Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo video de Noitarega
Xusto tres meses despois do lanzamento do tráiler promocional, presentamos agora o primeiro videoclip de Noitarega, "Muiñeiras", extraído do seu novo traballo discográfico "XXI", cuns convidados de luxo como son os bailadores de O Fiadeiro Miguel Souto, María Prieto, Berto Costas e Carmen Pérez.

"XXI" é o disco conmemorativo dos 21 anos de existencia do grupo, que inclúe colaboracións musicais de Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Pandeireteiras Grialia, Silvia Costas e Coral Lago.

Máis información de Noitarega en:
www.myspace.com/noitarega

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 23-09-2010 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá en Compostela
Concerto para espertar ao rei a víspera do día da patria en Compostela

Lamatumbá - Unha noite na Quintana - 2010 from pixelin on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 23-09-2010 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Consecuencias surrealistas do novo decreto contra o galego
Carolina ten "falda" non saia
“La falta de Carolina tiene un lagarto pintado”. Así comeza a única canción galega incluída no libro de música dos alumnos de sesto de primaria no colexio ‘A Laxe’, en Marín. A asignatura dábase até agora en galego pero o polémico Decreto do Plurilingüismo virouna ao castelán con resultados tan elocuentes como este para comprobar a situación que se está a vivir no ensino


A materia de Música impartíase en galego no colexio A Laxe de Marín até este ano, cando entrou en vigor o polémico decreto do plurilingüismo. Antes, o libro estaba en galego pero o cambio legal impuxo un texto en castelán e nel mesmo se traducen as cancións da tradición galega.

Deste xeito, a célebre A saia da Carolina aparece como La falda de Carolina, nunha tradición -iso si- coidada que adapta fielmente os ritmos da melodía orixinal. "Carolina es una loca / que todo lo hace al revés / se viste por la cabeza / se desnuda por los pies", len os rapaces do centro de Marín neste libro editado por Galinova.

Ademais deste tema, inclúense outros da música popular contemporánea como We are the champions, de Queen, que aparece traducido tamén ao castelán agás o retrouso. Complétase o catálogo de melodías con títulos como Ya se murió el burro, Villancico marinero ou El conde Olinos.

O cambio de libros escolares por mor do decreto, que levará un custo aproximado extra de seis millóns de euros, está custeado polas familias, pero tamén conta cunha liña directa de subvención.

Segundo Queremos Galego, ademais, as prospeccións que está a facer a propia plataforma amosan que "existe un incumprimento clamoroso" do chamado "equilibrio lingüístico" tan pregoado polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e de feito, denuncian, nin sequera se respecta o 50% das clases en galego que como mínimo establece o decreto.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2010 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
V Certame de gaiteiros Solistas Manuel Dopazo (Bandeira)
BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Poderán tomar parte todos os gaiteiros solistas que o desexen, establecéndose unha
única categoría.

SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no V CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS “MANUEL DOPAZO” deberán enviar o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN cuberto (ORIXINAL ASINADO) á Asociación Cultural Vista Alegre, R/ Vista Alegre nº 16, 36570 – A BANDEIRA (Pontevedra), antes do día 25 de Setembro, ou remitilo por fax ó número 986 58 55 50, ou enderezo electrónico: asocvistalegre@terra.es

O impreso de solicitude, orixinal asinado, para participar no Certame, deberá ser remitido por correo á organización, ainda que antes se enviase por fax ou correo electrónico.

O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
A Organización poderá suspender ou aprazar o Certame se non se reune un número mínimo de participantes, o cal será establecido polos organizadores. Esta incidencia será comunicada ós participantes polos mesmos medios establecidos para a inscrición.

CUARTA
As gaitas deberán ser galegas de organoloxía tradicional e o gaiteiro só poderá ir acompañado (1 acompañante) de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

QUINTA
O estilo e carácter da(s) peza(s) a interpretar, serán necesariamente galegos, tanto de tipo tradicional como de autor galego contemporáneo.

A duración da(s) interpretación(s) non rebasará os 6 minutos en total (excluida a afinación).

É obrigatorio que os participantes vistan o traxe tradicional galego.

A orde de participación no Certame, será inversa á de inscrición. O primeiro en inscribirse, será o último en concursar, o segundo o penúltimo e así sucesivamente.

SEXTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:

1º. Clasificado: 1.500 € e Diploma (Concello de Silleda)
2º. Clasificado: 700 € e Diploma
3º. Clasificado: 500 € e Diploma

SÉTIMA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, expresividade na interpretación, dificultade de execución e orixinalidade no arranxo e/ou composición das pezas a interpretar. Ditos apartados serán avaliados independentemente por cada membro do xurado cun máximo de dez puntos cada un, de xeito que cada concursante poderá acadar un máximo de 40 puntos por cada membro. A suma das puntuacións de cada compoñente do xurado, outorgará a avaliación final de cada gaiteiro participante.

O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

OITAVA
Ó remate do certame, tódolos participantes interpretarán xuntos o Himno Galego, e para isto deberán empregar gaitas na afinación de do e a 440 Hz. Ó final destas bases acompáñase partitura do Himno Galego a interpretar.

NOVENA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.


O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2010

Para consultar calquera dúbida, chamar ós teléfonos: 986 58 55 50 (de 16 a 22 h.)
699 41 85 14

REMITIR ANTES DO DÍA 25 DE SETEMBRO DE 2010 A:
Asociación Cultural Vista Alegre
R/ Vista Alegre nº 16 - 36570 A BANDEIRA (Pontevedra)
Fax: 986 58 55 50 u e-mail: asocvistalegre@terra.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2010 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso de Gaitas de Ponteareas
O concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, outorgou o seu primeiro premio o pasado fin de semana ao grupo Rédea Solta, de Poio. O cuarteto, composto polos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibañez, Ramón Corral e Marcos Pérez, logrou 1.800 euros.

O segundo clasificado foi Canle Dada, de Nigrán, que logrou 1.200.

Os posto terceiro e cuarto, con 900 e 600 euros respectivamente de premio, foron para os grupos Rebuldeiros, da Coruña, e Picuiña, de Marín.


Ademais, o festival deste ano, cando se cumpren 43, tamén outorgou un quinto premio consistente nun lote de material musical doado pola empresa Bannatyne Pipe Bags, que recaeu sobre o grupo Miañadura, de Madrid.

Houbo máis sorpresas ao longo da tarde, posto que o Concello de Ponteareas tamén lle concedeu un diploma a título póstumo a Constante Pérez Bermúdez, gaiteiro coñecido da parroquia de Prado, que logrou o primeiro posto no concurso de 1947. A súa familia presentou o diploma que aínda conserva, que pasou ao Museo municipal de Ponteareas.

La Voz de Galicia

Rédea Solta


Canle Dada


Picuiña


Miañadura


Os Trebellos do Morrazo


Fol de coiro
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. V. C Casco Vello (Vigo)

Cursos 2010-2011
As clases comezan no mes de outubro

Confección de traxe tradicional Galego:
Comeza en Xaneiro
Luns de 17:00h a 19:00h grupo de iniciación
Luns de 19:00h a 21:00h grupo de perfecionamento

Baile Tradicional Galego:
Luns de 21:00h a 22:30h grupo de perfecionamento I.
Martes de 21:00h a 22:30h grupo de perfecionamento II.
Mércores de 21:00h a 22:30h grupo de iniciaciónI.
Sábado de 11:30h a 13:00h. Iniciación II.

Gaita e percusión:
Luns de 20:30h a 22:30h. Iniciación
Xoves de 20:30h a 22:30h. Perfecionamento

Canto popular e pandeireta:
Martes de 16:00h a 18:00h Medio. Grupo I
Martes 18:00h a 20:00h Perfecionamento. Grupo II
Mércores de 16:00h a 18:00h iniciación. Grupo III
Mércores 18:00h a 20:00h Perfecionamento. Grupo IV

Guitarra:
Martes de 20:00 a 21:00.

Acordeón diatónico:
Martes de 20:00h a 22:00h. Grupo I
Sábado de 11:00h a 13:00h. Grupo II

www.avcascovello.com
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 21-09-2010 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. C. Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
A asociación cultural Lembranzas da Ría oferta cursos anuais das actividades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto.


Estes cursos van dirixidos a todas as persoas maiores de cinco anos que queiran aprender un pouco máis da cultura tradicional do noso pobo.

Outeiro de Balea, 8 - Darbo
36949 Cangas do Morrazo
Teléfonos:
605 094 203 (Manolo)
670 706 147 (Miguel)
www.lembranzasdaria.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2010 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. C Trepia (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-09-2010 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
Clases de gaita de fol con Pablo Carpintero (Compostela)
Estas clases van dirixidas fundamentalmente a gaiteiros/as xa iniciados/as, posto que serán eles/as quen mellor poderán aproveitar algunhas das ensinanzas prácticas que nel se impartirán, malia que tamén se imparten clases de iniciación.

O curso ten unha duración dun ano, cunha hora de clase por semana, malia que isto pode ser modificado polo alumno/a. Os seus obxectivos son:

-Aprender e/ou perfeccionar os recursos interpretativos tradicionais en dixitación aberta ou en calquera das pechadas existentes en Galicia.

-Aprender repertorio tradicional.

-Aprender a facer palletas, pallóns, así como a afinar os punteiros manexando as palletas.

-Aprender a construción e manexo de instrumentos sinxelos relacionados coa gaita de fol como son as gaitas de cana e sabugueiro, pipas de alcacén etc., incluso aprendendo a tornear instrumentos sinxelos ou a manexar outros instrumentos que lle interesen ao alumno/a como a trompa, rabel, caramelas, follas, etc.

Esta parte práctica complementarase cunha teórica onde o alumno/a irá aprendendo, ao longo do curso, cuestións relacionadas coa historia da nosa música tradicional, da gaita de fol, os nosos intérpretes máis destacados etc., programándose algunhas saídas de campo para coñecer de primeira man a algúns destacados portadores da nosa tradición.

As clases impartiranse no obradoiro-museo do autor na Rúa das Mulas nº 38 en Santiago de Compostela (a carón do polígono industrial do Tambre).

O prezo das clases é de 20€ por hora.

Se estades intersados/as podedes chamar ao teléfono 626 588 381 ou escreber ao enderezo pablo.carpin@gmail.com para combinar os horarios que máis vos conveñan.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
Escola Bellón-Maceiras (Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. C. F. O Fiadeiro (Vigo)
Dende o 1 de setembro está aberto o prazo de inscricións para as nosas actividades.
As clases comezan en outubro.
Así que xa sabedes animádevos e podedes participar no que mais vos guste.

Toda a información dos cursos a tendes na nosa web www.ofiadeiro.com (na sección Escola) ou no teléfono da asociación 629 585 355 / 986 253 585
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Escola Retrouso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na Escola de Música Tradicional de Ourense

Presentacións das outras escolas:

-Parque Barbaña, comezaremos o martes 5 de outubro de 19:00 a 20:00

-EMT de Allariz: Presentación e posta de horarios o sábado 2 de Outubro as 11:00

-EMT de Maceda: Presentación e posta de horarios o venres 8 de Outubro as 18:00
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas de Cántigas da Terra (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da A. S. Fogo Fatuo (Rianxo)
- COMEZO DAS CLASES DE PANDEIRETA PARA NEN@S O MÉRCORES 6 DE OUTUBRO

- COMEZO DAS CLASES DE BAILE TRADICIONAL PARA NEN@S E PERFECCIONAMENTO O VENRES 8 DE OUTUBRO

- COMEZO DAS CLASES DE GAITA E PERCUSIÓN O SÁBADO 9 DE OUTUBRO

- COMEZO CLASES INICIACIÓN AO BAILE PARA ADULT@S O SÁBADO 9 DE OUTUBRO
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG (Compostela)
Xa está aberto o prazo de inscrición da Escola Livre da MPG, a sección docente d'aCentral Folque en Santiago de Compostela con ensino regular en diferentes instrumentos populares e con mestres en activo nos circuítos profesionais do folk e a música tradicional coma Edelmiro Fernández "Chuco" Estévez, Paulina Ceremuzynska, Guadi Galego, Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Pedro Pascual, Roberto Sala e Gutier Álvarez.
As aulas estarán repartidas entre tres Centros Socioculturais de Santiago (Castiñeiriño, Fontiñas e Pontepedriña) e os días de docencia serán os sábados e os luns (dependendo da especialidade). O número de prazas é limitado.

Para inscribirte, debes facer chegar o formulario de inscrición ás oficinas de aCentral Folque

- envio do formulario online
- correo electrónico ao enderezo electrónico matriculafolque.com. O formulario podes descarregalo + abaixo
- correo ordinario ás oficinas administrativas de aCentral Folque en Santiago (Salvadas 22, baixo, 15705)
- persoalmente nas nosas oficinas (10-18 h luns a venres)


Se queres máis detalles das materias, o prefesorado, a escola,... bota un ollo á sección de ensino da páxina web www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-09-2010 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 20 (luns)

Terza feira 21 (Martes)

Corta feira 22 (Mércores)

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
• Contradança no Bar Batallón (Vigo)
• Pablo Carpintero en Rairiz de Veiga
• Chotokoeu na sala The Star (Carral)
• Ruxe-Ruxe e Skandalo GZ no pub Inferno (Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes).
• Serán en Gargamala (Mondariz) no adro da igrexa

Sábado 25
• Ghaita de Pedra no Bar Batallón (Vigo)
• A Quenlla no Bar Hipólito (Vigo)
• Cantigas da Terra no Lar (As Pontes)
• Dúo Fernandez&Quintá no pub O Muiño (Cervo)
• Cantigas e Agarimos en Vilalba
• Trapallada en Palavea (A Coruña)
• Tic-Tac (Pablo Díaz) no Centro Sociocultural A Ramallosa, Teo
• Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)

Domingo 26
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-09-2010 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xurxo Souto
Unha voz que namora acompañada dun acordeón que respira sentimento. Eso foi Xurxo Souto (A Coruña, 1966) nos Diplomáticos, a banda de tres pesetas, como el sempre lle chamou, que montou van alá vinte anos e que este domingo volve xuntarse para un concerto único, ou para un único concerto. Coa lembranza daquelas primeiras veces fervéndolle no sangue, prestouse para esta conversa.

Pregunta: Se lle parece ben, non lle farei ningunha pregunta. Só lle lerei as palabras e as frases que o definen a vostede e o seu paso polos Diplomáticos, para que mas vaia explicando.

Resposta: Moi ben. Empeza!

P: Pois... 25 de xullo.
R: Ten moito significado porque é o día do meu cumpreanos (ri). É unha tripla celebración, individual, familiar e, por suposto, colectiva.

P: Montealto.
R: O centro do mundo! Sempre diciamos que Montealto era a Coruña con casas ao lado, porque alí estaba todo o importante da cidade, a Torre de Hércules, o cemiterio e o barrio de ambiente, e o resto eran casas pegadiñas.

P: Rock 'de cidade' e en galego.

R: A chave está en facer o que che pete, e non o que che digan que tes que facer. Efectivamente, cando arrincaron os Diplomáticos, os gurús de entón dicían que o galego non valía para o rock and roll e que na Coruña ninguén falaba galego. Polo tanto, seica non podía existir na Coruña un grupo de rock que cantase en galego. Nós fixemos o contrario. No noso barrio falábase galego, fixemos a música que nos petou, un grupo radicalmente coruñés e que afortunadamente tivemos a oportunidade de coñecer se non todos si a maioría dos currunchos ou unha parte importante do noso país grazas á música.

P: Ano 37, guerra civil...
R: (risas) Alexandre de Fisterra inventa o futbolín! Esa canción viña a dicir que as cousas máis humildes esconden historias marabillosas. E esa máquina compartida, colocada en fronte do autismo das consolas actuais, narraba a historia deste home, que foi testamenteiro de Leon Felipe, que viaxou por todo o mundo, que editou poesía en galego a eito en México e que, ademais de todo iso, inventou o futbolín.

P: Caciques.
R: É un dos temas dos Diplomáticos, e é un andazo que está no noso ADN. Dentro de nós levamos o ser carnocho que pode cambiar o mundo, pero levamos tamén a semente do cacique, que o fai todo por conveniencia. Hai que ter coidado, porque cando te descoidas sae de ti a vehemencia do carnocho, ou pode saír o gran cacique.

P: Cando empezaron fixérono con ganas de troula e de reivindicar a cultura galega a través de figuras coma a de Alexandre de Fisterra. Co paso dos anos mergulláronse nos problemas do país, con temas coma ese 'Caciques'. Que lles tira hoxe do peito para facer música?
R: A música para nós é a forma máis radical da comunicación, onde ademais da razón funciona a paixón, e cada vez que tocamos deixamos de estar na periferia e estamos no centro do mundo. A Galiza mándanlle eses arquetipos do que ten que ser, un lugar afastado, pero os galegos somos xente creativa e decidimos crear un discurso para compartir con todos os pobos do mundo. Xa o dicía Luis Seoane: 'Queremos facer feliz ao mundo coa riqueza da nosa diversidade'.


Algo máis ca música

P: 'Fumareu'.

R: É unha palabra que descubrín no dicionario cando era neno, un remuíño no mar. Pareceume un termo evocador, especialmente fermoso, unha imaxe de remexido de quince mil historias. Calquera que camiñe pola nosa contorna cun pouco de atención poderá atopalas. Eu comecei a apañalas todas cando me convertín en músico, e despois non tiven máis remedio ca escribilas. A sorte de coñecelas foi un agasallo, unha lección que me deu a música.

['Fumareu' (1997) é o segundo dos libros publicados por Xurxo Souto, despois de 'A tralla e a arroutada' (1995). Ambos contan as rutas dos Diplomáticos, e tras eles chegaron outros xa máis coñecidos, coma 'Tres trebóns' (2005) ou a novela 'O retorno dos homes mariños' (1999)]

P: 'Arroutada pangalaica'.
R: Foi o primeiro disco, ese sentimento de que a realidade toda estaba a agardar por nós, a que deramos un paso cara adiante e nos decidiramos a conquistala, a superar esta visión da Coruña pobre, que só podía facer pop de provincias, unha imitación do que se facía en Madrid ou en Londres, a través da mistura de todas as músicas que tiñamos na casa.

A 'arroutada' é o impulso do ser carnocho que quere cambiar o mundo e que loita constantemente contra esa postura acomodada do cacique; e 'pangalaica' porque se fala moito de Galiza pero coñécese moi pouco o noso país. A maior parte da xente, a imaxe mental que teñen do seu lugar nativo é Santiago un 25 de Xullo e, sen embargo, movémonos no medio de tópicos coma aquel do que falabamos antes de que na Coruña ninguén falaba galego cando, en números absolutos, é a cidade con maior número de galegofalantes do país. Paga a pena ter unha imaxe máis ampla, para coñecernos a nós mesmos e para superar eses arquetipos que nos limitan.

P: Constante Permuy.
R: (pénsao) É Montealto en estado puro, a referencia dun rapaz que vivía nun barrio con casas obreiras, feas e mal construídas que se decata de súpeto de que está a habitar en grandes latitudes. Montealto ten unha pedra chantada no Atlántico, que ve como o océano todo está a chamar por nós e que, de súpeto, toda esa vehemencia telúrica faille estoupar o peito e nace o principio da nosa aventura.

P: Mais era tamén o protagonista dunha radionovela...
R: Xa non me acordaba! (risas) Efectivamente! Na Radio Galega comecei a colaborar con Carlos Blanco, con Amelia García e con Mari Pereira, cun programa dedicado á música galaicotropical, e deixáronme escribir unha radionovela, a primeira, 'Indiana Jones en Compostela'. Despois fomos subindo moito e xurdiu Os frigoristas, porque nun barco pesqueiro, nun conxelador deses que van ás Malvinas, o superheroe non é o capitán, senon o frigorista que mantén o peixe en perfecto estado. Era unha novela dedicada a esta figura, a Constante Permuy, un rapaz de Montealto, e para a banda sonora chamei a un compañeiro meu...

P: A Rómulo Sanjurjo...
R: Sii! Que xa fora compañeiro meu nun grupo, en Belida, e compuxemos aquela peza que dicía (arríncase a cantar) 'Non chas quero, non chas quero, nabizas do teu nabal...' Empezou a escoitarse polos bares da parte vella de Compostela e foi unha auténtica conmoción! Lembro unha noite na Casa das Crechas que puxeran cinco veces seguidas esa peza... absolutamente marabilloso!


Cando as intencións substitúen as cervexas

P: 'Virtuosismo, sentidiño, moinantismo, arroutada e paixón'. Eran os cinco vocablos cos que vostede definiu o espírito dos Diplomáticos cando deixaron a cervexa de antes de saír a escena...

R: (ri a gargalladas) Claro! Estás moi ben documentada! A ver... o 'virtuosismo' é o espírito heavy. Era a posibilidade dos heavys, neste caso de Guni [o guitarrista], de rabuñar a felicidade a base da música ben feita. Esa era unha idea. Cales eran as seguintes? Vaime dicindo.

P: Sentidiño.
R: Por suposto! Diante dese fumareu, que citabamos antes, de estímulos encontrados e de teses impostas sen ningún tipo de valoración racional, aplicar o intelecto, esa era a clave. Sigue, sigue!

P: Moinantismo.
R: Andar polo mundo, que bonito é! (ri) A bohemia profunda que está dentro de nós, esa necesidade de saber que haberá máis alá. E que máis nos quedaba?

P: A arroutada, que xa ma definiu antes, e a paixón...
R: Que é o resumo de todo! Non sabemos de onde vimos nin cara a onde imos, pero ficamos nunha contorna que quere estimularnos con elementos emocionais. Todo o que teña emoción, todo o que nos toque' iso é moi válido.

P: A miña seguinte palabra é 'Licor Negro'. Non sei se lembra aquel local...
R: (entre risas) Home! Pero ti estás moi ben documentada! Eu agora xa me ía directamente ao 'Licor do negro café...' dos nosos irmáns, de Lamatumbá e de O Sonoro Maxín... Lembro, si! O dono chamábase Pierre, se non me equivoco...

P: Ui... aí fállame a documentación!
R: (risas) Tanto ten! O 'Licor Negro' foi un soño, un paraíso en Pontevedra, que era un lugar onde compartir música en plenitude, unha tasca, un estudo de gravación e un local de concertos. Desgrazadamente, os soños duran pouco por culpa da burocracia e ás repugnancias institucionais, pero quedou coma unha referencia definitiva.

[Os Diplomáticos foron o último grupo que tocou no Licor Negro antes do seu peche. O cartel que anunciaba o seu concerto ficou pendurado diante do local durante cinco anos]


Bravú, esa forma de vida

P: Podería dicirse que é un embaixador da música galega. Posiblemente haxa poucas caras coñecidas que defendan o potencial das nosas bandas como o fai vostede. Quixera saber que lle di a palabra 'bravú', e que me fixese unhas recomendacións de grupos de hoxe...

R: O 'bravú' é unha etiqueta. Cando un grupo empeza sempre di 'a nosa música non pode etiquetarse. Non, nós queriamos etiquetarnos. Diante do tópico escuro de que ninguén facía música en galego, comezamos a descubrir que o país estaba inzado de músicos que tocaban en galego. Pero era curioso porque entre eles non se coñecían! Daquela todos sabiamos de Mano Negra, en París, pero non nos coñeciamos entre nós.

Fixemos un congreso en Chantada polo magosto, nunha taberna, no Caballero de Viana, coñecida coma 'o sistema' porque nos dicía o dono que no inverno imperaba o sistema de tomar cocido e no verán o sistema de tomar churrasco... (risas) nós tomamos un cocido e, nos postres, dixemos 'temos que inventar unha etiqueta'. Finalmente, triunfou a palabra 'bravú', que na forma é ben eufónica e no fondo era a extensión do que queriamos facer. É o cheiro da carne do monte e nós queriamos facer iso: música do noso tempo, pero co cheiro de onde somos.

En canto á actualidade, é a fecundidade, a diversidade. Eu sinto unha fascinación absoluta por O Son do Ghalpón, que inventou un novo estilo de rap orgánico. Na Coruña están a estoupar miles de grupos, é o momento coruñento, con Fracasados de Antemano, Chotokoeu, Loretta Martin... En Vigo estou fascinado cunha rapeira, Aid, que está a crear unha auténtica cosmovisión da cidade, algo que non pasaba desde os tempos de Siniestro [Siniestro Total] ou Os Resentidos. En Pontevedra, a música electrónica de Projecto Mourente e a Safari Orquestra en Lugo... a realidade é especialmente bonita, e o único que cómpre é estar atentos para poder beliscar tanta marabilla.

P: Como foi a vosa aceptación fóra de Galiza? O éxito está asegurado ao erguer a bandeira da festa?
R: Esta é unha pregunta crave. Hai vinte anos, nós sabiamos o que acontecía en Madrid, en Barcelona, en Berlín ou en Nova York grazas aos medios de comunicación. Pero as xentes desas cidades non tiña nin idea do que acontecía en Galiza, ninguén lles facilitaba dato ningún. Cando apareciamos, as imaxes do público era de abraio, de descubrir unha realidade divertida e diversa da que non tiñan nin idea. Isto aconteceunos en Madrid, en Barcelona, en Lyon ou no País Vasco, onde chegou un momento que tocabamos máis alí ca na propia Galiza. Somos o centro do mundo.

Antes cando un actor ía a Madrid só tiña un papel, un rol, que era o de Xan das Bólas, con todo o respecto para ese grande actor. Agora, cando chega un galego, a clase actoral treme, despois de María Pujalte, despois de [Manuel] Manquiña, de [Luís] Tosar. Os únicos artistas galegos que están a tocar polo mundo son os que o fan na súa lingua. A mellor forma de triunfar polo mundo é cantar en galego! É a cadratura do círculo. Do que se trata é de levar a nosa identidade por bandeira e sorprender coa marabilla da nosa cultura.

P: A esa expansión da nosa cultura contribuíu un fenómeno, o da Xeración Xabarín, creado a raíz dun programa de televisión. Daquela, o partido que estaba no poder era o mesmo que está hoxe, sen embargo a situación é ben diferente. Como parte daquel fenómeno, podería analizar o panorama actual?
R: (fala moi rápido, enfatizando a súa indignación) A Xeración Xabarín foi unha loita contra os tabús, contra o que vale e o que non vale. Despois de moitos anos de ser creada, a televisión galega de súpeto fixo o que tiña que facer, porque foi pensada para divulgar a cultura galega, e coa simple gravación duns vídeos de grupos que cantan en galego provocou que toda unha xeración se alimentase e reivindicase a súa música. Eu medrei escoitando rock en galego grazas ao Xabarín!

E efectivamente, aquel partido que estaba no Goberno naquela época é o mesmo que agora aposta por unha idea de Estado absolutamente centralista onde as linguas periféricas se viran realmente periféricas e onde a Xunta, que debera ser o verdadeiro promotor do galego, se convirte nun elemento de limitación e de castración. Pero eu insisto! O único que están a facer é darlle folgos á sociedade para unha verdadeira conmoción a prol da lingua, que é o que estamos a vivir neste momento.


A nosa historia facémola nós

P: Hai un anaco dunha canción que vai pegada a Xurxo Souto: 'A nosa historia facémola nós'. Era a sintonía do Aberto por Reformas. Que supuxo ese programa para vostede, e que supuxo que lle pechasen o micro?

R: (ri) En primeiro lugar hai que reivindicar á Matraca Perversa, que eran os autores daquela sintonía. E esa é a idea central: aínda que a escriban outros, a nosa historia facémola nós. É a experiencia dos Diplomáticos e da música contemporánea. Durante un tempo estiven na Radio Galega e fixen o que me parecía elemental, que a emisora pública se convertese no centro da música cantada en galego. Foi unha historia de descoberta constante, despois de que un compañeiro me comentase nada máis chegar que non habería música galega dabondo para encher unha hora diaria. O problema foi todo o contrario, non dabamos feito.

Que quitasen o programa? No persoal non hai ningún problema. Como cheguei sabía que tiña que marchar algún día. No colectivo, é triste que a Radio Galega dese un paso para atrás. Pasou a ser menos radio e menos galega ao perder o seu argumento central, a música. Renunciou a el para converterse nunha emisora provinciana sempre á espreita do que se faga en Madrid.

P: A última palabra, o motivo desta conversa: Reperkusión. Que temas non van faltar?
R: Pois direiche que imos tocar sobre todo os temas do primeiro disco porque, andando o tempo e visto coa perspectiva de todo o que nos aconteceu, decatámonos de que aqueles primeiros temas estaban cargados de inocencia e de orixinalidade. É moi bonito volver ás orixes. E o converto vai ser unha celebración. Celebramos que hai 20 anos uns rapaciños de Montealto armaron un soño chamado Os Diplomáticos.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2010 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Saberes e Sabores en Vilaxoán

Domingo 19 de setembro. O sabor da Horta

Praza de Abastos:

10:00 Alborada Brisas de Tomiño
12:00 Produtos de horta
12:15 Demostración culinaria a cargo de José Fernández
13:00 Carlos Blanco homenaxe ás peixeiras
13:45 Tango Bar

Ao longo da mañá, nos restaurantes: Cé Orquestra Pantasma
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-09-2010 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe venres "Espírito galego" no Tzameti (Vigo)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-09-2010 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 17 (Venres)
• Contracochenos no Bar Hipólito (Vigo)
• Nao en Meaño
• Nordestin@s na Illa de Arousa no Auditorio Municipal ás 21:00
• Festival Reperkusión (Allariz)
• Festival Meigas Fora!! (Ordes): Bush Doctor, Skarallaos, Alto Asalto,...

Sábado 18
• Xornadas de Portas Abertas do Fiadeiro (Vigo)
• Coro tradicional Cantares do Brión, a Coral polifónica de Teis Apóstolo Santiago e o Coro tradicional histórico Cantigas e Agarimos no C.C. de Valadares ás 20:00
• Noite de O Fiadeiro no Bar Hipólito (Vigo)
• Noite de O Fiadeiro no Bar Batallón (Vigo)
• Bonovo no Porriño
• A Roda en Monterroso
• Festival Reperkusión (Allariz): Os Diplomáticos de Montealto, O Jarbanzo Negro, Sargento García, ...
• Serán das Tarambainas (Lavadores - Vigo)

Domingo 19
• Xornadas de Portas Abertas do Fiadeiro (Vigo)
• XLIII Concurso de Gaitas de Ponteareas
• Irtio na Regueifa (Ponteareas)
• Festival Reperkusión (Allariz): Chotokoeu, GalegoZ, Proyecto Luisbo,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-09-2010 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán das Tarambainas (Lavadores - Vigo)
Querid@s amig@s:

Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso V serán, a cita será o vindeiro sábado 18 de setembro a partir das 21.30h, este ano mudamos de sitio, se o tempo nos acompaña celebrarémolo no torreiro da festa de Santa Cristina de Lavadores (xusto detrás da igrexa) de tódolos xeitos se chovese teriamos sitio alternativo e ben indicado, así que haberá festa seguro!!!
Esperámosvos a todos con moitas ganas de troula... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

Ademáis, como novidade este ano, as nenas están organizando xogos populares para nen@s no mesmo lugar a partir das 20h, así que xa sabedes festa para tódalas idades!!!

PD: Para chegar dende o Calvario basta con baixar por Martínez Garrido (a carretera que vai a estación de autobuses), e ó chegar o primeiro semáforo que se pode xirar a esquerda hai que meterse nesa dirección, unha vez alí esa rúa bifurcase en dúas, seguimos pola da esquerda ata atopar unha rotondiña onde xa se ve a igrexa.


Un saúdo
"TARAMBAINAS"
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-09-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Portas Abertas do Fiadeiro (Vigo)
A Asociación Cultural e Folclórica convida a toda a cidadanía a practicar as diferentes disciplinas de música, baile e artesanía tradicionais. Será o vindeiro sábado e domingo con motivo da celebración das IX Xornadas de Portas Abertas

A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana as IX Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor dende fai máis de 10 anos.

Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Javier Feijoó (baile), Rafa Crespo (gaita) Carlos Álvarez (pandeireta) e Xela Conde (taller de polifonías), entre outros.

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, tamboril, zanfona, acordeón, guitarra, requinta, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o sábado pola mañá de 11.00 a 12.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

Novo Curso
As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa en outubro coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-09-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Os clásicos do Bravú, están de volta.
Os Diplomáticos de Monte-Alto, grupo do barrio de Monte Alto, na Coruña, considerados os pioneiros do rock bravú, voltan ao palco o vindeiro 18 de Setembro, para celebrar 20 anos do seu primeiro concerto. Será no Festival Reperkusión 2010, de Allariz (Ourense).

Para esta ocasión, o grupo coruñés, presentarase coa primeira formación, Xurxo Souto (voz) - Rómulo Sanjurjo (acordeón) - Guni Varela (Guitarra) - Mangüi Martín (Baixo) - Marcos Viascón (batería), coa que gravaron os discos ARROUTADA PANGALAICA (1991), PARRÚS (1993) e AVANTE TODA (1995).

Desde o ano 2006 ate a súa disolución, en Setembro de 2005, gravaron os discos CAPETÓN (1999) e KOMUNIKANDO (2003), con outras formacións, nas que destacaron as incorporacións de Xavier Alonso, Toni Simôes, Lola de Ribeira e Manolo Maseda.

Á súa mestura de rock, ska e punk, con influencias da música tabernaria e das orquestras populares da Galiza, chamáronlle Rock Bravú e xunto a outros grupos, convertíronse en protagonistas do seu tempo, rachando co tabú de que o galego non servía para o rock.

Logo de 20 anos do seu primeiro concerto, OS DIPLOMATICOS DE MONTE-ALTO, están de volta, co seu ritmo feroz e a voz rabuda, para seguer berrando KONTRA O MUNDO ¡!

Tanta paixón, quen poderá dete-la?





...non é doado resumir case 14 anos a base de jarbanzos, pero hai dúas verbas que aparecen sempre saltarinas e provocadoras: ACCIÓN, EMOCIÓN.

O Jarbanzo negro foi entrega total e sen pausa, ríos de asfalto e xente, música, circo, ACCIÓN e MÁIS EMOCIÓN! Compartir as ideas e as realidades, a rúa e os festivais, o prato sen nada, os petos baleiros, a abundancia, o riso. COMPARTIR.


Hai máis de 5 anos que non tocamos en Galicia, hai máis de 3 anos que non tocamos xunt@s. A proposta dos festicultores acendeu a chispa. Quedamos calados e xurdiu a verba: EMOCIÓN!. Así estamos dende entonces, cunhas ganas tolas de compartila con vós.

Temos, ademáis, a grande sorte de contar no escenario para asubiar nordés e axudarnos a enderezar a gamela a Oscar Fernández na Zanfona, Manu Paino na trompeta, Gastón Rodríguez Teclado e guitarra, Miguelón de la Rubia guitarra e voz, Roberto Grandal acordeón, Tomás técnico monitores, Xurxo Souto e Sofía de Labañou voz e a arroutada.

Pero non queda ahí a cousa!, compartimos escenario cunha auténtica forza da natureza: Os Diplomaticos de Monte Alto, compañeiros, irmaos de acción e emoción. ¿Qué máis podemos pedir, corazón? Aguanta, bate forte!!

O Jarbanzo Negro somos:
Xan: Gaita, Saxo Alto e Pandeireta
Uli: Baixo e Bajan
Vías: Voz, Batería, ZenDrum, Serrucho, Caixón, Acordeón Diatónico
Tanja: Saxos Tenor y Soprano, Acordeón Cromático
Nacho: Voz, Guitarra, Ukelele, Trompeta, Tamboril
Koko: Técnico de Son.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-09-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Reperkusion 2010 (Allariz)

O Festival Reperkusion deste ano, celébrase os dias 17, 18 e 19 de Setembro, como todos os anos na vila de Allariz, xunto ao rio Arnoia.

Este ano sorpréndennos com a volta de Os Diplomáticos de Monte-Alto e os Jarbanzo Negro, também estarám GalegoZ, Chotokoeu entre outras moitas bandas estupendas como O'Funk'illo, Hilight Tribe, Ojos de Brujo Sound System, Funky Style Brass, Poutrelles Fever, Sargento García, Nortec Collective, Proyecto Luisbo, NonLinear, ...

Programa de Reperkusión'10

Venres 17 de Setembro:
Casco vello:

16:00h - Obradoiro de Banda Deseñada na Libraría Aira das Letras
18:00h - Mercadiño na Praza do Concello
19:00h - De Gorra na Praza de Abaixo
Circo Escarranchado
Moucha
21:00h -Pasarrúas:
Funfarra
Campo de Vilanova:

21:45h - Apertura de portas
22:30h - Concertos:
* Poutrelles Fever
* O´Funk´Illo
* Funky Style Brass
* Ojos de Brujo SoundSystem
* Hilight Tribe

Sábado 18 de Setembro:
Casco Vello:

12:00h – Mercadiño na Praza do Concello
12:00h – De Gorra na Praza de Abaixo
Disco Delivery
Manualidades 2.0
16:00h - Obradoiro de Banda Deseñada na Libraría Aira das Letras

18:00h – De Gorra na Praza de Abaixo
El Bar de Lupo
Antuan de la Cream

20 :00h – Cabaré do Circo Galego na Praza de Abaixo

Praia de Acearrica:

12:00h - Obradoiros
De Danza Fusión Oriental

14:00h - Comidas
14:00h - Cé Orquestra Pantasma
16:00h - Obradoiros
De Percusión
De Malabares

16:00h - Campionato de VoleiMazas
17:00h - Ringo Rango
18:00h - Duelirium

19:00h - LacustikAsesina
20:15h - The Fanfarrones
Campo de Vilanova:

21:45h - Apertura de portas
22:30h - Concertos:
* Sargento García
* Os Diplomáticos de Montealto
* O Jarbanzo Negro
* Nortec Collective presents: Bostich & Fussible

Domingo 19 de Setembro:

Casco Vello:

12:00h – Mercadiño na Praza do Concello
12:00h – De Gorra na Praza de Abaixo
Circo Escarranchado
16:00h - Obradoiro de Banda Deseñada na Libraría Aira das Letras
18:00h – De Gorra na Praza de Abaixo
Disco Delivery
Manualidades 2.0
El Autoestopista Intergaláctico
Praia de Acearrica:

12:00h - Obradoiros
De Percusión
De Danza Fusión Oriental
De Malabares
14:00h - Comidas
14:00h - ....
16:00h - VIII Olimpiadas de Malabares
19:00h - Chotokoeu
20:30h - GalegoZ
21:30h - Proyecto Luisbo

23:00h - NonLinear
01:00h - Festicidio Final (Cervexa a barrer de gratis)
* IvanDz
* Hadri SLKT

www.komunikando.net


www.reperkusion.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-09-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Meigas Fora!! (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-09-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
XLIII Concurso de Gaitas de Ponteareas
O vindeiro domingo celebrase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, o XLIII Concurso de Gaitas, o mais antigo de Galicia, que xa é unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, e que xa está considerado como o certame de música tradicional galega de máis amplia traxectoria.

Poden participar no concurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.

Sinalar que o concurso de gaitas desenvolverase nas instalacións do Centro Artístico Sportivo, por mor das obras de renovación das intalacións do auditorio “Reveriano Soutullo”.

A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, e a directiva do Centro Artístico Sportivo de Ponteareas, que consciente da importancia deste concurso cede as súas instalacións.

Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros

O Concello de Ponteareas, tamén aboará a tódolos grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.

Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.

Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-09-2010 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Xornadas de Verán de Galiza Nova

Un ano máis Galiza Nova celebra unha nova edición das Xornadas de Verán. Na súa XXII edición, terán lugar na comarca do Morrazo, nos días 24, 25 e 26 de setembro.

A través delas, desde a nosa organización queremos contribuír á descoberta e ao coñecemento máis en profundidade da realidade da nosa nación. Así, as e os asistentes poderán disfrutar de actividades diversas, convivio, formación e tamén lecer. O prezo da inscrición é de 22€, incluíndo os desprazamentos en autobús ata o Morrazo e durante os 3 días, manutención, actividades, aloxamento e tamén a camisola propia de Galiza Nova. Para anotarte só tes que enviar un correo ao nacional@galizanova.org antes do día 20 de setembro (17 se pertences a Galiza Nova). Agardámoste!


Programa Xornadas de Verán no Morrazo.
(24,25,26 de setembro de 2010).

VENRES 24.

17:30 – Chegada do bus a Moaña. Montaxe da durmida.
18:15 – Recepción e benvida en Moaña.
20:30 – Charla- coloquio “Economía, ecoloxía e urbanismo en Galiza. Unha ollada dende o Morrazo”
22:00 – Cea
23:30 – Festa Concerto.


SÁBADO 25.

11:00- Roteiro en Cangas “Introducción á historia de Cangas e da comarca do Morrazo”.
12:00- Visita ao Hío/ Aldán/ facho de Donón.
14:00- Xantar no Lago de Castiñeiras (Marín).
Ata ás 17:00 esparcemento.
17:30- Visita ao Parque Multiaventura.
21:00- Cea en Marín.
22:30- Saída nocturna celebrando o San Migheleiro (Marín).


DOMINGO 26

11:00 Visita ao museo Massó e visionado de documental.
13:30 Homenaxe a Johan Carballeira, alcalde nacionalista do 36, coa intervención do Alcalde de Bueu, familiares, a Asociación de Amigos de Johan Carballeira e a Secretaria Xeral de Galiza Nova.
14:30 Xantar.
16:30 Regreso a Santiago.



Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2010 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Escándalo pola organización do Xacobeo no concerto de Carlos Nuñez
Medio milleiro de persoas asubiando ás portas do Obradoiro porque os antidisturbios non os deixaban entrar mentres o centro da praza estaba repleto de cadeiras para VIPS baleiras. Ex-altos cargos da Xunta saltándose a barreira policial. Berros de "A por ellos!" que interrumpen a actuación. Esto é só parte o panorama co que tiveron que lidiar Carlos Nuñez e os Chieftans no polémico concerto deste sábado en Santiago.

Segundo informaron a GC varios asistentes, a organización do evento, a cargo do Xacobeo, reservou case todo o centro da praza para invitados, autoridades e prensa. Porén, moitos deles non se presentaron a ver ao afamado gaiteiro.

Si acudiron moitísimos cidadáns ao concerto programado de b alde a partir das 20:30. Porén, xa dende as 20:15 axentes antidisturbios impedían a entrada ao recinto, alegando que o aforo estaba cheo. Algo que non era certo, pois ademais das butacas libres, había moito espazo para o público de pé sen cubrir.

A reacción do público foi comezar a asubiar. Pouco a pouco os berros de "Feijóo dimisión!" medraron na multitude. Os máis lanzados incluso tentaron superar a barreira policial, o que provocou algunhas carreiras dos axentes.

O nivel da protesta era tal que chegou aos ouvidos do músico. Carlos Nuñez equivocouse, e dende o escenario fixo alusión a unha posíbel protesta política. Logo tentou calmar os ánimos alegando que o concerto sería transmitido pola TVG en diferido.



Despois de unha hora de protestas, a organización entrou en razón e permitiu a entrada dos espectadores, que non tiveron problemas para ocupar o espazo libre. Estoutro vídeo de GC proba a gran cantidade de espazo vacío que había cando a Policía xa non deixaba pasar á xente:



www.galiciaconfidencial.com
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2010 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
A sedución de Marful

Considerados como os máximos expoñentes en Galicia da ‘música vintage’, Marful presenta mañá no Teatro Colón da Coruña o seu último disco, ‘Manual de sedución’, un traballo realizado desde o humor e a ironía que caracteriza esta formación, liderada por Ugia Pedreira. Unha cocteleira tímbrica co azucre do realismo máxico galego.


Marful propón no seu último disco unha viaxe polas claves da música popular do mundo sempre peneirado polo realismo máxico galego

Marful, o grupo galego por execelencia da música vintage, chega mañá ao teatro Colón da Coruña para presentar Manual de sedución nun concerto que onte presentaron a líder da formación,Ugía Pedreira, o acordeonista e produtor do disco Pedro Pascual, o seu padriño Xurxo Souto e Ramón Barros, xerente do Colón Caixa Galicia.

Manual de sedución mantén, en palabras dos membros do grupo, a natureza da formación, cargado de humor e de ironía. "Trátase dun disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans asexan posibilidades", asegurou Ugía Pedreira.

O traballo vén inspirado pola música popular galega, cubana, portuguesa, italiana, xitana, dos mundos, por viaxes e amizades, polas voltas da música ambulante, das varietés e as chiscadelas do music-hall. O resultado é un son club, vintage e cool co selo do realismo máxico galego-portugués e con altas doses de retranca.

Manual de Sedución gravouse nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado nos meses da primavera 2010 e acompañáronos nesta viaxe os seus amigos e colaboradores habituais como Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería e percusións) de Sumrá.

Marful propón unha cocteleira tímbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobres, xotas e mambos. O grupo proponse ensinar a súa cara impresionista, as letras surrealistas, mesmo patafísicas, con arranxos e letras que, din, non deixan a ninguén impasible.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2010 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Axenda Malmequer
Terza feira 21 (Martes)

Corta feira 22 (Mércores)

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
• Contradança no Bar Batallón (Vigo)
• Pablo Carpintero en Rairiz de Veiga
• Chotokoeu na sala The Star (Carral)
• Ruxe-Ruxe e Skandalo GZ no pub Inferno (Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes).

Sábado 25
• Ghaita de Pedra no Bar Batallón (Vigo)
• A Quenlla no Bar Hipólito (Vigo)

• Cantigas da Terra no Lar (As Pontes)
• Dúo Fernandez&Quintá no pub O Muiño (Cervo)
• Cantigas e Agarimos en Vilalba
• Trapallada en Palavea (A Coruña)
• Tic-Tac (Pablo Díaz) no Centro Sociocultural A Ramallosa, Teo

Domingo 26

Segunda feira 27 (luns)

Terza feira 28 (Martes)

Corta feira 29 (Mércores)

Quinta feira 30 (Xoves)


Lembrade que os Seráns teñen o seu apartado no Calendario de Seráns
Comentarios (13) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración da escola BellónMaceiras
Despois de percorrer o mundo como dúo, levando o son da gaita e do acordeón a todo tipo de público sedento de boa música, e logo de iniciar unha andaina moi exitosa en Quinteto, BellónMaceiras abre agora a Escola de música BellónMaceiras.

Estes músicos virtuosos non atoparon mellor lugar xeográfico ca súa vila natal, Fene, para iniciar este proxecto, impartindo clases de acordeón, gaita, guitarra, percusión, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para a infancia. Para garantir a calidade da ensinanza, Dani Bellón e Diego Maceiras estarán arroupados por mestres da talla de Miguel Lamas, Calixto Albán e Alex Blanco, entre outros.
A escola empeza con este curso e inaugúrase este mércores 15 de setembro.


mércores 15 de setembro - 20h
inauguración da escola BellónMaceiras
rúa Antonia Montero, 11 baixo
15500 Perlío - Fene (A Coruña)
escola@bellonmaceiras.com


Dani Bellón e Diego Maceiras presentarán todos os cursos impartidos e darán os nomes de todo o profesorado que os acompañará nesta nova aventura. Haberá unha sorpresa musical e moitas ganas de empezar unha nova aventura.

www.escolademusicabellonmaceiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-09-2010 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (luns)
• Xabier Díaz no Forum Metropolitano (A Coruña)

Terza feira 14 (Martes)

Corta feira 15 (Mércores)
• Inauguración da Escola de música BellónMaceiras en Fene (A Coruña)
• Concerto da Aula "Gomes Mouro" no Auditorio de Ourense ás 20:15

Quinta feira 16 (Xoves)
• Presentación do novo disco de Marful no teatro Colón de Coruña ás 20:30

Sexta feira 17 (Venres)
• Contracochenos no Bar Hipólito (Vigo)
• Nao en Meaño
• Nordestin@s na Illa de Arousa no Auditorio Municipal
• Festival Reperkusión (Allariz)

Sábado 18
• Noite de O Fiadeiro no Bar Hipólito (Vigo)
• Noite de O Fiadeiro no Bar Batallón (Vigo)
• Bonovo no Porriño
• Festival Reperkusión (Allariz)
• Serán das Tarambainas (Lavadores - Vigo)

Domingo 19
• Irtio na Regueifa (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Asi comeza a tempada de Seráns 2010/11
4 de setembro
- Serán en Salceda de Caselas
- Serán en Ribeira
- Serán no Rosal

18 de setembro
- Serán das Tarambainas (Lavadores - Vigo)

24 de setembro
- Seran en Gargamala no adro da igrexa

25 de setembro
- Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de Outubro
- Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-09-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns 2009-2010
4 de setembro
-I Serán nas Festas dos Liñares (Canido-Vigo)

5 de setembro
-III Serán no parque do Tamuxe en Pías- O Rosal
-III Serán dos callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas

12 de setembro
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

13 de setembro
-II Foliada en Bribes

26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)
-I Serán Populara de San Xoán Poulo (Vigo)

1 de outubro
-Seran na Sala Nasa (Compostela)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

3 de outubro
- IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa.

10 de outubro
-Seran en Viladesuso (Oia) no eirado.

17 de outubro
-III Seran do Gaiteiriño en Aldán (Cangas do Morrazo)

24 de outubro
- Serán en Mondariz no Pavillón Municipal
-Magosto Serán en Matamá (Vigo)

31 de outubro
- Serán do Samaín no Retrouso (Samil-Vigo)
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- Serán en San Martiño (Caldelas do Miño).
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no antigo Cine Capitol

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

28 de novembro
- Serán da Forna en Budiño (O Porriño)
- Serán en Saxamonde (Redondela)
- Ruada de Cusprediños (Cotobade)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)
- Serán de Val-Sobral (Soutomaior)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán na praza da Capela de San Mauro, en Petelos (Mos)

12 de decembro
- Serán de Zamáns (Vigo)
- Fiada de Vilaboa na casa da cultura de Riomaior
- Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

19 de decembro
- Serán na Taberna de Xesta (A Lama)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

6 de Xaneiro
- Serán nas Cortellas de Padróns (Ponteareas)

9 de Xaneiro
- Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)

16 de Xaneiro
- Serán no Casino dos Prados de Pigarzos (Xesta-A Lama)
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

23 de Xaneiro
- Serán en Parada (Ponte Caldelas)

30 de Xaneiro
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
- Serán do lecer en Pazos de Borbén
- Serán en Arbo

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)
- Serán do Galo en Acevedo (Pontesampaio)
- Serán en Avión no bar do Sifón

13 de febreiro
- Serán dos Namorados en Toutón (Mondariz)

27 de febreiro
- Serán na A.C. Almuinha de Marin
- Serán de Mouriscados (Mondariz) ADIADO
- Serán na casa do pobo do Val-Sobral (Soutomaior)
- Serán na casa do pobo daLama

5 de marzo
- Serán na Ermida (Pazos de Borben)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)
- Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)

20 de marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz)
- Serán de Chapela nos baixos do pavillon de Chapela ao carón de Faro de Vigo

27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)

9 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
- III Serán da Unión en San Pedro (Nigrán)

10 de abril
- Serán de Fozara
- Serán de Angudes (Crecente)

17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán no torreiro de San Roque de Morgadáns
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán en Ribadavia

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
- III Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) no torreiro da Igrexa

8 de Maio
- III Ruada de Catoira
- V Serán do Mar de Rianxo
- Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán de San Benito (O Porriño) a carón da Capela de S. Benito

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán en Borreiros (Gondomar)
- Serán do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
- Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro Adiado

29 de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
- Serán en Rebordáns (Tui)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
- Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)
- IV Serán do Gaiteirinho de Aldán (Cangas do Morrazo)

11 de xuño
- Serán no Alto do Viso-Redondela (a estrada que sobe A Peneda)
- Ruada na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

12 de xuño
- Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autoestrada)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Ruada en Vilán (Fornelos de Montes) partir das 17:00 (Festa da sidra)
- Serán en Viascón (Cotobade)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

26 de xuño
- Serán en Fornelos de Montes

3 de xullo
- XI Serán Fin de Curso O Fiadeiro (O Fiadeiro-Cabral)
- Serán das Meghallas en Pereiras (Mos)
- Serán no Rodeiro (Avión) xunto a capela de San Esteban

10 de xullo
- Foliada en Amorín (Tomiño)
- Serán en Chapela (Redondela) na baixada a Pescanova(na pista polideportiva)

17 de xullo
- I Serán do Monte da Pedrada (entre os concellos de Tomiño e Oia)

31 de xullo

- Serán na Praia de Deilán de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-09-2010 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer