico pesar que as construccións 'colonialistas' dos monarcas ingleses para controlar aos celtas desta rexión sexan hoxe motivo de orgullo nacional galés. 
Pero Bangor decepcionoume. A vila (eu coido que non chega a cidade) está asentada entre dous montes. Dende un deles vixía ameazadora a crecente universidade. Igual me perdín algo, pero a min pareceume que non había moito que ver: unha rúa comercial e unha 'catedral' do tamaño da igrexa parroquial de Alveos (ben, igual non tanto...). Agora entendo por que non aparece nunca nos calendarios e libros fotográficos de North Wales.
A conferencia? Igual de decepcionante apesares dos esforzos das organizadoras. Como xa é habitual, houbo problemas tecnolóxicos que me impediron amosa-las imaxes que tiña preparadas para paliar o profundo aburrimento da miña proposta. Sentino polos incautos que decidiron quedar a escoitala. En fin, é o que ten mesturar a idade media con Mr Gates. 
PS.- A imaxe atopeina aquí.]]></description>
Flight of the Conchords
Esta fin de semana baixei a Cambridge a unha desas monótonas conferencias de posgrao nas que un grupo de alunos de doutoramento se pasan o día enteiro falando das súas interminables e aburridas teses (eu inclúome no paquete, claro). Se aínda por riba o acontecemento ten lugar nunha cidade coma esa, parece que até hai que mudar o acento para que non te miren por riba do ombreiro. 
O caso é que ao fin do día o asunto tampouco estivo tan mal, a min non me tiraron nen tomates nen nada (igual porque fun o último en falar e ás seis da tarde xa estaban todos demasiados fartos como para preocuparse dun 'galeguiño conta-liñas' a falar de manuscritos algo esfarrapados...).
Ceamos nun salón do Trinity College, a cousa moi fina, como imaxinades. A comida estaba boa, pero das trinta libras por cabeza que nos 'cravaron' non son salvou ninguén... Dalí marchamos a un lugar algo menos fino pero moitísimo máis tradicional: un verdadeiro pub inglés onde as pintas de cervexa van(cheas) e veñen(valeiras) como as follas no outono. Tres horas despois xa poucos recordabamos os nomes dos que sentaban a nosa beira...
Para remata-la noite, un dos anfitrións insistíu en que os poucos invitados que quedabamos foramos a súa casa ver un vídeo dun dúo músico-cómico da Nova Celandia. E aló fomos, total cedo xa non iamos chegar.... Asegúrovos que foi o mellorciño da miña estancia alí. Fanse chamar 'Flight of the Conchords' (O vó dos Con-cordas, ou algo así), son neocelandeses e fan o que eles chaman 'parodia-folk' ou 'digi-folk' ou 'folk-pop-comedia'. Chamádelle como queirades, pero son boísimos, tanto músicos coma, especialmente, compositores. As súas letras falan da vida real, pero dende unha perspectiva moi moi especial... Aquí vos deixo uns petiscos: Jenny, Issues, Albi, hiphopopotamus vs. rhymenoceros, She's so hot...Boom!]]></description>
A miña primeira vez
   <description><![CDATA[Hoxe fíxeno. Por fin. Foi a miña primeira vez. Ben, a miña primeira vez neste país. E a verdade foi toda unha experiencia. Dende que souben que tiña a ‘posibilidade’ de facelo, non parei de darlle voltas á cabeciña pensando en como sería. Son ese tipo de cousas que hai que meditar antes de ir de ‘espabilado’ e metela zoca até o fondo. Ademais, o feito de ser aquí mudaba un pouco as cousas. De todos é sabido que @s británic@s son algo ‘especiais’ para todo, e para isto igual máis. A verdade é que tampouco parece que lle dean demasiada importancia. Igual é que o fan con moita frecuencia... Sorte que teñen. Nós, os galegos, tampouco é que vaiamos ‘sobrados’ (e sei que falo por moitos...). Persoalmente non me importaría repetir con máis frecuencia, aínda que atopo os ‘preliminares’ un chisco aborrecidos de máis para algo que non dura máis ca un par de minutos...ou se cadra menos!
Igual convides comigo en que as primeiras veces adoitan ser algo decepcionantes. Si, xa sei, é todo moi inocente e cremos que por facelo xa somos ‘maiores’, pero tampouco é para botar foguetes, a verdade. Desde que sabemos que o imos facer comezamos a maquinar na responsabilidade que temos nas mans, na importancia de facelo ben (pois non sabes cando repetirás!). E para que? Érgueste cediño, non sabes que vestir, ata parece que almorzas menos do normal para chegar, facelo e marchar para casa cunha insoportable sensación de vacío e inquietude. Como se soubeses de certo que non estiveches á altura das circunstancias. 
En fin, a ver se para a próxima me presta máis. Isto de votar nas eleccións locais de Inglaterra tampouco é para tanto....  
P.D.- Este texto escribino o pasado xoves, 3 de maio, no tren a Cambridge. Cousa aburrida de viaxe, chico!]]></description>
Vidas Infinitas
   <description><![CDATA[Son case as sete da mañá. Mentres agardo por un bus que me leve a estación de autobuses, unha ducia de pombas dan conta dos restos de lixo da noite anterior que estruman o piso da parada. Un día máis latas de cervexa, basos plásticos e innumerables restos de comida (pizzas, kebabs,...) dan testemuña das consecuencias dunha (in)consciencia ambiental pasada por litros e litros de alcol. En fin, algo digno doutro post. 
Submerxido na música que sempre me acompaña nos desprazamentos de máis de cinco minutos, a miña mente continua a despreguizarse. Isto de espertar ás seis non pode ser cousa boa. Nesas estou cando un velliño se me achega e me pregunta a que hora comezan a circular os ‘vitrasas’ desta cidade. ‘’Deberían ter comezado a iso das catro’ respóndolle. E é así como comeza unha conversa que nos leva aos dous ata o mesmo corazón loxístico desta urbe (ou sexa, á estación de autobuses). O simpático ancián en cuestión, Tom, cóntame durante o traxecto a súa extensa historia vital que supera xa os oitenta anos. A ver se me lembro: 
O home comezou a traballar con dezasete anos na sala de máquinas dun buque mercante en Londres. Despois de percorrer medio mundo en tempos da segunda guerra mundial (seica só un de cada seis mariños da ‘epoca regresaban a terra: os alemáns preferían afundir barcos civís.....eran menos perigosos), foi traballar a unha empresa de motores xa en Manchester. Vinte e moitos anos estivo alí. Coido que foi neste período cando coñeceu a unha madrileña coa que casou e tivo unha filla. Díxome que estivera unha soa vez en España, pero disque non lle quedaron gañas de volver: ‘case afogo de tanto calor que alí facía’. Hai xa algúns anos que se separou da muller, que ficou coa casa que tiñan no barrion no que eu vivo. El ten a súa pretiño de Old Trafford, o ‘teatro dos soños’. Desafortunadamente, unha noite do pasado mes de outubro o lume devorou boa parte da vivenda e moitos dos recordos que nela gardaba (incluído o boneco dun toureiro ‘cañí’ co seu nome: seica o toreo é o mellor recordo que ten do país do flamenco...). Por ser de noite tardou demasiado en decatarse do lume, pero máis tardaron os bombeiros: catro horas! Non deixa de ser irónico que vivindo á beira dun dos iconos desta cidade, os apagalumes teñan que vir dende a outra punta da mesma.  Todo rematou con cinco días de hospital por inhalación de fume e co tellado cuberto cun plástico. Hoxe, mentres agarda a que lle reparen a casa, vive nun piso alquilado en Fallowfield, na mesma área ca min e que a súa ex-muller, a quen di non visitar ‘por se a atopo con outro na casa...’
Hai que ver que cousas se pode atopar un un sábado ás sete da mañá.
Desculpa lá, pá! Não estou a perceber!
   <description><![CDATA[Leo na rede que o presidente galego tivo que utilizar un traductor para se entender co presidente da República Brasileira. Outro exemplo, e xa son demasiados, do ridiculismo linguístico no que as linguas ibéricas viven somerxidas dende hai séculos.
Non hai moito tempo compartía un café nunha tasca universitaria mancuniana con dúas persoas: unha de Porto, a outra de São Paulo. Os tres utilizamos naquela conversa cadansúa lingua materna e o tres fomos capaces de comprender e interactuar sen máis incoveniente que un par de vocablos de tipo informal. Estou seguro que o mesmo sucedería se os outros falantes foran de Angola, Cabo Verde ou Macau. A interacción do galego con calquera das formas do portugués moderno está ao alcance de calquera falante deste curruncho ibérico. Bastaría con ter a vontade de entender. 
Son moitas as persoas que eu coñezo a esta beira do Pai Miño que din non comprender a lingua de Pessoa, mais cando van mercar aló comunicanse sen nengún problema porque cren que para un luso é máis doado entender galego ou, no seu defecto, castelán. Do outro lado, a situación non parece máis alentadora. Por que se non cada vez que uso a miña lingua nun establecemento lusitano me responden nunha especie de castelán? Por que sempre me din 'grasias'? Acaso cren que non entenderei un simple 'obridado'?
Na miña humilde opinión, todo isto reflexa un grave problema de inconsciencia colectiva ao respecto do pasado lingüístico e cultural galego-portugués. Para os 'miñotos do norte'(dende Tui ata Viveiro) a lingua portuguesa é case tan foránea coma o francés ou o italiano. Ademáis, a percepción histórica dos portugueses é tan negativa que facer un esforzo por entendela súa fala é case tanta baixeza como tentar falala. Por que se non se ofenden tanto os celtistas cando lles/nos chaman 'portugueses' dende 'la coru'? Por que cando algunha celebridade castelán-parlante pretende falar galego o describimos como: 'un portugués falando castelán'?
Mentres tanto, percibo que ao sur a idea do galego como lingua simplemente non existe, por tanto tampouco a posibilidade de que os galaicos comprendamos directamente a súa. Coido que para moitos portugueses (e brasileiros - pensade nos 'futebolistas') os galegos non somos moi diferentes dos madrileños ou valencianos, iso sí vivimos máis preto. Só así explico que cando un 'gasho' vai mercar ao Corte Inglés de Vigo utilice SOAMENTE a lingua de Cervantes. Evidentemente, non se pode xeralizar nin dinha beira nin da outra.
A miña finalidade aquí non é escribir un artigo sobre a situación sociolingüística na que se desenvolve este irritante proceso, por iso deixo a un lado cousas como o feito de que o castelán sexa considerado como unha fala 'superior' a calquera das dúas.
Hai xa ben anos un profesor da facultade díxonos que os galegos tiñamos o privilexio de poder percorrer máis de medio mundo utilizando só as dúas linguas que aquí falamos: galego e castelán. Qué razón tiña, mágoa que os galegos nin nos 'percebamos'....
ps.- na imaxe, o Pai Miño une Tui e Valença.]]></description>
O noso patrimonio II - Sta. Cristina de Parada do Sil
   <description><![CDATA[Por fin estou de volta na terriña. Unhas poucas semaniñas de descanso nunca veñen mal, e menos cando se conta cos coidados da maiciña e da avoíña....
E para non perder os bos costumes, esta fin de semana pasada volvemos perdernos pola Galiza máis descoñecida pero máis fermosa e, sen dúbida, espectacular. O pouco que coñecía da Ribeira Sacra ata agora ocupaba un lugar predilecto no meu corazón, pero desde que visitamos o mosteiro de Santa Cristina en Parada do Sil, debo admitir que me roubou o 'sentío' un pouco máis. A estrada, máis galega que a subida ó Monte Aloia, marearía ao inventor da Biodramina de non ser polos profundos montes de carballos e castiñeiros que parecían esconder o coche das últimas raiolas de sol do inverno. Mágoa que estivesen todos espidos de follas...
O mosteiro en sí atópase na ladeira que descende ata o río Sil. Dende a vila de Parada do Sil baixamos por unha estrada en forma de serpe que non deixou indiferente a case ningún dos que me acompañaban (non sí, Aniña?).  O edificio foi reconstruído a finais dos anos 90 e a súa condición é simplemente aceptable, aínda que se nota que hai tempo que ninguén lle presta moita atención. 
Igual que noutros casos da mesma área, a canteiría da igrexa e do que queda do claustro esconde verdadeiras xoias románicas (e de épocas máis tardías) coma o arco que une o atrio da igrexa e o claustro (á esquerda da portada na imaxe). Ademáis, dende o balcón reconstruído recentemente podemos desfrutar dunha reconfortante vista sobre o cañón do Sil e algúns dos bancais de viñedos dos que saen os seus afamados caldos.
O único pero que eu lle poría á presente situación do mosteiro é a falla de paneis informativos dentro do complexo e a falla de vixiancia que impida grupos de 'pastilleros' que non teñen mellores lugares para fumar os seus canutiños...]]></description>
I do Anglo-Saxon!
   <description><![CDATA[Hai uns días a universidade de Manchester anunciaba a bombo e platillo a fichaxe do que algúns consideran o mellor novelista británico. Un tal Martin Amis. Na súa nova política de facer que a institución sexa coñecida e nomeada nos medios de comunicación, os dirixentes universitarios non escatiman en gastos para atraer a estas figuras de renome aínda incluso a unha facultade que non ten un peso para que os seus alumnos de doutoramento vaiamos a conferencias polo país adiante.
O caso é que, co gaio do anuncio da chegada do ‘enfant terrible’ da literatura contemporánea británica, a BBC decidiu visitar o seu novo departamento na noutrora chamada Facultade de Artes. E así chegaron á oficina de posgrao unha reporteira é a súa colega cámara á procura dalgunhas verbas de benvida dos doutorandos para a nosa nova “estrela” do Creative Writing.
Sen embargo, a deusa Fortuna quixo que na oficina só estivesemos o meu colega americano AA e mais eu. A simpática periodista diríxese ao meu amigo e pregúntalle se quere facer algún comentario acerca da chegada do escritor.
- Martín quen? Amos?
- Non, Amis, Martín Amis, o fillo de Kingsley Amis.
- Nin idea.
- E logo ti non estudas aquí?
- Si.
- Are you an English student?
- No, I DO ANGLO-SAXON. (esta foi a frase máis memorable que escoitei nos últimos anos...)
A rapariga, con rostro sorprendido, vólvese cara o meu recuncho e pregúntame se eu sabía da historia, ao cal contestei que algo ouvira na prensa. 
- Daquela, queres facer algún comentario?
- I’m sorry, I’m Spanish, I don't really know him....
E así foi como a cadea de televisión que foi capaz de facer o mellor documental de natureza da historia foi incapaz de sacar un só comentario (nin positivo nin negativo) do novo departamento do “famoso” novelista Martín Amis. 
Cousas verás, amigo Sancho....
ps.- Imaxe obtida aquí.
Introducing the Book
Por que os libros non traen manual de instruccións?]]></description>