Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival As cores do outono (Pobra do Brollón)
Programa 2017

A IV Edición do Festival de Música Tradicional ?As cores de outono? comezará coa Master Class de canto e pandeireta gratuíta, dirixida por Xurxo Fernández, que se impartirá na Casa da Cultura dende ás 16:00-18:00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse no telefono: 982 430 546, ou no seguinte correo electrónico; biblioteca@pobradobrollon.es

A partir das 19:30 haberá unha actuación circense a cargo do grupo Os sete magníficos mais un clow. E ás 21:00 horas arrancarán as actuacións musicais na Área Recreativa de Samugueiros, que será presentada pola actriz Isabel Risco, coas actuacións de Tanxugueiras, Radio Cos e SES.

Tanxugueiras é un grupo de tres cantareiras (Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza. Formado oficialmente en xaneiro do 2016, chegaron pisando forte, destacando polas súas marabillosas voces e a súa enerxía no escenario e converténdose rápidamente nun dos grupos revelación da música tradicional galega teloneando a Xabier Díaz.

Radio Cos, famosos pandeireteiros que fan evolucionar a música galega de raíz de forma natural. Xurxo Fernandes y Henrique Peón, cantantes e percusionistas do grupo, son dous referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia. A banda de Radio Cos conformana tres prestixiosos músicos: Pedro Lamas ( gaita e saxo soprono), Nikolay Velikov (violín) e Xan Panpín (acordeón).

SES, se algo se pode destacar desta autora é o seu enorme carisma e forza persoal. Ten catro discos publicados, o primeiro no ano 2011, baixo o titulo Admirando a condición, e no ano 2013 editou Co xenio destrozado, con temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano. No ano 2015 publicou Tronzar os valos, o seu terceiro disco onde suma as enerxías do rock e da canción de autor de América Latina en doce temas de beleza e combate. O seu último traballo Opoñerse á extinción é o cuarto álbum dunha autora que sigue sendo pura forza, inconformismo e paixón.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-09-2017 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada das Festas do Sacramento (Couto- Ponteceso)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-09-2017 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Volta a Ítaca (Castro de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-09-2017 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
O Jarbanzo Negro e Banda Xangai no Garufa Club (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2017 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
VI FestiVal das Brétemas (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-09-2017 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os Carunchos, Pelepau e Airiños da Fracha en Marcón (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2017 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas agradece a tódolos participantes do L Concurso de Gaitas do País o espectáculo ofrecido nas rúas e auditorio municipal. Os membros do xurado acordaron que Os Picurruchos de Lugo resultasen gañadores desta edición, quedando no segundo posto Virutas de Ébano de Vigo e en terceiro e cuarto lugar Maraghotas de Vigo e Mutatis Mutandis De Santiago
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-09-2017 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Brión
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2017 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-09-2017 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de San Xurxo (San Xurxo-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-09-2017 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Folión das Fachas en Vilelos (O Saviñao)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2017 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxugueiras en Mazaricos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2017 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Revoltallo (Valadares-Vigo)
PROGRAMACIÓN REVOLTALLO SETEMBRO / 2017

VENRES 22
A CUBERTO / NO AUDITORIO ? TÓDOLOS PÚBLICOS
ÁS 20,30.- O MODULADOR DE ONDAS - MUSICA E PROXECCIÓNS
ÁS 21,30.- AÚREAS ?EN VOGA? (ESPECTÁCULO MUSICAL)

SÁBADO 23
NA EIRA / PÚBLICO INFANTIL /FAMILIAR
ÁS 18,00.- MAI LUA (CONTACONTOS)
ÁS 19,00.- MAGO KEKO E MAGO TÓMICO
ÁS 20,00: O SHOW DE RAMBANEPASI (CLOWN ? MAXIA-COMICO)
A CUBERTO
ÁS 21,00 H.- CARAMUXO VERMELLO (MÚSICA)
ÁS 22.00 H.- XAN CAMPOS TRIO (JAZZ)
NA LEIRA, CONCERTOS DE:
ÁS 23,00 H.- ULTRÄQÄNS
ÁS 00,00 H.- OH AYATOLLAH!
ÁS 01,00 H.- MONOLIOUS DOP
ÁS 02,00 H.- NOITE FECHADA
ÁS 03,00H.- DJ SERVILLETA

DOMINGO 24
NA EIRA
ÁS 18,00 H.- TITERES NA TÚA CASA
ÁS 19,00 H.- ASACOCIRCO
ÁS 20,00 H.- MAGO XULIO MERINO E CIA
NA LEIRA
ÁS 18,30.- DEMOSTRACIÓN DE ESGRIMA ANTIGA, EFECTUADA POLO CLUB FALCATA.
Ás 19,15H.- SESIÓN PICADISCOS CON DJ VENTANILLA
A CUBERTO.- CONCERTO DESPEDIDA
ÁS 20,30 H.- DAVID REGUEIRO TRIO (JAZZ MANOUCHE)

OBRADOIROS GRATUITOS DE AMILLORAMENTO DE TÉCNICA INSTRUMENTAL E VOCAL

- DIRIXIDOS A MÚSICOS CUNS COÑECEMENTOS BÁSICOS DO MANEXO DO INSTRUMENTO
- CADA PARTÍCIPE DEBERÁ DE APORTAR O SEU PROPIO INSTRUMENTO
- OS OBRADOIROS SON DE BALDE
- O PRAZO DE INSCRICIÓN ESTÁ ABERTO ATA O DÍA 20 DE SETEMBRO ÁS 20,00 HORAS, MEDIANTE ENVÍO DE CORREO E-MAIL A cvallada@ctv.es, CHAMADA TELÉFONICA Ó 986467053 OU ENVIO DE WHATSAPP Ó 626611532. TAMÉN PRESENCIALMENTE.
- AS ACTIVIDADES REALIZARANSE SI SE XUNTAN UN MÍNIMO DE TRES PARTICIPES.
- OFERTARASE UN MÁXIMO DE 10 PRAZAS, DE SUPERARSE ESE NÚMERO ADMITIRANSE SEGÚN A ORDE DE INSCRICIÓN.
- IMPARTIRANSE NAS INSTALACIÓNS DO CENTRO SOCIOCULTURAL DE VALADARES ? O PEDREGAL, O SÁBADO 24 DE SETEMBRO EN HORARIO DE 11,00 A 14,00 HORAS E DE 15,30 A 17,30 HORAS.
- NA INSCRICIÓN HAI QUE FACER CONSTAR: NOME E APELIDOS, DNI, ENDEREZO, TELÉFONO MÓBIL E OBRADOIRO NO QUE SE QUERE PARTICIPAR.
OS OBRADOIROS SON OS SEGUINTES:
 BAIXO ELÉCTRICO: AS SÚAS POSIBILIDADES SONORAS, POR RUBÉN PALOMO.
 GUITARRA ELÉCTRICA: EFECTOS PARA GUITARRA, POR SERGIO WORTHY.
 A INFORMÁTICA APLICADA A CREACIÓN MUSICAL. PODES TRAER O TEU PROPIO INSTRUMENTO (GUITARRA,...) , POR POL DO COLECTIVO VERSO LIBRE.
 BATERIA:ORQUESTACIÓN, CREATIVIDADE E IMPROVISACIÓN, POR ROI ADRIO
 CANTO: A TÉCNICA VOCAL NOS CANTANTES DE ROCK, POR DANIA D´ALFONSO DO COLECTIVO VOCÁLITIS.

CONTIDOS DOS OBRADOIROS MONOGRÁFICOS:

- As posibilidades sonoras do baixo eléctrico: Neste obradoiro abordaranse a riqueza sonora do baixo eléctrico, tendo presente tódolos puntos da cadea de son: Tipos de baixos, electrónica do baixo, diferencias entre cabezais, pantallas e combos de baixo, tipos de procesadores de son e efectos, accesorios, ...

- Efectos para guitarra: Falarase sobre os factores que influen no son do instrumento, identificaranse os efectos utilizados en distintas cancións por conocidos guitarritstas e verase si é verdade que hai unha orde concreta a hora de colocalos nosos pedais.

- Electrónica/Informática: Trataremos o son instrumental do trebello co que acudas ó obradoiro, mediante programas informáticos para explorar a súa potencialidade sonora.

- Bateria. Orquestación, creatividade e improvisación. Traballaranse os rudimentos, faranse estarricamentos específicos, estilos, fills e soloing a un nivel avanzado.

- Técnica vocal para cantantes de rock: traballarase o canto microfónico e as cualidades do son acerca de Guturais exhalados e Gret- Rocha, os cuidados da voz e daranse consellos para a dicción e a articulación
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-09-2017 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2017 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Rois Arrasa (Rois)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2017 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa do Pan de Millo e Ovo de Cotobade
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2017 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festi-Valo (Manselle-Dodro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-09-2017 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do leite (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-09-2017 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiro (Lourenzá)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 22-09-2017 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival FAM (Antas de Ulla)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-09-2017 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán de Arcos (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-09-2017 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Volta do agro en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2017 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival dos 100tolos (Ares)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Aniversario Os do Serán (O Hío-Cangas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-09-2017 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Lumeirada no Río Deva (Pontedeva)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2017 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
69º Aniversario de Cántigas e Frores (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2017 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Rebeliom do Inframundo e Skandalo GZ en Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2017 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Morrasound Rock Festival (Domaio-Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
II Miúdo Fest (Tameiga-Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:31
# Ligazón permanente a este artigo
XV Fenerock (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
II Concerto pola lingua (Portonovo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Folk´n Cross (O Burgo-Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
IX Certame Musical Fran Pérez "Narf" (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2017 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
L Concurso de gaitas do País (Ponteareas)
O Concello de Ponteareas, no seu afán por promover e difundir a música tradicional
galega, convoca para o vindeiro sábado 23 de setembro de 2017 a L (50) EDICIÓN DO CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS, consolidándose coma a festa musical da súa especialidade máis antiga de Galiza e colocando a Ponteareas como referente no panorama da música tradicional galega.


Bases:
1º.- Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.

2º.- A solicitude de inscrición no modelo facilitado polo Departamento de Cultura Municipal e na web do Concello,realizarase por Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas de forma gratuíta ata o día 11 de setembro de 2017. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición, debidamente cumprimentada, o enderezo, o correo electrónico e número de teléfono de contacto (segundo modelo de inscrición anexo que se lle facilita). O día 15 de setembro, o Concello resolverá a listaxe de grupos admitidos no concurso, notificándollo a todos os inscritos.

3º.- O número máximo de grupos de gaitas participantes será de vinte (20).
A selección para a orde de participación no concurso realizarase por sorteo diante da Casa do Concello mesmo día do concurso ás 16:00horas. Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo. Farase unha lista de agarda por orde de inscrición para os casos de renuncia.

4º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional galego completo.

5º.- Os grupos participantes estarán ás 16:00 horas da tarde do sábado, día 23 de setembro de 2017, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas. Unha vez efectuado o sorteo para a quenda de participación sairán na mesma orde,
realizando unha ruada interpretando melodías galegas, ata o Auditorio Municipal onde a partir das 16:30 horas dará comezo o L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas.

6º.- Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total das dúas pezas será como máximo de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurrís.

7º.- Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. Terminadas as interpretacións, o xurado resolverá ao seu criterio a clasificación dos grupos participantes. O xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.- O xurado do L CONCURSO DE GAITAS DE DO PAÍS de Ponteareas estará composto por destacados persoeiros do mundo da gaita e da música tradicional de Galiza:
D. Antón Corral Martínez
D. Antonio Gutiérrez Pereira
D. Xoaquín Míguez Rodríguez, ?O Xocas?
D. Iván Costa Blanco
D. Manuel Alonso Iglesias, ?Xalueiro?
D. Juan Luna de Cabo
D. Xosé Manuel Gil Rodríguez

9º.- Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional galego completo.

10º.- O L CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS de Ponteareas estará dotado dos seguintes premios:
 1º PREMIO 1.800,00 euros
 2º PREMIO 1.200,00 euros
 3º PREMIO 900,00 euros
 4º PREMIO 600,00 euros
O Concello de Ponteareas outorgará a todos os grupos un premio de 200,00 euros en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a base 41ª das Bases de Execución do Orzamento Municipal.
Nesta edición, o grupo gañador actuará durante 15 minutos abrindo o concerto de Xosé Manuel Budiño que comezará ás 23:00 horas no parque da Feira Vella e que en caso de chuvia celebrarase no mesmo Auditorio Municipal.

11º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-09-2017 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festas da poza de Lordelo (Toutón-Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-09-2017 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0