|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 27 (Venres)
? Nova Galega de Danza no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Pito de Pikasso no Twist & Shout Club (O Grove)
? Tiruleque ás 21:00h. no Club del Mar de San Amaro (A Coruña)
? Quempallou, Estoupacaldeiros e Çe Orquestra Pantasma en San Martiño de Vilelos (O Saviñao)
? Roberto Sobrado en Sandiás (Ourense) na Corte dos Bois
? Barafunda no Racimo (Vigo)
? Orfeón Mariñeiro do Berbés no Var con Uve (Moaña)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 28
? Homenaxe a carmiña Pérez Alonso (Cangas do Morrazo)
? Foliada inicio dos cursos do Fiadeiro (Vigo) ás 12:00 Adiado
? V Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño): Xabier Díaz, Cantareiras Algarabia, Os Melidaos,...
? Nova Galega de Danza no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Maskarpone na Rebusca (Manzaneda)
? Festival Agro-Folk do Val (Narón) : Os Cempés, Alén de Ancos, Chiculate,...
? Festival das Brétemas (Ponteareas): Skandalo GZ, Rebeliom do Inframundo, Labregos do Tempo dos Sputnikcs, The Teta's Van,...
? Festivalo (Manselle-Dodro) : Zurrumalla, Quempallou, A Compañía do Ruido,... Adiado
? III Serán de Tahúme (Riveira)
? Serán en Belesar (Baiona)
Domingo 29
? IX Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
? Roi Casal ás 21:30 na praza da Alameda de Catoira
|
|
|
|
IX Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo |
|
 |
|
|
|
A volta de Nova Galega de Danza |
|
 Dez anos de danza son os que Nova Galega de Danza quere celebrar cun espectáculo no que repasar unha década e tres producións dunha danza que quería seguir o modelo da música folk: desde o tradicional buscar outros camiños. Dez estrearase o día 27 de setembro no Teatro Rosalía da Coruña.
Para un dos seus integrantes, Jaime Pablo Díaz, facer unha antoloxía «é un xeito de regresar aos mellores momentos da compañía, de escoller o mellor de cada un dos tres traballos e de facer un percorrido por todos eles». Aínda sendo unha antoloxía, a nova produción do grupo no que tamén está Vicente Colomer, terá un fío condutor de xeito que o espectador «encontre un continuo, que o vexa como un todo».
Foi no 2003 cando naceu Nova Galega de Danza, estreando cun primeiro espectáculo para completar nestes dez anos unha progresión que define a estética do grupo. Alento, Engado e Tradicción son as tres montaxes de Nova Galega de Danza que, segundo Jaime Pablo Díaz, responderon a «tres momentos distintos da compañía e aínda mantendo a coherencia entre uns e outros si que se notan os cambios e progresos que fomos facendo».
O coreógrafo define os tres traballos como un camiño no que se foi depurando a danza. «No primeiro, Alento, estábamos obsesionados con dicir moitas cousas, con meter moita información». No segundo, Engado, producido no 2006, «foi más tranquilo, máis repousado, no que apareceron formas de jazz». O terceiro, Tradicción, estreado no 2008, Díaz sinala que foi o espectáculo «no que demos coa nosa identidade como un deseñador que encontra a súa marca».
Nese proceso de tres espectáculos en dez anos cre o bailarín que hai unha constante, «depuramos moito a forma de traballar, case como se tivésemos que ir quitando cousas en lugar de poñelas».
Sen embargo considera que os obxectivos non cambiaron para a compañía. «A nosa intención foi sempre partir desde a danza tradicional para chegar a outro tipo de danza». Engade Díaz que eles non fan tradicional, pero que quere «partir sempre da tradición». Reivindica que, en máis dun sentido, Nova Galega de Danza iniciou un modo de traballar que está sendo utilizado por máis xente, como pode ser o caso de Quique Peón». Entende o coreógrafo que hai aínda moito camiño por percorrer nese sentido porque en Galicia «hai un patrimonio moi rico, tan rico que non temos nada que envexar ao de ninguén».
Sinala que a súa intención é manter os seus sinais mesmo «en tempos complicados como os de agora, que sabemos que son malos para celebrar cousas». Pero tamén apunta que a súa intención é «manter a mesma liña e levar a música en vivo, que é algo que nos parece fundamental para o tipo de danza que facemos». Asegura que a intención de NGD é «investigar máis no contemporáneo e tentar traballar con coreógrafos de fóra porque son necesarias outras olladas que sumen ao que facemos».
Actuacións Xira Dez
Setembro
27 e 28 Teatro Rosalía Castro, A Coruña
Outubro
15 Teatro Principal, Santiago de Compostela
26 Auditorio Municipal Mera (Oleiros)
Novembro
2 Auditorio Municipal de Vilagarcía
16 e 17 Real Coliseo Carlos III de San Lorenzo do Escorial (Festival Madrid en Danza)
Decembro
Decembro 14 Auditorio Municipal de Narón
Decembro 21 Teatro Principal, Ourense
|
|
|
|
Homenaxe a carmiña Pérez Alonso (Cangas do Morrazo) |
|
Unha vida dedicada ao baile galego
O Grupo de Danzas Soavela homenaxea á súa directora, a bailarina Carmiña Pérez
Tras dirixir o Grupo de Danzas Soavela desde a súa fundación, Carmiña Pérez Alonso anunciou a súa retirada. Para darlle unha despedida ao grande, Soavela decidiu organizar un festival folclórico a finais deste mes na súa honra. Varios exalumnos e un gaiteiro famoso actuarán no mesmo.
O Grupo de Danzas Soavela prepara o seu festival "Homenaxe a Carmiña Pérez Alonso", unha despedida ao grande a unha muller que dedicou toda a súa vida ao baile galego. Despois de máis de 60 anos trasladando a cultura de Galicia, a través do baile folclórico, e de ser coñecida en todo O Morrazo por aproximar aos seus habitantes ao baile tradicional galego nas súas clases decidiu pór punto e final á súa carreira artística.
Carmiña, así a coñecen todos, iniciou a súa andaina no grupo "Vento das Cíes " de Vigo no ano 1954 e tras varios anos bailando funda diferentes grupos de baile en O Morrazo ata que finalmente funda Soavela no ano 2007. Este ano retírase da dirección de Soavela para deixar paso á súa compañeira Ana Calvar. O grupo do Hío quere, tal como explica a súa presidenta, Pilar Barbosa, brindar unha homenaxe á Carmiña Pérez para que esta figura do folclore no Morrazo se vaia "pola porta grande e cun bo sabor de boca".
O festival, que está organizado por Soavela, en colaboración co Auditorio Municipal de Cangas e o Concello, desenvolverase o vindeiro sábado a partir das 18.00 horas. Desde a organización non quixeron desvelar o programa nin os invitados que acudirán á celebración, xa que "queremos que sexa unha sorpresa", comenta Pilar Barbosa.
A pesar do segredo do programa, tanto Pilar Barbosa como a futura directora do grupo, Ana Calvar, recalcaron que todos os artistas que actuarán no festival serán antigos alumnos de Carmiña e "seguramente contemos coa presenza dun gaiteiro famoso", do cal non quixeron desvelar o seu nome.
Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, José Luís Gestido, quere felicitar a Soavela pola organización deste festival "xa que se trata dunha homenaxe moi merecida" e tamén quixo lembrar que durante a Gala dá Cultura, Carmiña recibiu un dos galardóns máis importantes que se lle poden conceder a un veciño de Cangas: o premio ao Labor Cultural Son de Cangas.
O director do Auditoiro, Juan José Pérez, declarou que "é toda unha honra acoller este evento neste teatro" e asegura que está encantado de celebrar o festival xa que unha persoa como Carmiña Pérez, que se subiu a escenarios en Portugal, Francia e en diferentes partes de España, "merécese esta gran homenaxe".
A entrada ao festival será totalmente gratuíta e durará ao redor dunha hora.
|
|
|
|
Maskarpone na Rebusca (Manzaneda) |
|
 |
|
|
|
Foliada inicio de curso no Fiadeiro (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Barafunda no Racimo (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Resultados do concurso de gaitas de Ponteareas |
|
O auditorio Reveriano Soutullo albergou o domingo a celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, unha cita habitual no programa festivo da vila que alcanzou a súa 46 edición e referéndao ano a ano como o certame de música tradicional galega con máis soleira.
O xurado acordou conceder o primeiro premio ao grupo A Folla da Edra, de Ponteareas.
O cuarteto formado polos gaiteiros Juan Carlos Iglesias Esperón e Alberto Coya Otero, o tamborilero Marcos Pérez Saborido e o bombeiro Miguel Fraguas López, levou o galardón dotado con 1.800 euros.
O segundo, dotado de 1.200 euros, foi para o grupo Virutas de Ébano, de Vigo.
O terceiro clasificado foi o grupo Picuiña, de Marín, que logrou os 900 euros destinados a este posto.
O cuarto premio, cun importe de 600 euros, foi para o grupo Vedoira, de Lugo.
O certame engadiu nesta edición un quinto galardón dotado cun lote de material musical doado pola empresa Zinye Distribucións Musicais, que o xurado decidiu destinar á formación Xente Nova de Ferrol.
O Concello de Ponteareas dedicou o concurso a Manuel Zúñiga Pereira (1904- 1982), gaiteiro de recoñecido prestixio «que levoua a nosa música tradicional a todos os recunchos da comarca do Tea e do Condado». O seu fillo, Manuel Zúñiga Trigo, recolleu o diploma honorífico co que o concello quixo acreditar o seu labor.
Na xornada participaron un total de quince grupos; o número máximo de acordo coas bases, quedando fora catro.
|
|
|
|
A Volta do agro en Lugo |
|
 |
|
|
|
Presentación do Manuele de pandeireta e canto tradicional en Vigo |
|
 |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 23 (Luns)
Terza feira 24 (Martes)
Corta feira 25 (Mércores)
? A Volta do Agro no Clavicembalo (Lugo)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 26 (Xoves)
Sexta feira 27 (Venres)
? Pito de Pikasso no Twist & Shout Club (O Grove)
? Tiruleque ás 21:00h. no Club del Mar de San Amaro (A Coruña)
? Quempallou, Estoupacaldeiros e Çe Orquestra Pantasma en San Martiño de Vilelos (O Saviñao)
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 28
? Foliada inicio dos cursos do Fiadeiro (Vigo) ás 12:00
? V Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño): Xabier Díaz, Cantareiras Algarabia, Os Melidaos,...
? Festival Agro-Folk do Val (Narón) : Os Cempés, Alén de Ancos, Chiculate,...
? Festival das Brétemas (Ponteareas): Skandalo GZ, Rebeliom do Inframundo, Labregos do Tempo dos Sputnikcs, The Teta's Van,...
? Festivalo (Manselle-Dodro) : Zurrumalla, Quempallou, A Compañía do Ruido,...
? III Serán de Tahúme (Riveira)
? Serán en Belesar (Baiona)
Domingo 29
? IX Encontro folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
|
|
|
|
III Serán de Tahúme (Riveira) |
|
 |
|
|
|
Serán en Belesar (Baiona) |
|
 |
|
|
|
Foliada no Lar (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
Xornadas de Cultura Popular Galega (San Sadurniño) |
|
San Sadurniño celebrará o sábado 28 de setembro unha nova edición das Xornadas de Cultura Popular Galega.
Será cun programa de actividades que inclúe unha exposición de fotografías antigas, un obradoiro musical de técnicas de voz e percusión impartido por Xabier Díaz e os concertos a cargo do propio Díaz, do grupo de pandereteiras Algarabía e de Os Melidaos.
A asociación Berros do Castro encárgase de organizar esta festa, co apoio do Concello, da Deputación e da Consellería de Cultura. Celébrase na Casa da Cultura de San Sadurniño. Comezaron as xornadas no ano 2009, coa intención de promocionar, dinamizar e darlle valor á cultura popular galega. Para iso válense de tres bloques: a exposición, o curso e os concertos.
A AVV de Ribadeume é a que aporta as fotografías antigas, centradas en músicos populares, que estarán expostas. Músicos como Pedro Cupeiro ou Andrés Gómez, que foraron parte de grandes orquestras galegas, comezaron a súa carreira precisamente na banda de Ribadeume, que desapareceu en 1943. A música nos días festivos, nas procesións ou nos bailes estará presente nesta mostra.
O obradoiro deste ano céntrase nas técnicas de voz e na percusión, e estará impartido por Xabier Díaz, cantante de Nova Galega de Danza, de Berrogüetto e director e copresentador do programa ?Tres peixes voando?, da Radio Galega. Nesta sesión abordará aspectos relacionados coas técnicas de pandeireta, pandeiro e pandeira, os patróns tradicionais galegos de interpretación destes instrumentos e tamén cuestións vencelladas coa relación entre as escalas modais e o repertorio tradicional. As persoas que queiran información ou inscribirse poden escribir a berrosdocastro@gmail.com para facelo.
concertos
As actuacións musicais comezarán ás oito da tarde e están abertas a todo aquel que se queira achegar. O propio Xabier Díaz será un dos protagonistas destes concertos. Ofrecerá unha escolma dos recursos aprendidos no obradoiro e fará un percorrido polo repertorio tradicional, acompañanado de canto e percusión.
Tamén se poderá gozar coa actuación do grupo de pandereteiras Algarabía, de Valdoviño, formación que nace dentro da asociación veciñal de Lago. Este grupo novel vén de gravar o seu primerio disco e do seu variado repertorio ofrecerán unha selección en San Sadurniño. Chegan como parte da aposta que se fai en cada edición pola promoción dos novos grupos que nacen en Ferrolterra.
A outra aposta musical da velada é Os Melidaos, un grupo que naceu no ano 2001 en Melide e que recolle pezas do cancioneiro tradicional, dos arquivos dos coros históricos e tamén do seu propio traballo de creación e de recollida. Teñen ás súas costas dous discos, ?Que ben baila, que ben baila?, editado no ano 2009, e ?Axudádeme a cantar?, que saíu á luz en 2012 e no que inclúen por primeira vez as súas voces.
|
|
|
|
Folión de fachas en San Martiño de Vilelos (O Saviñao) |
|
A parroquia de Vilelos, concello do Saviñao, celebrará o vindeiro venres 27 de Setembro a súa tradicional e ancestral Festa Folión de Fachas onde todos os asistentes poderán gozar dunha xornada que dará comezo ás 20.00 horas cunha pancetada e proseguirá ás 00.00 da madrugada co inicio da procesión das antorchas onde todos os participantes acenderán os seus fachos e comezarán o percorrido rumbo ao Castro da Besta. De regreso ao lugar de partida, acenderanse os fachos máis grandes que arderán o tempo que duren os concertos cos que se amenizará a velada e que este ano estarán a cargo de Ce Orquestra Pantama, EstoupaCaldeiros e Quempallou |
|
|
|
Tiruleque presenta novo disco na Coruña |
|
 |
|
|
|
Festival das Brétemas (Ponteareas) |
|
 |
|
|
|
Festival Agro-Folk do Val (Narón) |
|
 |
|
|
|
Festivalo (Manselle-Dodro) |
|
 |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 20 (Venres)
? Obradoiro de pandeireta tradicional italiana (Mos)
? Xornada de achegamento ao baile tradicional (Compostela)
? Pito de Pikasso no Encontro (Barrantes)
? Pelepau en Paramos (Tui)
? Os Beretes e Barafunda no Racimo (Vigo)
Sábado 21
? Xornada Campás e campaneiros (Oia)
? XXV Xuntanza Folclórica (Cabral-Vigo)
? O Sonoro Maxín en Ourense no Xardín do Posío ás 14:00
? Ovos Podres no Torreiro da Festa (Vigo)
? Berroguetto e Os Terribles de Donas en Paramos (Tui)
? O Son das Mámoas (Candeán-Vigo): Skandalo Gz, Chotokoeu, A Banda de Andrelo,...
? Concerto en Defensa da Sanidade Pública da Mariña (Burela): Grampoder, Skohlma, The Brosas, Os Kentakiss,...
? Festival Folk en Leirado (Salvaterra de Miño): pelepau, Tardo d´Esmurga
? II Romaría de Garrulaxe (Cambre)
? Serán das Tarambainas (Vigo)
Domingo 22
? Concurso de gaitas de Ponteareas ás 11:00 no auditorio Reveriano Soutullo
? O Fiadeiro na Xunqueira de Redondela ás 19:00 |
|
|
|
O Fiadeiro en Redondela |
|
 |
|
|
|
Foliada no Racimo (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Concurso de gaitas de Ponteareas |
|
 O concurso de gaitas de Ponteareas celebra a súa 46 edición
Domingo 22 de setembro.
Ponteareas celebra este ano a súa edición número 46 do Concurso de gaitas. En total participarán quince grupos e os premios oscinarán entre 1.800 euros e os 600 euros. Todos os participantes recibirán 200 para os gastos de desprazamento.
A cita arrincará ás 10.30 horas co pasarrúas dos grupos participantes, que percorrerán o camiño entre o edificio consistorial e o auditorio Reveriano Soutullo. Neste lugar celebrarase ás 11:00 o concurso. A cita está organizada polo Concello de Ponteareas e conta coa colaboración da consellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra
|
|
|
|
XXV Xuntanza Folclórica (Cabral-Vigo) |
|
 |
|
|
|
Obradoiro de pandeireta tradicional italiana (Mos) |
|
A Concellaría de Cultura de Mos organiza un obradoiro gratuito de pandeireta tradicional italiana, impartido por Emilio Antonio Cozza do grupo Brigan.
O obradoiro será este vernes 20, a partir das 19.00 horas no centro Multiusos de As Pozas, na parroquia de Petelos. A continuación, ás 23.00 horas, e no mesmo lugar, o grupo Brigan dará un concerto con entrada libre.
|
|
|
|
III Concurso de dúos gaita-percusión (Ferrol) |
|
III CONCURSO DE DÚOS GAITA-PERCUSIÓN
DO REAL CORO ?TOXOS E FROLES? para instrumentistas de menos de 18 anos
1. Poderán participar tódolos instrumentistas que o desexen, independentemente da súa procedenza xeográfica.
2. Únicamente serán admitidos instrumentos tradicionais galegos.
3. Os instrumentistas única e exclusivamente poderán formar parte dun dúo.
4. Os concursantes deberán vesti-lo traxe tradicional galego que non poderán quitarse ata o final do concurso.
5. Establecerase unha única categoría na que participarán ata un máximo de 10 parellas. Os participantes non poderán ter cumpridos os 18 anos antes da data do concurso.
6. Para a selección dos concursantes terase en conta o curriculum e as pezas presentadas a concurso.
7. As parellas que desexen participar deberán remiti-la folla de inscripción que se adxunta e que tamén pode ser atopada na páxina web do Real Coro ?Toxos e Froles? (www.toxosefroles.com), acompañada pola fotocopia do DNI de ámbolos dous participantes, para confirma-la idade dos mesmos.
8. As inscripcións deberán ser remitidas á dirección postal seguinte:
- Real Coro ?Toxos e Froles?, Rúa Magdalena 220, apdo 72, 15402 Ferrol
- Ou ó correo electrónico info@toxosefroles.com
Antes do día 1 de Novembro de 2013.
9. O concurso terá lugar na Sede do Real Coro ?Toxos e Froles?, na Rúa Magdalena 220 de Ferrol, o Domingo 10 de Novembro de 2013 ás 19.00 horas.
10.As parellas seleccionadas deberán estar presentes na Sede do Real Coro ?Toxos e Froles? ás 18.00 horas para confirma-la súa asistenza.
11.A orde de actuación farase por sorteo por membros da Xunta Directiva do Real Coro ?Toxos e Froles? e será feita pública na páxina web da Entidade.
12.A actuación dos dúos de instrumentistas terá unha duración mínima de 4 minutos e máxima de 5 minutos. Haberá que interpretar obrigatoriamente un ritmo de muiñeira ou xota, quedando á elección dos músicos a mostra doutras melodías.
13.O tempo de actuación comezará a contar de xeito continuo co inicio da interpretación.
Magdalena, 220 Apdo. 72 · 15402 FERROL ℡ 650 788 374 / 881 122 074 info@toxosefroles.com |
|
|
|
Comeza a nova tempada de Seráns |
|
7 de setembro
- II Serán dos callos en Poio
- I Serán de Alxén (Salvaterra)
- II Trullada-Serán en A Poboanza (Parada de Amoeiro)
14 de setembro
- Foliada da Mariña (Xove)
21 de setembro
- VIII Serán das Tarambainas (Cabral-Vigo)
28 de setembro
- III Serán de Tahume (Riveira)
- Serán en Portameán (Belesar-Baiona)
5 de outubro
- VIII ?Serán da Colleita?, en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa
19 de outubro
- IV seran da colleita da Ruada de Randufe (A Cañiza), no campo de futbol.
|
|
|
|
VIII Serán das Tarambainas (Cabral-Vigo) |
|
 |
|
|
|
II Romaría de Garrulaxe (Cambre) |
|
 |
|
|
|
Festival Folk en Leirado (Salvaterra de Miño) |
|
 |
|
|
|
As Penizas Folk (Paramos-Tui) |
|
 |
|
|
|
Concerto en Defensa da Sanidade Pública da Mariña (Burela) |
|
 |
|
|
|
O Son das Mámoas (Candeán-Vigo) |
|
 |
|
|
|
Xornada de achegamento ao baile tradicional (Compostela) |
|
 Para bailar veño eu!
Xornada de achegamento ao baile tradicional.
Museo do Pobo Galego
Venres, 20 de setembro de 16h00 a 19h30.
Os contidos desta xornada tratarán de achegarnos ao baile tradicional galego a través dun dos seus bailes máis representantivos, a Muiñeira, atendendo ao seu contexto social e a súa evolución. Orientada a persoas adultas sen coñecementos previos, vai estar dirixida pola educadora do Museo, Carme Campo, que conta con ampla experiencia nesta materia.
Matrícula gratuíta. Custes por materiais: gratuíto para persoas socias do Museo e desempregadas, 3? para quen non estea en ningunha destas situacións.
Prazas limitadas. Inscrición previa antes do 17 de setembro en:
Educación e Acción Cultural
Museo do Pobo Galego
981 583 620 / deac@museodopobo.com |
|
|
|
|
|
|