Ás veces as aldeas perden a voz que lles é própria. Dende Sanguiñeda, Malvela é unha xanela aberta a través da que saen limpos e frescos eses cantos vellos e a forza natural destas mulleres empeñadas en non deixalos esmorecer, en encher de alegría ese anaquiño de Mos que sempre precisou das súas voces e da súa presenza. É este un grupo de mulleres de distintas xeracións preocupadas por rescatar os cantos vellos da súa comarca, perseverando na teima de non deixalos esmorecer e de arquivar todo o patrimonio musical e etnográfico da bisbarra de Mos.
O meu perfil
contratacion@nonsi.es
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Malvela subirá de novo ao palco este domingo, na Alameda de Marín

As cantoras de Malvela actúan este próximo domingo, a partires das 21,30 horas, na Alameda de Marín (Pontevedra). A entrada é gratuita.
Web Malvela
MySpace
Web Nonsí? Servizos Culturais
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2008 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa podes votar por "Peixiños do mar", de Malvela e Sérgio Tannus, en A Polo Ghit 08
FONTE: VIEIROS.COM
Malvela chega tarde a A POLO GHIT pero con ganas de festa. Desta volta convidaron ao brasileiro de Niteroi Sérgio Tannus para facer unha adaptación nova e máis galega de "Peixiños do mar", unha canción de verán para bailar e cantar polas romarías e nas discotascas que animan cada recuncho da nosa terra. Hai gaita e cavaquiño, o sotaque galego e máis o portugués do Brasil nunha xuntanza chea de matices e de sorpresas. A letra das estrofas é unha homenaxe aos mariñeiros e ás mulleres do mar e ao encontro dos pobos galego e brasileiro. Esperamos que vos guste e que a disfrutedes.

[Texto: Uxía Senlle]
Vota en A Polo Ghit
Web de Malvela
Web de Nonsí?
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-07-2008 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Malvela abrirá este xoves o XXXº Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

A xornada de apertura do XXXº Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira contará nesta ocasión coas mulleres cantoras de Sanguiñeda: Malvela actúan este xoves, 10 de xullo, no Escenario Estrella Galicia do Festival a partires das 22:00 horas. Ortigueira aposta nesta especial edición, na que se celebran os 30 anos do festival, por grupos galegos e por históricos da música celta. Para saber máis sobre o festival, organizado polo Concello de Ortigueira e polo Xacobeo, xa se pode acceder á páxina web www.festivaldeortigueira.com.
www.myspace.com/malvela
www.festivaldeortigueira.com
www.malvela.com
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2008 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Malvela achegará os cantos tradicionais galegos a Madrid no Día da Música

Malvela levará o seu repertorio a Madrid, dentro do programa de actividades de celebración do Día da Música na capital do Estado. As cantoras de Sanguiñeda actuarán maña, sábado 21 de xuño, no escenario ubicado da Praza de Andrés Segovia, á carón do Auditorio Nacional.
www.nonsi.es
www.malvela.com
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-06-2008 17:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Señora Carmen, portada da revista Interfolk


A Señora Carmen, a compoñente de maior idade e máis emblemática de Malvela, vén de ser portada da prestixiosa revista Interfolk, editada a nivel estatal. Nas páxinas interiores deste último número de Interfolk atopamos unha ampla entrevista na que a Señora Carmen nos desvela as anécdotas da gravación do seu álbum en solitario, Na flor dos meus anos, e tamén os pormenores do seu primeiro contacto coa música, que nos achega aos anos da súa mocidade en conexión coa cultura tradicional galega da primeira metade do século XX.
Web da Señora Carmen
Web da revista Interfolk
Web de Malvela
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-06-2008 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Malvela e Ophiusa, este sábado en Negreira


A Praza do Concello de Negreira acollerá este sábado, 14 de xuño, os concertos de Malvela e de Ophiusa. O espectáculo, que dará comezo ás 22:30, forma parte do programa "Vai de Camiño" do Xacobeo e da Xunta de Galicia.
Vai de Camiño
Nonsí? Servizos Culturais
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Señora Carmen na TVG
A Señora Carmen

O programa da TVG ‘Alalá' estivo o pasado luns dedicado á Señora Carmen, que aos seus 83 anos vén de editar un disco en solitario baixo o título de Na flor dos meus anos. A integrante de maior idade do grupo Malvela contou en primeira persoa como está a ser a experienza de afrontar o éxito individual e de grupo tras toda una vida dedicada a traballar no campo e a coidar dunha numerosa familia.
Web da Televisión de Galicia
Web da Señora Carmen
Web de Malvela
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-06-2008 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal