Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gañadores XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2013
O pasado sábado, coincidindo co peche das festas de Ferrol, tivo lugar no Teatro Jofre a final do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón.

A cita, organizada polo Ateneo Ferrolán, pretende potencia-la música de gaita, valorando o emprego de xiros e técnicas tradicionais propiamente galegas.

Oito gaiteiros tiveron ocasión de interpretar unha peza inédita composta expresamente para esta edición do certame e outra peza tradicional. O mozo ourensán Pablo Devigo Vázquez, saíu vencedor desta vixésimo primeira edición recibindo un premio en metálico de 3.000 euros.

Tres dos participantes chegados de Arxentina, Valencia e Donosti foron seleccionados dentro do premio Gaiteiro Soutelo que promociona a participación de Galicia no exterior. A valenciana Raquel García Martínez obtivo neste apartado o premio Seivane. Os seus compañeiros Daniel Fernández López (Lugo) e Daniel Lumbreras Rodríguez (Donosti) recibiron os accésits de 1.000 euros cada un.

Así mesmo, entregóuselle a Gaita de Ouro ao investigador, artesán e intérprete Pablo Carpintero, polo seu labor na difusión dos instrumentos tradicionais galegos. No apartado de Composición para gaita solista, o premio recaeu en Daniel Romar Sambade, pola obra Fantasía concertante para gaita e banda e concedéronlle os accésits a Javier María López Rodríguez e Lois Prado Fernández.

Victor Fernández Gabeiras, presidente do xurado e fundador deste certame que naceu no ano 1991, considera que o concurso «vai collendo forza cada ano e gañando prestixio». Unha cita cultural na que di, «créanse obras para todo o mundo, dende Galicia cara fóra». Laméntase da falta de atención por parte das administracións, que segundo el «o obvian, e nin sequera aparece no programa de festas». Agradece, a participación doutras entidades particulares como a familia Seivane ou Sargadelos.

En canto a Pablo Devigo, que repite como gañador neste certame, Victor Fernández defíneo como «unha máquina, un virtuoso da gaita como moitos artistas que pasaron por aquí».

Pablo Devigo


Raquel García
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-09-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pablo Devigo
“Foi unha sorpresa. Como moito agardaba un accésit pero gañar catro veces consecutivas o Constantino Bellón non o esperaba, sinceramente”. Así falaba o domingo o músico e gaiteiro ourensán Pablo Devigo (Castro Caldelas, 1989) quen aos 23 anos vén de facer historia no certame de gaita que organiza o Ateneo Ferrolán e que o sábado celebrou a final da súa XXI edición no teatro Jofre. Devigo logrou o premio e os 3.000 euros cunha adaptación da obra “Asturias”, de Isaac Albéniz.

Non pode chegar a ser aburrido gañar sempre?
O Constantino Bellón nunca é aburrido porque sempre hai cambios. Desde que se creou no ano 1991, e desde que eu o sigo, sempre soubo adaptarse ás novas tendencias no mundo da gaita, ás propostas máis anovadoras deste instrumento.

Refírese ao feito de adaptar obras como “Asturias” de Albéniz, unha peza para piano.
Efectivamente. O Constantino Bellón foi evolucionando ata o punto de que obriga aos gaiteiros a aumentar o seu abano de propostas, a amosar que se poden resolver notables dificultades técnicas con obras musicais antes impensables de interpretar e mostrar unha maior versatilidade coa gaita.

Dentro do panorama actual en que lugar situaría vostede o premio Constantino Bellón?
Hai dous premios internacionais dun gran prestixio que son o MacCrimmon (antes Trofeo Macallan) de Lorient e o Bellón. A diferencia co francés é que este de Ferrol é de gaita galega en exclusiva. Neste ámbito sen dúbida é o máis importante do mundo e o que segue a ter un maior prestixio.

Repetirá no certame do Ateneo?
Teño 23 anos e non vou renunciar a nada á miña idade, pero probablemente á proxima edición do Constantino Bellón non me presente.

A finais dos anos 90 houbo un boom da gaita con bandas e solistas. Como ve agora a situación musical?
Como fixo a gaita irlandesa e algúns instrumentos xaponeses, creo que a estas alturas a gaita galega debe apostar pola calidade. Debe pasar do ámbito popular e a festa ata o culto, e iso implica aos músicos mellorar e aos luthiers construír mellores instrumentos. A nivel persoal un dos momentos que recordo con máis agrado foi hai un ano cando actuei coa Real Filharmonía de Galicia nun concerto de abono.

Cales son os seus actuais proxectos?
Nunca imaxinei que a gaita sería un instrumento tan importante para min, que chegaría ata estes límites. Estudei composición no Conservatorio de Asturias e o Grao superior de dirección de orquestra. Para o ano gustaríame ir a Estados Unidos a facer un máster nesta disciplina, á que lle vou adicar un 90 ou un 100% dos meus esforzos.

Finalmente, augura un bo futuro ao Premio Constantino Bellón?
Se estivese na organización apostaría definitivamente por facer un premio bienal. Xa non polos cartos, senón porque daría tempo aos músicos a preparar mellor os temas e ao espacialo máis no tempo a intensidade tamén sería maior. Xa hai algún certame que está apostando por isto.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2013 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-09-2013 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Preinscricións na e-trad (Vigo)
ÚLTIMA SEMANA DE PREINSCRICIÓN NA ETRAD. DO 2 AO 6 DE SETEMBRO

Entramos na última semana de prazo para poder preinscribirse como novo alumno no curso 2013-14 na ETRAD. Lembrámosvos as especialidades instrumentais da escola: acordeón diatónico, arpa céltica, canto popular, corda pulsada, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona. Como novidade teremos dúas quendas de mañá no itinerario básico de case todos os instrumentos.

A edade mínima de matriculación: 8 anos cumplidos no 2013.

A matrícula é completamente de balde.
Non se requiren coñecementos previos de música para o itinerario básico.
Dispoñemos de instrumentos e de aulas para estudar durante o 1º ano en moitas das especialidades instrumentais.

Tedes toda a info dos itinerarios, horarios, etc., no seguinte enlace: Info curso ETRAD 2013-2014

Accede á preinscrición en liña aquí: inscrición on-line ETRAD curso 2013-14

Calendario de preinscrición

On line: do 17 de xuño ao venres 6 de setembro.
Presencial: do 17 de xuño ao 31 de xullo e do 2 ao 6 de setembro.
Horario: de 11:00 a 14:00 hs. na secretaría da ETRAD.
R/ García Barbón, 5. 36201-Vigo
986 228 087/ 986 228 088

http://e-tradvigo.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 04-09-2013 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
O programa de música tradicional “Alalᔠdespídese da TVG
Cun capítulo dedicado á Asociación de Gaiteiros Galegos o programa Alalá despídese despois de 210 capítulos dedicados á promoción da nosa música tradicional.

A Asociación de Gaiteiros Galegos será a protagonista do capítulo final de Alalá, un espazo televisivo no que se promocionaba a música tradicional desde a televisión pública galega. O domingo a partir das 19.15 emitirase este último episodio, segundo anuncian desde a propia páxina de facebook do programa.

O equipo do programa despídese agradecendo á colaboración da Asociación de Gaiteiros Galegos ademais de informantes, xente da música e público que colaboraron con eles en todos estes anos.

“Quedan moitos músicos, grupos ou eventos de folk e de música tradicional de merecemento ós que non lles puidemos facer un Alalá, pero confiamos en que a música galega, como parte fundamental da nosa cultura, atope as plataformas necesarias para amosar a súa riqueza e formar parte da nosa vida cotiᔠlamentan na despedida.

O programa mesturaba interpretacións musicais con reportaxe e entrevistas arredor con protagonistas da nosa música tradicional e da súa transmisión xeracional. Cando chegaron ao programa 200 o equipo manifestaba a vontade de continuar a “difundir o magnífico traballo que nestes tempos difíciles segue facendo tanta xente pola música folk e tradicional de Galicia”.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 04-09-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Verbena Galega

“Verbena Galega” ofrecen un pack completo para montar sen complicacións unha festa das de toda a vida. O lema é “as festas de sempre como nunca as viches” e a proposta trátase dun tráiler que chega, instálase no campo ou torreiro e de aí nacen cinco horas de música e baile en galego. Culturactiva quere con esta iniciativa que a nosa lingua volva ás festas. O seu responsábel de produción, Manuel Vicente, explícanos a filosofía desta singular proposta.


Como xorde “Verbena Galega”?


Culturactiva levaba anos producindo espectáculos musicais e démonos conta de que a música en galego estaba relegada a festivais e programacións especiais, mais estaba ausente das festas tradicionais. Pensamos que sería estupendo que a xente volvera bailar con música galega nos torreiros e se nos ocorreu facer un pack que levase xa o tráiler e os equipos de luz e sons, como as orquestras mais cunha proposta galega. Queriamos que a música galega chegase con facilidade, da mesma maneira que o fai calquera orquestra ao uso. Asimilamos a proposta da verbena habitual só que, neste caso, a música é en galego.

"Queriamos que a música galega chegase con facilidade, da mesma maneira que o fai calquera orquestra ao uso"

Será música para bailar, non?

Claro. A proposta artística é música tradicional que sempre se bailou. Sen ser a música que soa agora nas verbenas si son temas coñecido porque antes a música tradicional estaba nas festas. A segunda parte do espectáculo é música de pachanga, con versións de música galega, desde “O tren” de Andrés Dobarro até cumbias, rumbas ou versións de grupos galegos. Trátase dun conxunto distinto á verbena actual que redunda en ritmos latinos, música bailábel. Pechando a proposta levamos un picadiscos con música galega enlatada, que tampouco se adoita ver. O conxunto inclúe un presentador ou presentadora que fan un monólogo e danlle o amparo aos discursos que a festa ten, segundo de que tipo sexa. Unha das vantaxes que ten é que é un pack que chega, móntase e ofrece unha proposta artística singular.

Dánlle entón o traballo feito ás comisións de festas?

Efectivamente. As comisións mudan e con esta proposta dáselles moitas facilidades. A proposta é moi cómoda. Pretendemos que se respecte a filosofía de fondo. Ofrecemos como proposta tradicional a Pandeiromus ou Pablo Seoane, “A compañía do Ruido” e “O Sonoro Machine” como pachanga

Como está a ser recibida a iniciativa?

Visitamos programadores, comisións e xente da cultura e a primeira reacción foi moi boa. O que acontece é que, malia ter iniciado as presentacións en febreiro, chegamos tarde para esta tempada. As orquestras traballan de maneira comercial con anos vistas. A sabendas de que isto era así quixemos probalo e a percepción que temos é boa.

Trátase entón de volver ás festas de toda a vida?

Iso é, mais actualizadas. O novo é que se trata de música feita agora, viva, actual. A presenza do español nas verbenas é abrumadora. En moitas ocasións, a xente que está no escenario nin sabe a nosa lingua. Se alguén quere montar unha festa non atopa alternativa e por iso nace esta iniciativa.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (Luns)

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)

Quinta feira 5 (Xoves)
• VIII Festival Rock de Carral: Zenzar, Brodio, Monchos,...

Sexta feira 6 (Venres)
• Pelepau en Pereiras (Mos)
• Guintervan en Candeán (Vigo)
• VI Foliada de música tradicional (Ouzande-A Estrada)

Sábado 7
• O Fiadeiro en Ponteareas, na praza de España ás 19:00
• Memorial Miguel Ángel Castro (Moro) na Estrada: Ruxe-Ruxe, Raiba, Esquíos, ...
• IV Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño): Abóbriga, Pontenova e Pelepau
• II Festival Folk Aturuxo en Bravos (Ourol): Ultraqans, Muxarega, Clan Maragato,...
• Xornadas Sondealdea (Palas de Rei): Banda da Balbina e Buxaina
• II Serán dos callos en Poio
• II Trullada-Serán en A Poboanza (Parada de Amoeiro)
• I Serán de Alxén (Salvaterra)

Domingo 8
• Cantigas e Agarimos en Marín
• Treixadura en Pereiras (Mos)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2013 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Pereiras (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán dos Callos (Poio)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-09-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de Alxén (Salvaterra)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-09-2013 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Trullada-Serán en A Poboanza (Parada de Amoeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-09-2013 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
VI Foliada de mñúsica tradicional (Ouzande-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-09-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-09-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Folk Aturuxo en Bravos (Ourol)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-09-2013 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Miguel Ángel Castro (Moro) na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-09-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer