Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Campás e campaneiros (Boqueixón-A Coruña)

Os Chichisos organizamos por 5º ano “CAMPÁS E CAMPANEIROS”, con elo queremos seguir dando a coñecer o PATRIMONIO SONORO cunha demostración de todos os toques tradicionais que a través das campás se producen, tales como avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc. e inventarialos.

Cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tampouco identificamos o que se transmite a través desta LINGUAXE TRADICIONAL.

Todos os sons serán grabados polo colectivo Escoitar.org, que está a traballar na recuperación do patrimonio sonoro de Galicia, é dun xeito especial dos sons en perigo de extinción, que é o caso que nos ocupa.

CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE

· O COLECTIVO ESCOITAR.ORG · VICTOR CURROS REY, CAMPANEIRO DA PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE LAMAS, BOQUEIXÓN, A CORUÑA.

Nota:
1. Axuntase programa de actividades

2. Máis información : 676 842 942
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
Atención tocadores de fiddle, violinistas, violistas e Chelistas, a vindeira semán Laura Cortese estará en Xustáns de novo para impartir un cursiño e dar un concerto ¡¡

As prazas para o curso están limitadas a 15 persoas, así que si estás interesado non deixes de facela túa reserva na web de "Galicia Fiddle". Como xa saben os que estiveron no curso que deu no 2010 en Xustáns, laura é unha verdadeira especialista en CHOP. É quen de cantar e acompañarse cún swing que a fan unha das mellores especialistas do mundo no seu estilo.

Xa sabedes que os cursos non son únicamente para aqueles que teñan un nivel avanzado si nón que están enfocados de tal xeito que calquera que teña uns coñecementos mínimos do instrumento pode sacar un bo partido deles. Ademáis, como sempre existe a posibilidade de asistir como ouvinte, de tal xeito que si ves que o nivel é moi superior ao que esperabas sempre podes cambiala matrícula.

As prazas do concerto son limitadas e vanse esgotar enseguida. Si queres disfrutar dun concerto de primeiro nivel e disfrutar das veladas e sesións de Xustáns vai á páxina http://galiciafiddle.com/ e reserva á túa entrada.
Para os que queran lembrar un fragmento do concerto do 2010, aquí tes unha mostra que maila a oscuridade da imaxe reflicte o talento de Laura e Matt.

O Domingo vai ter lugar un taller para nenos que incluirá un concerto ao remate do mesmo.

A Asociación GALICIA FIDDLE trae de novo á virtuosa do fiddle LAURA CORTESE, quen como xa fixera hai dous anos ven na compaña do guitarrista MATT MALIKOWSKY.

O Sábado 22 de Setembro terá lugar o curso de FIDDLE, dende as 10 ás 14hs e de 17 a 20hs.
A noite do Sábado a cea está prevista para as 21,30hs, trala cal terá lugar o concerto de Laura e Matt.
Despois do concerto serviranse postre, café e licores e dará comezo a Foliada que durará ate altas horas da mañán.

O Domingo 23, despois do xantar e arredor das 17,30h, Laura fará un obradoiro adicado aos cativos no que os introducirá no apasionante mundo do "chop".
Tralo este, que durará unha hora e media, na compaña de Matt ofrecerá para os nenos pero que será aberto aos pais e veciños que se queran achegar. O concerto é de media hora de duración.
A actividade rematará cúnha merenda.

Prezos:

Cursiño SÁBADO (Activo) + Concerto/Cea : 50€
Cursiño SÁBADO (Ouvinte) + Concerto/Cea: 40€
Xantar e Servizo de cafés do Sábado: 10€
Concerto/Cea: 20€
Obradoiro do Domingo + Concerto/Merenda: 20€
Concerto/Merenda:10€

Máis información e inscricións

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Música galega no San Froilán 2012 (Lugo)
A música galega protagonizará as festas de San Froilán 2012 --entre o 4 e o 12 de outubro-- que levarán a Lugo as actuacións de Leilía, Sés ou Victor Aneiros Blues Band, entre outros, nunha edición que arrancará co pregón da escritora Pilar García Negro.

Así o anunciou o concelleiro de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Antón Bao, quen remarcou que, "ao igual que o ano pasado", o Concello de Lugo "segue apostando por grupo galegos" pola "súa calidade".

"É unha responsabilidade por parte das administracións galegas, apostar polos músicos e polas formacións musicais do país que están a pasar, como moitos outros sectores, un mal momento por motivo da crise económica", subliñou Vao.

Desta forma, as festas de San Froilán abriranse o xoves 4 de outubro coa actuación --na praza de Santa María-- do grupo Leilía que presentará o seu traballo 'Consentimento'. O venres, día 5, actuará a Orquestra Folk Sondeseu que o ano pasado recibiu o Premio dá Crítica de Galicia.

Pola súa banda, o tradicional Domingo dás Mozas estará protagonizado por grupos femininos como Malvela que darán a coñecer o seu último traballo, 'Raianas'. O mesmo día, Sés presenta 'Admirando a Condición', na praza de O Campo Castelo.

Pola súa banda, o cantautor Emilio Rúa actuará o 11 de outubro en Lugo, mentres que a Víctor Aneiros Blues Band ofrecerá un concerto o 12 de outubro coa cantante canadense Julie Guravich.

www.europapress.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-09-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Luar na Lubre a favor do Monte Pindo
O evento "Luar Na Lubre en concerto presentando Mar Maior" terá lugar a partir das 20:30 horas do venres 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e vai doar o 5% da súa recadación á Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Un dos maiores embaixadores do Monte Pindo no mundo, o conxunto galego Luar na Lubre, baixo a batuta do mestre Bieito Romero, segue a demostrar o seu compromiso decidido para que o Olimpo Celta acade dunha vez a súa protección e desenvolvemento substentábel coa figura de Parque Natural que miles de cidadáns e centos de colectivos reivindicamos.

Este compromiso demostrouse reiteradamente en practicamente todas as manifestacións públicas de esta formación mundialmente coñecida demúsica celta desde Galicia: en entrevistas, concertos e mesmo coa inclusión dunha fermosa peza chamada "Monte Pindo" no seu anterior disco "Solsticio"; mais agora esta adhesión decidida vai moitísimo máis lonxe con ocasión da presentación en sociedade do álbum "Mar Maior". E é que, nin máis nin menos, Luar na Lubre pretende converter ese esperado momento nun auténtico acto benéfico a favor do Monte Pindo.

O evento "Luar Na Lubre en concerto presentando Mar Maior" terá lugar a partir das 20:30 horas do venres 14 de decembro no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, e vai doar o 5% da súa recadación á Asociación Monte Pindo Parque Natural. As entradas custan 18 euros e están xa á venta enNovagaliciabanco.com.

Desde a Asociación amósanse emocionados por este enorme acto de xenerosidade e compromiso a favor dun monte emblemático e da natureza galega no seu conxunto, e queren recoñecer e agradecer publicamente a Bieito Romero e ao conxunto dos integrantes de Luar na Lubre non só o seu apoio constante, senón que sempre teñan unha lembranza para este humilde colectivo no seu periplo mundial ata se converteren por méritos propios nun dos maiores piares nos que se asenta a demanda cidadá a favor do Parque Natural.

Convidamos a todos os galegos e as galegas a que anoten na súa axenda o 14 de decembro, pois sen dúbida ese será un día histórico para o Monte Pindo que todos tanto amamos e quixéramos ver máis protexido e desenvolvido cada día para o benestar tamén dos habitantes da contorna.

www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-09-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Medomedá
Con este primeiro e agardado disco de 12 temas, tódolos, e sobor de todo, tódalas seguidoras dos MEDOMEDA poden oir os seus exitos na casiña, no coche ou arrancando patacas por exemplo.

A verdade e que xa paracía inconcebibel que un grupo con tantos siareiros non tivese ainda un disco na rúa. Os temas son de todos conocidos ainda que con novas mezclas, así podemos escoitar titulos que todos tarareamos nos concertos señora especuladora, , un polvo botabao, quero ver como te ris....














Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Disco de Festicultores Troupe
Logo de sete anos a animar cos seus directos festas e romarías, Festicultores Troupe debutan no mercado discográfico con Os sadomusiquistas, unha festa dolorosamente pracenteira.

O disco achega dez temas inéditos e catro dos xa habituais nas súas actuacións como A Kabra Makabra, mantendo o ton festeiro e de pachanga propio do grupo. A gravación correu a cargo de Tomás Axeitos nos estudios A Ponte. Ademais do formato físico, o volume está dispoñible na rede en plataformas como Spotify,iTunes ou Grooveshark.























Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
2uS na beiravía e outras periferias

Sábese que 2uS son dous, si, pero cales? O clarinetista Fernando Abreu (Cuarteto Caramuxo, Banda Crebinsky, Orquestra Omega) e o guitarrista Pablo Carrera (Doctor Harapos) estrearon dúo hai catro anos cun par de referencias encontradas. Só son sons (2008), publicado por Falcatruada, propoñía un accidental pero exquisito escaparate de tradicións, do leste de Europa a Galicia con escala na outra África. Non só son sons, vertido á Rede polo netlabel do colectivo Alg-a apenas 15 días despois, parecía o seu reverso. Literalmente. Quince intervalos de improvisación e búsqueda radical impugnaban a forma canción e rescataban retallos sonoros concibidos en orixe para o teatro.

Dous, en consecuencia, é o segundo pero é o terceiro ensaio de 2uS, ou sexa de Abreu e Carrera. En réxime de autoedición, aínda que apareza estampado o logo de Nakra na contraportada do CD, con deseño ao cargo de Olalla Fernández, contén 11 cortes. Emparenta con Só son sons, aínda que non esquiva a improvisación —Swingprovisando, de feito, só estaba chamado a ser un exercicio de quecemento no estudio—, pero é distinto. Moito. A torboada amainou, polo que se ve, e 2uS asume de vez e con vagar o seu traballo cos acordes de calquera. A evidencia está na penúltima pista. Sukru apaña a melodía de Agir aydin zeybek e ofrécese no libreto como homenaxe ao autor da peza, o clarinetista turco Sükrü Tunar (1907-1962), e a todos os músicos populares do mundo.

Aquel leste adrenalínico de Jáskala non desaparece, pero deixa paso en Dous a unha cartografía parcialmente diferente. Está Cuba en Madame, que ía para tango e quedou en bolero. Está América no charango de Instrumentos en las paredes. Está o Brasil explícito de Bossanossa. E está África, claro, tamén en Galicia. Todo pasado pola peneira do dúo, que proba nun rexistro máis íntimo, con arrolos como Mateo, e mesmo arrisca no retrouso vocal entrevisto en Abanea. Amodo, sen arroutos como os de Fun-kings ou Stress. Tamén é certo que están máis sós, o que quere dicir menos eléctricos. No primeiro a nómina de colaboradores tiña case unha ducia de nomes. Desta vez, só Marcos Vázquez na batería, Pablo Pérez no contrabaixo e Leandro Deltell na percusión.

Na outra punta do gusto vén de aparecer na Internet —e nos próximos días en vinilo, nunha tiraxe financiada a través de crowdfunding— a secuela de Galician Bizarre. Un recompilatorio de bandas con base ou libro de familia en Galicia que vertebra, para ben e para mal, na estridencia. Irregular por definición, reúne 16 temas. A inmensa maioría en castelán, agás o do trío Wild Balbina, que factura en inglés o seu riot punk de aeroliña federal —vén de publicar en Elefant un single en vinilo azul, Eat Tacos—, e dous proxectos galegófonos: Sr. Anido, no arrinque da colección coa musculosa e motorizada Buraco negro, adianto talvez do que está por facer o autor intelectual do volume, Rafa Anido, e Terbutalina, que reparte Hostias como as do seu recente segundo LP.

O de Mullet é distinto. Non é que en Laioso se cante en galego: é que primeiro comparecen unhas cantareiras ruidistas —pouca broma— e ao final sampléase un dos peores momentos de Xosé Ramón Gayoso en anos e anos e anos de Luar na TVG. O experimento resulta do máis interesante do disco, xunto con Cambia de ciudad, un dos cortes que quedaron fóra do debut de Fantasmage; ou El ogro, outra distopía vintage e nada banal dos coruñeses Mano de Obra. A falta de srasrsra, que está a piques de publicar puchao —non era sen tempo, leva meses anunciado e bloqueado— e que non participa neste segundo Galician Bizarre, aí están os alaridos de Lobishome en La muerte.

Completan a selección Trajano! con Mono, Carrero Bianco con Horse Cum, Tora! Tora! Tora! con Crematorio, QVEK con Tella, me enamoré de ella, Los Televisores con Mona Lisa, Alarido Mongólico con El ataque de los belenes vivientes, Los Thyssen con La bola, Tetra & Freak con Frota Vaginas e Pastillas Mamut, que despide as últimas revolucións do plástico con Fiesta de mierda. Entre a aparente pluralidade de códigos, non deixa de resultar preocupante a recuperación de certos repertorios do pop punk nuevaolero, agora que os oitenta volven ser tendencia nas cifras do desemprego e a guerra en curso parece o que era. Teñan coidado aí fóra.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de 2us
Con nome de 2us, Fernando Abreu e Pablo Carrera presentan Dous, un traballo no que fusionan a música popular con sons tan afastados como os africanos, os orientais ou o jazz.

Partindo da base de guitarra e clarinete, o traballo segue na liña do seu anterior disco Son só sons e inclúe batería, contrabaixo e percusións nalgúns dos seus 11 temas. Editado baixo selo Nakra, o disco foi gravado e mesturado polo propio Carrera nos estudios Tooma, Pinkroom e Ancestral entre xaneiro de 2011 e maio de 2012.

2us en Melgaço from gus abreu on Vimeo.



Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Libro disco homenaxe a Juán do Freixo
JUAN DE FREIXO

Libro-CD editado por Inquedanzas Sonoras tributo a "Juan de Freixo", gran activista e dinamizador da cultura en Vigo, e concretamente do "Freixo Rock".


Os textos percorren distintos ámbitos da súa vida familiar, social, cultural e laboral, apreciandose o importante sentido do movimento veciñal e cultural que o caracterizou, o seu traballo axudou á dinamizar a actividade musical-xuvenil da parroquia do Freixo-Vigo conseguindo tamén unha interrelación entre as parroquias viguesas.

O CD contén música dos grupos nos que participou, ( Oxtiax ke te pariu, rondalla do freixo, O Ciprian e mailo can), alguns deles marcaron o camiño para outros grupos vigueses dos anos 90.
Formato libro 50 páxinas / CD con 26 cancións.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Disco libro `A máquina do tempo´
“Un disco para ler
un libro para escoitar”

A memoria, a nosa máquina do tempo coida segredos, débedas e palabras. Tamén fábrica ilusións e desexos que non repara nas consecuencias de camiñar, pola delgada liña que separa a nostalxia dos soños.


Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que mesturan poemas musicados e cancións. Dez composicións que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez...

A máquina do tempo conta coas ilustracións e o deseño de Nuria Díaz, que fai realidade a intención de construír unha obra dentro dunha mesma obra, procurando acadar a mesma maxia cando se escoite e cando se teña entre as mans..

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Oscar Ibañez
Oscar Ibáñez presenta o seu novo traballo “Alén do Mar”, unha viaxe sonora chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade , no que, ademais da participación dos músicos da súa banda “Oscar Ibáñez & Tribo”, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.

Con esta nova proposta Oscar Ibáñez pretende irmandar musicalmente as culturas atlánticas usando a música galega como fío condutor nunha mestizaxe musical fresca, moderna e innovadora na que predomina a sonoridade celta.
As diversas viaxes que Oscar Ibáñez realizou nos últimos quince anos por máis de trinta países de Europa, América latina e EEUU influíron decisivamente na maneira de definir unha proposta musical cada vez máis aberta na que amosa as afinidades musicais dos dous continentes.

Oscar Ibáñez, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América latina fundamentalmente, desenvolve un labor a medio camiño entre a investigación e a creación, co fin de realizar unha fusión sen límites, que ten coma resultado un novo e único son.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 18-09-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 17 (Luns)

Terza feira 18 (Martes)

Corta feira 19 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 20 (Xoves)

Sexta feira 21 (Venres)
• Projecto Mourente no Barriga Verde (Lalín)

Sábado 22
• Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
• Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
• Xornada Campás e campaneiros (Boqueixón-A Coruña)
• Luar na Lubre "Festival de la Luz", Boimorto
• Astarot no Salason (Cangas do Morrazo)
• III Festival da Cultuta proletaria (Cangas do Morrazo)
• Festival Asaghieiras Master (Lariño): Terbutalina, Marxe Esquerda, Kastomá,...
• Festival As Penizas Folk (Paramos-Tui): Pelepau, Anxo Lorenzo Band
• I Foliada de Esteiro (Muros)
• Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)

Domingo 23
• Masterclass de Anxo Lorenzo en Paramos (Tui)
• Curso de Laura Cortese en Xustáns (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-09-2012 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas (Vigo)
A Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo organiza, en colaboración coa Asociación Cultural Interfolc, as XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, que terán lugar os días 7 (acto de presentación) e 20 (concurso) de outubro no anfiteatro de Valadares e o 27 de outubro (final) no Auditorio Mar de Vigo.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado venres día 30 as bases de participación nas xornadas, nas que poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro. O grupo terá obrigatoriamente un mínimo de cinco parellas mixtas no escenario, e os seus compoñentes deberán ser maiores de 15 anos.

A solicitude de inscrición realizarase en impreso normalizado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei, s/n – 36202 VIGO) ou ao fax 986 22 16 66, dende o día 3 de setembro ata as 13:30 horas do día 15 de setembro de 2012.

Bases Xornadas de Danza e Musica Tradicionais Galegas
www.vigocultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
XLV Concurso de Gaitas en Ponteareas

Ponteareas acolle a 45 edición do seu concurso de gaitas

Ponteareas volverá acoller un ano máis un dos certames de música tradicional galega máis antigos da comunidade. A cita será o domingo 23 de setembro e o prazo para inscribirse estará aberto ata o día 18. En total participarán un máximo de quince grupos e a orde de actuación será o inverso do de inscrición. Os gañadores poderanse levar premios desde 1.800 euros a 600, ou un lote de material. A xornada está enmarcada nas festas tradicionais de setembro do concello.

Inscrición Concurso de Gaitas 2012

1.Descargar o PDF adxunto.
2.Cubrir todos os campos.
3.Presentalo no Rexistro de Entrada da Casa do Concello ou envialo por correo a: Concello de Ponteareas. Rexistro de Entrada. Xardíns da Xiralda, s/n. 36860 Ponteareas.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2012 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
• iLalelo Carlos Blanco & Budiño Dj no Ensanche (Music Club Vigo) ás 23:00
• Doa no café Escondida (Espasante)
• Tanto Nos Ten, a Banda da Balbina, Mordecáns en Carnota
• Milladoiro no auditorio Mar de Vigo (Vigo) ás 22:00
• Xoán Eiriz no auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20.30
• Os Cuchufellos, Zënzar e Iria Flavia na Praza Andrés de Prada do Barco de Valdeorras ás 21.00
• Foliada na Cova Céltica (A Coruña)

Sábado 15
• XX Aniversario de Donicelas ás 21:30 no Parque Raiña Aragonta (Salceda de Caselas)
• II Festa popular Froles Mareliñas (Chapela-Redondela)
• Dúo Sobre Rodas nas Festas da Seara no Courel ás 21:30
• Abóbriga e Noitarega en Chain (Gondomar) ás 21:30
• Festival do Paraiso (Monforte de Lemos): Festicultores, Recambios Tucho, SkandaloGZ,..
• Festival-Romería Catalmibre Tradicional (O Burgo-Culleredo): El Ventolín, No Combarro, Catalmibre Tradicional e O Gaiteiro Freixo

Domingo 16
• Martelo no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro en Vigo a metade de prezo
Milladoiro actuará o 14 de setembro no Auditorio Mar de Vigo na súa xira "33 anos despois" nun espectáculo organizado por Atlantico Diario.

Nesta ocasión o grupo Milladoiro estará acompañado da cantante portuguesa Mafalda Arnauth. Atlántico Diario organiza este acto con motivo do 25 aniversario da creación deste diario vigués.

As entradas xa están á venda, pero se queres conseguilas a metade de prezo, ofrecémosche un cupón desconto exclusivo desde Vigo Low Cost.

Consegue as túas entradas a metade de prezo
O prezo das entradas para este espectáculo é de 10€, pero podes conseguilas por só 5€. Poderás comprar as entradas a metade de prezo nas oficinas de Atlántico Diario, para iso só tes que imprimir o cupón que tes aquí debaixo ou ensinalo desde o teu móbil. As oficinas de Atlántico Diario están en Avenida de Camelias, 104. Esta oferta é válida até esgotar existencias.

Para imprimilo fai click secundario na imaxe e dálle a "Gardar imaxe como" así o descargarás e posteriormente poderás imprimilo desde o teu computador. Tamén podes descargalo en formato pdf desde esta ligazón.

Milladoiro e Mafalda Arnauth actuarán o día 14 de setembro ás 22.00 no auditorio Mar de Vigo. O auditorio está en Avda. Beiramar, 59

Máis información

www.Atlantico.net
Avenida de Camelias 104, baixo
Teléfono: 986 208 686 / 902 180 362

www.vigolowcost.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
XX aniversario de Donicelas en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega e Abóbriga en Chaín (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa popular Froles Mareliñas (Chapela-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos na IV Festa da Queimada (Carnota)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos no Barco de Valdeorras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2012 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Paradiso (Monforte de Lemos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-09-2012 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María e presentación do novo disco de Uxía na Coruña


O teatro Colón acollerá a iniciativa da Fundación Manuel María para disfrutar este xoves 13 de setembro, a partir das 20.30 horas, dun concerto en memoria do poeta galego. Lúas de Outono permitirá aos asistentes escoitar á cantante Uxía Senlle interpretando doce dos poemas do escritor de Outeiro de Rei, os cales estarán recollidos no seu novo disco, Andando a Terra.

O secretario da Fundación, Alberte Asende, destaca que esta pequena homenaxe busca "dar a coñecer, gozar e celebrar a palabra de Manuel María". Unha palabra que se moveu durante toda a súa vida entre temáticas tan variadas coma o compromiso político, o amor, a relixión ou a mitoloxía, e que aínda segue presente recén cumprido o oitavo aniversario do seu falecemento na cidade que mañá recibe de novo as súas verbas.

Asende amosouse moi agradecido coa Deputación da Coruña pola cesión do teatro Colón, á vez que calificou ao recinto de "perfecto" para un acontecemento destas características, tanto por razóns acústicas como de aforo. O secretario tamén quixo animar á xente para que se achegue a recordar a un home "moi importante" na historia das letras galegas.

Uxía Senlle, pola súa parte, afirmou que os poemas seleccionados para o concerto tratan de amosar "todas as caras" dun poeta do que destacou a súa sinxeleza e naturalidade, e cuxo legado é dos máis ricos e variados de toda a literatura galega.

O acto tamén servirá para presentar o DVD Danza do poema emocionado, producido pola coruñesa Píxel Films, do que formarán parte sete poemas da literatura infantil de Manuel María. As pezas seleccionadas percorrerán os máis de 50 anos que abarcan a obra do autor.

A entrada ao concerto será totalmente gratuíta, até completar aforo. Os pases poderán recollerse nos despacho de billetes de teatro Colón, a partir das 18.30 horas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en Xacarandaina (A Coruña)
A Asociación Cultural Xacarandaina abre o seu plazo de matrícula para as actividades do curso 2012-2013

Ademais das clases do apartado de cultura tradicional como canto e pandeireta, gaita, baile tradicional, percusión ou acordeón, a A.C. Xacarandaina oferta clases de debuxo e pintura, guitarra, bailes de salón, encaixe de bolillos, pilates, ximnasia de mantemento e clases de historia da arte.

O día 22 de Setembro Xacarandaina celebra o Día de Portas Abertas no local social de Xacarandaina.
Visítanos e proba as diferentes actividades de maneira gratuíta! Para máis información podes poñerse en contacto coa Asociación a través do seu número de teléfono 981 277 315 ou consultar na web www.xacarandaina.com.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2012 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na Escola de Música Tradicional de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Cantigas e Agarimos (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Ultreia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Brincadeira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Rebulir (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-09-2012 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Voltan as foliadas á Casa das Crechas (Compostela)
Este ano a Casa das Crechas e as súas FOLIADAS cumpriron 25 anos.

Como non podería ser doutra maneira, este mércores 12 de setembro, a partir das 22:30 (aprox) voltan a comezar as increíbles FOLIADAS no seu espazo orixinal amenizadas por músicos profesionais e músicos afeccioados.
Será unha festa aberta a todo aquel que queira cantar, bailar ou tocar algún intrumento, ou, simplemente vir a desfrutar da enerxía e da paixón deste punto de encontro como é, e leva sendo, a Casa das Crechas dende finais do Século XIX.

Vide a tomarlle unha ás Crechas o mércores. Saúde¡¡¡
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-09-2012 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Fito, alma da Roda
Fomos moitas as persoas que choramos por Adolfo Domínguez Otero, a quen todos coñeciamos por Fito, o fundador, cantor e alma do grupo A Roda. O seu pasamento, como o da súa compañeira Filo Dourado, apenas unhas semanas antes, constitúen senllas perdas desoladoras para a música galega. Galicia enteira, mais sobre todo o Vigo metropolitano e a afección celtista, non vai esquecer a quen foi a voz varuda e rexa que mellor expresou o entusiasmo de compartirmos a vida e a ledicia de formar parte da comunidade galega.

Sei que o tempo recoñecerá o labor xigante que Fito fixo a prol da recuperación da canción do folclore galego dende a creación do grupo A Roda en 1976. Unha epifanía que como contou o sábado Ferrín na columna de "No fondo dos espellos" se produciu na taberna da Viuda, hoxe desaparecida, situada na Travesía da Aurora, a carón da taberna de Eligio. Aí naceu o nome do grupo, desa roda que, arredor do mostrador circular daquela tasca, formaban os amigos de Fito e Luís Vaamonde cando, para se divertir, cantaban con enxebreza cancións populares galegas mentres compartían unhas chiquitas. Aí, no repertorio desas cancións de taberna, xermolou o espírito do grupo, ese celme inequívocamente popular, obreiro, vigués e galeguista que A Roda, e Fito Domínguez moi en particular, representaron con afouteza e enorme dignidade ao longo de toda a súa traxectoria musical.

Mais o fenómeno popular que, logo, supuxo A Roda debeuse, ademais, á intuición de Gustavo Ramudo e Xerardo Rodríguez, daquela responsables da serie Xeira de Discos Movieplay de Madrid, que souberon da existencia do grupo tabernario por Suso Vaamonde (irmán de Luís) coincidindo coa gravación do seu inesquecible "Nin rosmar un laído", o 28 de outubro de 1977 no Teatro Cine Veiga de Moaña. Pouco tempo despois Movieplay publicaría o primeiro elepé do grupo, no que incluíron trece cancións, presentadas como adaptacións de temas populares. Un disco que se abría e pechaba con "O andar miudiño", e no que estaban tamén pezas inesquecibles como "Pousa, pousa", "Lévame", "A filla", "A cantiga de Betanzos" ou "O gato" (composición que se debe a Manuel da Ponte). O éxito popular daquela gravación foi tremendo naquel tempo de entusiasmo e de axitación política, coincindo coa Transición, falándose de que chegaron a vender máis de sesenta mil exemplares. A Roda, ademais, obtivo o Premio da Crítica Galicia na súa primeira edición, recoñecéndoselle "o traballo de recuperación do folclore", galardón que compartiron co disco alboral de Milladoiro, aquela primeira formación de Antón Seoane, Rodrigo Romaní e Xosé V. Ferreirós, "polo seu labor na música popular".

Éxitos que repetiron co segundo elepé, "Falemos galego", publicado en 1979, que abriron con "Foliada do Celta", unha canción que uníu para sempre á Roda co equipo celeste, converténdose co paso do tempo no segundo himno celtista. Colaboración co club galego que levaría en 1999 a publicar un disco no que gravaron o himno do Celta, unha versión da rianxeira e a participar nas diversas celebracións do ascenso, a última o pasado 3 de xuño. Outrosí sucedeu con "Falemos galego", a canción que pechaba e titulaba este segundo disco, onde o grupo exaltaba o noso idioma e afirmaba o seu uso na rúa e na escola, nun momento decisivo do seu proceso de oficialización, anterior á aprobación do Estatuto de Autonomía e da Lei de Normalización Lingüística. Compromiso coa lingua que A Roda mantivo de xeito inquebrantable ao longo da súa historia e da que os seus membros deron testemuña en cada un dos seus centos de concertos por toda a xeografía galega e nas súas viaxes a distintos países europeos e americanos, onde foron recibidos con enorme entusiasmo polas comunidades galegas emigradas.

Fito Domínguez foi o único dos fundadores do grupo que se mantivo ao longo destes 36 anos de traballo, nos que gravaron quince discos e nos que desenvolveron un repertorio popular, que en moitos casos contribuíron a rescatar do esquecemento. Lonxe da súa orixe amadora, ao longo da súa prolífica andaina, A Roda realizou un traballo musical moi valioso e concienzudo, sobre todo no que atinxe á recuperación e adaptación de foliadas, alalás, panxoliñas e outras cantigas de festa e traballo, pezas do patrimonio inmaterial que hoxe recoñecemos como populares grazas as súas magníficas versións.

Varias xeracións de galegos non somos quen somos, non sentimos como sentimos, non expresamos a nosa ledicia como o facemos sen as cancións que naceron na roda da Viuda, sen eses himnos saudosos que nos unen, identifican ou emocionan até bagoar. Estas cancións permanecerán na nosa memoria como engramas imposibles de esvaecer. Fito Domínguez, como os seus amigos do corazón, os irmáns Suso e Luís Vaamonde, foron, son e serán a voz de todos nós. Beizóns!

Manuel Bragado

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2012 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a David Bellas García
‘Cadernos de gaita’ é a primeira publicación do viveirense, na que recolle 24 estudos tonais para gaita de fol. A falta de material para traballar certos aspectos técnicos motivou que o autor fixese este libro destinado a gaiteiros con certo coñecemento sobre a técnica expandida.

A GAITA forma parte da vida de David Bellas dende que á idade de 8 anos comenzou na banda de gaitas O Son do Sor do Barqueiro. Tres anos máis tarde pasou a formar parte da agrupación do Barqueiro, coa que percorreu toda a xeografía do Estado, recibindo numerosos recoñecementos e varios premios da Liga Galega de Bandas de Gaitas e tamén en concursos. No ano 2003 fundou o cuarteto O Chupacabras, co que deu numerosos concertos e recibiu innumerables galardóns. Ademais de gaiteiro, no referido á música folk traballou activamente como saxofonista, compositor e arranxista. Agora, centrado na súa labor como profesor, presenta este libro como material para a docencia.

En que aspectos se centra esta publicación?
É un libro de estudos para traballar diversas cuestións técnicas. Os estudos están destinados a ser tocados con gaita de fol soprano, entendendo por gaita soprano calquera entre Eb e Bb, sendo as máis frecuentes na actualidade D, C e Bb. Están ordenados de forma cromática, expoñendo en primeiro lugar o modo maior e seguindo polo menor de cada altura, facendo isto en tódalas tonalidades partindo de C e chegando ata B.

A quen está destinado o libro?
A gaiteiros con certo coñecemento sobre a denominada como técnica expandida, que comezou na gaita con Paulo González.

En que partes se divide este proxecto?
Son 32 páxinas, con 24 estudos tonais, unhas notas previas e agradecementos. Ás veces hai libros que son moi bos pero que non son prácticos á hora de traballar. Eu quixen eliminar o superfluo para que fora unha ferramenta de traballo útil.

http://elprogreso.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2012 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
24 estudos tonais para Gaita de Fol
24 estudos tonais para Gaita de Fol
David Bellas
32 páxinas A-4.


Os presentes estudos están destinados a ser tocados con gaita de fol soprano, entendo por gaita soprano calquera entre Eb e Bb, sendo as máis frecuentes na actualidade D, C e Bb. Están ordenados de forma cromática, expoñendo en primeiro lugar o modo maior e seguindo polo menor de cada altura, facendo isto en tódalas tonalidades partindo de C e chegando ata B.
Este caderno de estudos está destinado a gaiteiros con certo coñecemento sobre a denominada como técnica expandida (que comezou na gaita con Paulo González). Os estudos son moi estables tonalmente, debido a necesidade do asentamento do material, tanto no referente aos diferentes recursos técnicos como de coñecemento íntimo de cada tonalidade no instrumento.

para mercar neste link: http://dosacordes.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 12-09-2012 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 10 (Luns)

Terza feira 11 (Martes)

Corta feira 12 (Mércores)

Quinta feira 13 (Xoves)
• Tornaxeira na Praza Andrés de Prada do Barco de Valdeorras ás 23:30

Sexta feira 14 (Venres)
• iLalelo carlos blanco & budiño Dj no Ensanche (Music Club Vigo) 23:00
• Doa no café Escondida (Espasante)
• Milladoiro no auditorio Mar de Vigo (Vigo)
• Xoán Eiriz no auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20.30
• Os Cuchufellos, Zënzar e Iria Flavia na Praza Andrés de Prada do Barco de Valdeorras ás 21.00

Sábado 15
• XX Aniversario de Donicelas ás 21:30 no Parque Raiña Aragonta (Salceda de Caselas)
• Abóbriga e Noitarega en Chain (Gondomar)
• Festival do Paraiso (Monforte de Lemos): Festicultores, Recambios Tucho, SkandaloGZ,..
• Festival-Romería Catalmibre Tradicional (O Burgo-Culleredo): El Ventolín, No Combarro, Catalmibre Tradicional e O Gaiteiro Freixo

Domingo 16
• Martelo no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2012 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer