Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Hoxe mércores concerto Solidario na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Tiruleque xa á venda
Dende esta semana todos os visitantes da web poderán atopar na nova sección "DISCOGRAFÍA" o noso disco.

Con isto, as posibles opcións de adquisición do novo CD son as seguintes:

- Nos puntos de distribución (que iremos engadindo en función da mesma no mapa que aparece).
- Nos concertos do grupo.
- E a través da web (cos gastos de envío correspondentes para todo o Estado a través dun formulario). Xa comezamos a enviar discos por correo a semana pasada.

Polo tanto, comezamos co proceso de tirulequización coa expansión do disco polos lugares máis insospeitados da nosa terra e do mundo enteiro...!!!

TIRULEQUE, música galega.
www.tiruleque.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-09-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Un balón de osixeno para aCentral Folque
o Concello de Compostela outorga 25.000 euros á entidade "aCentral Folque"

A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago seguirá apoiando o proxecto da Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Compostela. Con tal intención, a concelleira da área, Socorro García, e Ugía Pedreira, directora de aCentral Folque, asinaron onte un convenio de colaboración que comprende unha subvención á entidade de 25.000 euros. Con esta sinatura, o Concello renova o seu compromiso coa asociación

aCentral Folque desempeñaba a súa actividade nas instalacións da Escola de Altos Estudos Musicais, pero o suspenso da colaboración coa Agadic obrigará a buscar novos espazos.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2009 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2009 – 2010:

- Baile Tradicional (nenos e adultos),
- Pandeireta (nenos e adultos),
- Gaita (nenos e adultos),
- Acordeón,
- Curso de Manualidades,
- Curso de Bordado,
- Arte Floral,
- Bailes de Salón,
- Cociña,
- Kárate,
- Cestería,
- Debuxo e Pintura,
- Ximnasia de mantemento,
- Pilates,
- Ioga,
- Tai Chi,
etc.

A Escola de Baile e Música Tradicional (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata os 18anos), xa comezou o novo curso o pasado Sábado 12 de setembro, pero ainda quedan prazas, polo que dende esta asociación animámosvos a todos a que vos matriculedes.

Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras (xunto ó campo de fútbol municipal da Cañoteira) no concello de Teo ou ben chamar ó seguinte teléfono 981 80 60 91 en horario de 20:30 a 22 h (de luns a venres).
Comentarios (3) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2009 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o curso en Malveiras (Vilagarcía de Arousa)


www.malveiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Xavier Blanco

Hoxe, martes, día 29/09/2009

Na comarca do Morrazo, o "Alalá" desta noite preséntanos un mestre de gaiteiros que atesoura pedagoxía, artesanía e autenticidade: Xavier Blanco, que reconstruíu a gaita de cana, a precursora da moderna, que ía para cen anos que no se escoitaba polos montes do Morrazo.


Pero o afán pedagóxico que el amosa nas súas actuacións pola península e no estranxeiro lévano a construír e restaurar todos os instrumentos tradicionais galegos, empregando dende piñas a un caldeiro ou unha vasoira para facer música, unha chea de útiles que Blanco inclúe no grupo de instrumentos pobres ou comúns. Todo o esforzo do mestre artesán vai encamiñado a que se respecte a música de raíz e que se recoñezan cronoloxicamente todas as seccións da música tradicional.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-09-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello (Vigo)

Xa está aberto o prazo para a inscrición dos cursos no local da Asociación Veciñal, rúa Oliva nº 12 en horario de tarde de 18:00 horas a 20:00 horas de luns a venres.

Os cursos comezan no mes de Outubro.


Confección de traxe tradicional Galego:
- Luns de 17:00 a 19:00 grupo de iniciación (Novo)
- Luns de 19:00 a 21:00 grupo de perfecionamento

Baile Tradicional Galego:
- Luns de 21:00 a 22:30 grupo de perfecionamento I.
- Martes de 21:00 a 22:30 grupo de perfecionamento II.
- Mércores de 21:00 a 22:30 grupo de iniciación.
- Sábado de 11:30 a 13:00. (Novo curso)

Gaita e percusión:
- Luns de 20:30 a 22:30.

Canto popular e pandeireta:
- Martes de 18:00 a 20:00 nivel medio. (Novo)
- Martes de 18:00 a 20:00 nivel perfecionamento.
- Mércores de 18:00 a 20:00 iniciación.

Acordeón diatónico:
- Martes de 20:00 a 22:00.
- Sábado de 11:00 a 13:00.

Guitarra:
- Martes de 20:00 a 21:00. (Novo)

Danza Oriental:
- Mércores de 20:30 a 21:30 grupo de iniciación.
- Mércores de 21:30 a 22:30 grupo de perfecionamento.

Danzas do mundo:
- Xoves de 20:00 a 21:00.

Bailes Latinos:
- Venres de 20:30 a 22:00.

Ioga:
- Luns e xoves de 19:15 a 20:30.

Iniciación ao Teatro:
- Venres de 20:00 a 21:00. (Novo)

Ximnasia de mantemento:
- Luns e mércores de 11:30 a 12:30. (Novo)

Manualidades diversas:
- Xoves de 11:00 a 13:00.

Tapiceria “Patchwork”:
- Xoves de 17:00 a 19:00.

Corte e confección:
- Venres de 17:00 a 19:00.

Para calquera aclaración ou dúbida chamanos ao 986 43 97 99 en horario de oficina (de 18:00 a 20:00) ou a través do correo-e: cascovellovigo@yahoo.es

Máis información en:
www.avcascovello.com

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Donaire (A Coruña)

Horarios curso 2009-2010

Aquí vós deixamos os nosos horarios para esta nova tempada, onde como sempre a maioría das actividades serán realizadas no Centro Cívico de San Diego, nos Castros.


LUNS
18 -19: Baile 7-9 anos
19 - 20: Pandeireta 7-9 anos
20 - 21: Pandeireta adultos no CEIP Férnandez Latorre
21 - 22: Baile adultos no CEIP Férnandez Latorre
22 - 23: Con Canto Donaire en MANS

MARTES
18 - 19: Baile/pandeireta 3-4 anos

MÉRCORES
17:30 - 18: Percusión medianos
18 - 19: Baile medianos 10-17 anos (bailadores do Torreiro e Picote)
19 - 20: Pandeireta 10 - 14 anos
Gaita Perfeccionamento I
20 - 21: Pandeireta Axeitadiñas
Pandeireta Mozos da Ronda
21 - 22: Baile Donaire

XOVES:
20 - 21: Gaita Iniciación
20:30: Con Canto Donaire en Eirís

VENRES:
18 - 19: Baile 5-6 anos
19 - 20: Pandeireta 5-6 anos
21 - 22: Baile Donaire Centro Coreográfico Galego

SÁBADO:
10 - 11:30: Gaita
Percusión
11:30 - 12:30: Pandeireta Velaí Ven
12:30 - 13:15: Baile Picote

http://www.blogoteca.com/donaire/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan os cursos en Retrouso (Cela-Bueu)
Nuns días, en outubro, dan comezo outravolta as Escolas Musicais Retrouso. Retrouso logra manter para o 2009/2010 a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.

Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos (martes á tarde) e de Tania García Ruibal, da iniciación de canto e pandeireta. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.

O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.

Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):

Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.

E como mestre de perfeccionamento de canto e pandeireta do grupo retrouso Guillerme Ignacio, o cantante de Quempallou e O tear de Llerena! Os venres arredor das 18h perfeccionamento I e os venres arredor das 20h perfeccionamento II

Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Curso de O Fiadeiro (Vigo)

A escola da A.C.F. O Fiadeiro estrea o novo curso 2009-10 cun amplo abano de novidades e actividades para afondar no coñecemento e disfrute da música, danza e artesanía tradicionais galegas.

A oferta formativa para este curso inclúe un novo plan de estudos máis personalizado e adaptado as necesidades de todos e cada un dos alumnos a través de dous itinerarios formativos e dunha nova reestructuración das actividades en dúas áreas:

- “Área folk e tradicional galega”: coas especialidades de Canto e Pandeireta, Baile Galego, Gaita Galega, Acordeón, Percusión Tradicional, Zanfona, Guitarra Folk e Bouzouki ,Violín Folk, e Requinta, ademáis da
actividade de Música e Movemento, orientada para os cativos de entre 3 e 7 anos.

- “Área de Actividades Complementarias” está dividida en catro seccións que abrangue: Movemento (ximnasia de mantemento), Danzas
(danzas do mundo, ritmos latinos e baile moderno), Músicas (Guitarra e Percusións), e Artesanía (costura tradicional e pasamanerías, debuxo e pintura, repuxado en coiro e manualidades para cativos).

Todas as persoas que precisen máis información, estén interesadas nos cursos ou en participar nas Xornadas de Portas Abertas poden chamar aos
tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, pasarse polo local da rúa Xesús Fernández nº3 – baixo (no Calvario) en horario de 10.30 – 13.30 e de 17.00 a 21.00 ou visitar a páxina web www.ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola de Folclore Galego (Grupo IAR- A Coruña)
Está aberta a preinscripción para as actividades de folclore galego, do "Grupo de Bailes Populares Iar", ditas actividades son:
-Baile tradicional
-Gaita galega
-Percusión tradicional
-Pandeireta e canto


Todas as actividades son para todas as idades e a todos os niveis
Lembrade que as clases son gratuitas para os alumnos que integren en dito curso o grupo principal.
Todos os interesados, podense por en contacto connosco dende xa mediante:
Teléfono-fax: 981 133 646 (se naide responde deixar no buzón de voz nome, teléfono e motivo da chamada)
E-mail: iargrupo@hotmail.com

http://blogs.myspace.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Comezo do curso da Aula Gomes Mouro (Ourense e Maceda)

O Lúns dia 12 do outubro, comezan de novo as clases na AOFT - Gomes Mouro, no local que temos en Barrocás,(Tras bloque 8 - Baixo).

Nun principio mantéñense os horarios do ano pasado, inda que poden variar os primeiros dias das clases, dependendo da dispoñibilidade do alumnado

Lúns:
Canto e pandeireta - Mestra Particia López

Martes:
Gaita traballo do repertorio- Mestre Alejandro Miguélez

Mércores:
Gaita iniciación e perfeccionamento e iniciación á percusión - Mestre Gonzalo Abelairas


*Tamen informar que na escola de Música de Maceda temos a presentación das actividades o venres 2 de Outubro e na Escola de Allariz, o sábado 3

Para calquer dúbida, xa sexa desta ou doutra escola onde impartimos clases:
aoftou@gmail.com

Toda a información en
http://aoftou.spaces.live.com/

Un saúdo
Gonzalo Abelairas
http://club.telepolis.com/gabelairas/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Cultural do Viso (Redondela)
O Viso inicia unha nova tempada de cursos de percusión, pandeireta e gaita galega e abre a inscrición no novo curso de baile galego

A Cultural do Viso inicia un nova tempada de cursos, obradoiros e actividades culturais na parroquia do Viso (Redondela), actividades estas abertas para todos os veciños de Redondela e dos concellos limítrofes. Neste mes de setembro ábrese unha nova tempada dos xa habituais cursos de gaita galega, pandeireta e percusión, impartidos estes por mestres de recoñecida valía no eido da música tradicional galega.

Tamén a partires do mes de outubro ofrecerase un curso de baile tradicional a cargo do mestre Luis Prego. As clases desenvolveranse na Sociedade de Agricultores do Viso a partir do vindeiro martes 6 de outubro. Para anotarse e recibir máis infomación póñense a disposición os teléfonos 658 616 520 e 626 156 872.

www.terrameiga.net

Un cordial saudo,
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de baile no CRAC (Coruxo-Vigo)
Co outono as portas hai que prepararse para a chegada dos seráns, por iso continuamos as clases de baile tradicional para todas as idades que o curso pasado resultou tan ben.


Paxina Web de A Buxaina --> http://abuxaina.cogia.net
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
['trepia] Associaçom Cultural (Pontevedra) Curso 2009-2010
Começo das aulas: primeira semana de Outubro

Horários:

Segunda-feira (luns), 20:30h - 22:00h: Pandeireta e canto tradicional I.
20:30h - 22:00h: Pasamaneria (bordado tradicional)

Terça-feira (martes), 20:30h - 22:00h: Gaita.

Quarta-feira (mércores), 20:00h - 21:30h: Pandeireta e canto tradicional II.
20:30h - 22:00h: Tamboril (percusom tradicional)
21:30h - 00:00h: Foliada aberta *

Quinta-feira (xoves), 20:30h - 22:00h: Pandeireta e canto tradicional I.
20:30h - 22:00h: Introduçom à linguagem musical.
22:00h - 00:00h: Foliada aberta *

Sexta-feira (venres), 20:30h - 22:00h: Baile tradicional I.
22:00h - 00:00h: Foliada aberta *

* Foliada aberta: dinamizaçom da escola. Um punto de encontro onde aplicar e experimentar o aprendido nas aulas. Aberta a sócios e non-sócios.

Todas as aulas se impartirám no Local Social A Revira (Arzebispo Malvar, 33; Ponte Vedra)

Quotas de sócio:
1 obradoiro: 20 € /mês
2 obradoiros: 30 € /mês
3 ou mais obradoiros: 40 € /mês

Matrícula: 20 €
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Asociación Fogo Fatuo (Rianxo)


www.fogofatuo.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 28 (luns)

Terza feira 29 (Martes)

Corta feira 30 (Mércores)
• Concerto solidario Viraventos no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Ruote, Tiruleque, Chamalle Xis,...

Quinta feira 1 (Xoves)
• Malvela en Ferrol
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 2 (Venres)
• Festival Sarabanduxa (Boiro): Equilibrioh, Malkeda, Fracasados de Antemano
• Som do Galpóm na sala 600 (Melide)
• Contradança en Vigo no Café Hipólito, nas Travesas (fronte ao pavillón) a partir das 22:30
• Javier Constenla no Garufa (A Coruña)
• Balakandra no Auriense (Ourense)
• Serán en Pazos (Pontecaldelas)
• SondeSeu no auditorio de Tui ás 21:30

Sábado 3
• Danza de Prado da Canda (Covelo) ás 18:30
• I Xornada de Cultura Popular Galaga (San Sadurniño): Iván Costa & Manolo Maseda, A Requinta de Xían
• A Tuna Rastafari no Clavicémbalo (Lugo)
• Festival Sarabanduxa (Boiro): Moita Leria, Sinefre e Som do Galpom
• Vilaxoán Rock: Skandalo GZ, Vagabanda, Luscofuco
• Festa Amarante en Pontevedra na Praza do Teucro: Ruxe-Ruxe, Coanhadeira,...
• IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa

Domingo 4
• Danza de Prado da Canda (Covelo) ás 12:30
• V Ciclo de Coros Históricos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Grupo de baile Colexiata do Sar (Santiago de Compostela) e Cántigas da Terra (A Coruña)
• Zenzar na sala Clavicémbalo (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 25 (Venres)
• Snatch na sala Contrabajo (Vigo)
• Os Cuchufellos no Folion das Fachas (Vilelos)
• Covalblú presenta "Mai", no Auditorio do C. C. Caixanova de Vigo ás 22:30
• Fervesteiro (Ferrol): Ataque escampe, Bulldozers
• Vichelocrego en Allariz nas Xornadas de Verán de Galiza Nova
• Charanga Abobriga na Tapería Guayra (A Madroa-Vigo)
• Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 26
• Festa dos Axóuxeres en Santiago de Compostela. Igrexa de Santa Susana (Alameda) ás 12.00 e ás 17.30
• Xornadas de Portas Abertas da AFC O Fiadeiro (Vigo)
• Som do Galpóm no Pub Leblon (Pontecaldelas)
• Nordestin@s en Marín
• A Roda en Poio
• Pito de Picasso na sala Lacosta (Portonovo)
• Pepe Vaamonde Grupo ás 23:00 na Cúpula (Monterroso)
• Treixadura en Trabanca Badiña (Vilagarcía de Arousa)
• Sem Resposta e Unhazo na Sala Havana (Vigo)
• Medomedá na Sala Mogay (Chantada)
• Festival SOS Massó (Cangas do Morrazo): Dios Ke Te CRew, Sonoro Maxín,...
• Fervesteiro (Ferrol): Motor Perkins, Skarallados e Mongollica
• III Festival Zumbanocoiro (Lugo): A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
• XXI Xuntanza Folclórica (Cabral-Vigo)
• XXI Xuntanza de Gaiteiros (Fene): Mini e Mero, Raparigos, María Manuela, Xoán Rubia e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.
• Serán Carballeira (Picoña-Salceda de Caselas)
• I Serán Popular en San Xoán Poulo (Vigo)

Domingo 27
• Xornadas de Portas Abertas da AFC O Fiadeiro (Vigo)
• Danza de Espadas (Marín) ás 13:30
• Fainoti no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2009 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)
-I Serán Popular de San Xoán Poulo (Vigo)

1 de outubro
-Seran na Sala Nasa (Compostela)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

3 de outubro
- IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa.

24 de outubro
- Serán Urbano de Pontevedra

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo(Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-09-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa da Canción Mariñeira (Marín)

PROGRAMA II FESTA DA CANCIÓN MARIÑEIRA

Durante os días de celebración da festa haberá unha exposición permanente de maquetas de embarcacións tradicionais , e na carpa habilitada para o efecto poderán ser degustados diversos produtos da ría.

Exposición “ O patrimonio marítimo de Galicia”, que trata sobre diferentes aspectos relacionados co mar, no Museo municipal Manuel Torres.Entrada de balde

Venres 25 de setembro de 2009

18:00 horas Inauguración da II Festa da Canción Mariñeira
22:00 horas Actuación do cantautor Joao Afonso

Sabado 26 de setembro de 2009

12:00 Actuación da Charanga Apeles
17:00 horas Exhibición de Xogos Tradicionais a cargo da Asociación Galega de Xogos Tradicionais
19:00 horas Actuación de Mofa e Befa-Cociña Económica
22:00 horas Actuación de Nordestinas

Domingo 27 de setembro de 2009

11:00 horas Acto anual do Padroado de San Miguel no Salón de Plenos do Concello, onde se celebrarán:
Imposición de distincións
Nombramento e imposición de medallas ós novos cofrades
12:00 horas Probas preliminais de barcos de radio control no paseo Marítimo Alcalde Blanco
12:30 horas Misa solemne na honra de S.Miguel, patrón dos mariñeiros, no templo antigo

13:30 horas Procesión coa Danza de Espadas

16:00 horas Final das probas de radio control paseo Alcalde Blanco
18:00 horas Actuación grupo de danzas de Vilanova dos Infantes. Celanova-Ourense.
19:00 horas Obradoiro de canto: actuación mariñeira do Centro Sociocomunitario de Marín. Actuación dos Amigos da Canción de Cangas do Morrazo.
21:00 horas Actuación coral polifónica de Bueu e coral Thalassa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán Popular en San Xoán Poulo (Vigo)
A A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo celebra este sábado o seu “I serán popular”

A asociación convida a toda a cidadanía a participar e disfrutar da música e o baile tradicionais na tarde do sábado 26 de setembro a partir das 18.00 horas no parque de Seragua (rúa Vista do Mar)


A A.V. “Agarimo” de San Xoán Poulo organiza este sábado a partir das 6 da tarde o seu primeiro serán popular nun esforzo por recuperar e achegar a toda a cidadanía unha festa participativa en torno á música e o baile tradicional.

Ademais das agrupacións xa confirmadas para actuar na tarde do sábado, convídase aos grupos da zona, bailadores e bailadoras a acudir a cantar, bailar, tocar e pasalo en grande. Para todas as persoas participantes haberá chourizo con pan e viño de valde.

Aqueles grupos que queran inscribirse xa, poden poñerse en contacto con Concepción Pérez - 605 159 587 (Presidenta A.V. “Agarimo” de S. Xoán Poulo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Xornadas de Portas Abertas do Fiadeiro (Vigo)

A A.C.F. /O Fiadeiro /celebrará esta fin de semana as VIII Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor desde fai máis de 10 anos.

Os obradoiros son completamente gratuítos, dunha hora de duración e dirixidos por recoñecidos mestres das artes tradicionais como Francisco Sieira (baile), Alberto Miranda (gaita) Sandra Diéguez (pandeireta) e Begoña Martínez (Costura e pasamanerías), entre outros.

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, acordeón, guitarra, violín folk, requinta, guitarra folk, canto e percusión. Un obradoiro específico estará adicado ás novas xeracións de bailadores, será o domingo pola tarde de 16.00 a 18.00 cando terá lugar o obradoiro tradicional para nen@s. Obradoiros de costura e pasamanerías, debuxo e pintura, coiro e manualidades para nenos completan a oferta das xornadas para esta fin de semana.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a ofiadeiro@ofiadeiro.com ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

*Novo Curso*

As Xornadas marcan o inicio do novo curso na escola da A.C.F. que este ano continúa coas súas actividades e espectáculos tradicionais nos eidos da música, bailes e artesanía pero tamén cun novo espazo para as persoas de idade máis avanzada con novos cursos como son ximnasia de mantemento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Audición na Repichoca do disco de Tiruleque
O vindeiro XOVES 24 DE SETEMBRO ás 21h. Tiruleque presentará, nesta ocasión no bar "A Repichoca" de A Coruña (R/Orillamar, 13), o seu primeiro traballo discográfico.

A intención é escoitar o disco e tomar algo xuntos.

O bar "A Repichoca" é o patrocinador oficial da web do grupo dende hai anos e agora brinda a oportunidade de disfrutar "en familia" dunha velada na mellor compaña. "A Repichoca" é considerada polo grupo como a súa segunda casa, un lugar emblemático no ambiente musical folc e tradicional coruñés onde o grupo xa tocou varias veces e onde o trato sempre foi máis que excepcional. Haberá unha sorpresa para todos os que adquiran o cd alí mesmo e non puideran ou non estiveran na presentación do pasado venres 4 no Club del Mar de San Amaro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Abobriga
Abobriga, antes coñecidos como Os Gaiteiros de Monteboi fará a súa presentación con formato de Charanga este venres 25 de setembro na tapería "La Guayra" da Madroa (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación Curso 2009/10 de Rebulir
O Vindeiro Sábado a A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional desenvolverá o acto de presentación do curso 2009/2010.

Explicaranse os horarios e organización das actividades docentes regulares así como o calendario de actos e eventos programados para os vindeiros meses (VI Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, IV Noite de Fiadeiro, III Concurso de Fotografía Antiga, Exposicións, Obradoiros, Cursos... etc).

Durante este acto tamén se fará entrega dos premios do II Concurso de Fotografía Antiga, cuxos resultados se atopan publicados no blog da asociación (www.rebulir.blogspot.com). Nesta edición foron presentadas arredor de 200 instantáneas nas que se recollen labouras cotiás, retratos, celebracións..., superando así o centenar recollido na primeira convocatoria. Séguese así co traballo de ampliar o arquivo documental fotográfico do Concello de Ramirás e Comarca.

Presentación Curso 2009/10 e Entrega de Premios II Concurso de Fotografía Antiga
- Lugar: Centro Sociocultural de San Andrés. Vilavidal. Concello de Ramirás
- Hora: 19:00 h
- Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
- Colabora: Concello de Ramirás.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-09-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Rotundo éxito da Festa dos Axóuxeres
Rotundo éxito da Festa dos Axóuxeres que acolleu a praza do Rei de Vigo
A carpa quedou pequena ante a gran expectación


Centos de pais acudiron cos seus fillos as dúas quendas da Festa dos Axóuxeres que se celebraron en Vigo. foto: marta brea.Centos de persoas participaron onte na Festa dos Axóuxeres, na que os máis pequenos da casa foron os grandes protagonistas. A carpa instalada na praza do Rei quedouse pequena para acoller aos centos de pais e rapaces que ás doce do mediodía e ás 17:30 horas da tarde se achegaron para disfrutar desde espectáculo itinerante no que se combinan a música e a diversión coa lingua, dentro dunha iniciativa de Política Lingüística que chega este ano a súa terceira edición. Os nenos vigueses e os seus pais disfrutaron onte coa viaxe que realiza Totó, un bonequiño azul, acompañado por Eli. Xuntos percorren a terra, o mar, o aire e incluso o sol para atopar a Pope, o grande amigo de Totó, do que vai dando noticia o señor carteiro. Durante a súa viaxe, Totó e Eli atoparanse con peixes, vermes, bolboretas e mesmo marcianos sen deixar de interactuar cos pais e os pequenos, rendidos á maxia de espectáculo, da súa música e dos xogos. Tanto os pais como os nenos foron obsequiados por panos de cores estampados.

En concreto, a Festa dos Axóuxeres constitúe unha iniciativa para a dinamización do galego que busca favorecer a trasmisión desta lingua dende as idades máis temperás, ao tempo que ofrecen unha experiencia sonora, visual, táctil e psicomotriz para os nenos e nenas de entre 0 e 3 anos. O feito de que o espectáculo sexa de balde e que para esa franxa de idade apenas exista programación de lecer, fai que acade un gran éxito en todas as cidades que visita.

Así, o espectáculo chegou onte a Vigo tras pasar polas cidades de Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo e Pontevedra, e o vindeiro día 26 será a quenda da capital galega, escenario que porá fin a esta terceira edición. A partir de outubro, a Festa dos Axóuxeres derivarán nun formato máis reducido e percorrerá concellos máis pequenos baixo o nome de Encontros dos Axóuxeres que, a diferencia da festa celebrada onte en Vigo, teñen lugar en espacios pechados e para un público menos amplo, de arredor de setenta persoas, co que finalmente se pechará esta terceira edición tras ser vista por máis de 3.500 persoas.

De todos modos, para poder seguir gozando na casa, Política Lingüística habilitou un espazo web (www.xunta.es/linguagalega/ axouxeres) no que poden escoitarse as cancións, descargar as letras e mesmo os personaxes para poder colorealos.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro por Salcedo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-09-2009 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as Foliadas nas Pontes
O vindeiro venres, 25 de Setembro comeza outra tempada as FOLIADAS no Lar. Esta nova andaina sae máis reforzada grazas ao apoio de oito grupos locaies que se suman á organización: Axouxere (Roupar), Muxarega, Os Suplentes, Os Trevillas, Escola Municipal, No Cómbaro, Cantareiras de Alende e Cana Vella.

Serán todos os últimos venres de cada mes dende Setembro ata Maio agás Nadal que non se fará.

Seguirá a mesma mecánica que ata o de agora, un ou dous grupos programados de antemán e de seguido “REPICHOCA INTERNACIONAL”

Os interesados en participar deberán poñerse en contacto con calquera membro da organización.

O privilexio de empezar e para o Gaiteiro Freixo que o pasado día 12 cumpreo 91 anos de idade, por máis que cumpra el segue a superarse cada día. Esta será a derradeira actuación antes de gravar para a tv. de Galicia o programa Alalá



Despois viran unhos rapaces de Fene (ROQUEMENTROQUE) que nos demostrarán como soan os acordeos ademais da mestura con outros instrumentos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-09-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Xornadas de Verán de Galiza Nova
Como vén sendo tradición, Galiza Nova celebra as Xornadas de Verán, tres días cheos de actividades, convivio, formación...

Este ano na comarca de Allariz-A Limia os días 25, 26 e 27 de setembro.

As xornadas só custan 15 € e inclúen os desprazamentos en bus, as actividades, os xantares e as durmidas. Se desexas asistir só tes que enviar un correo electrónico ao nacional@galizanova.org.
Sairá un autobús dende Compostela. No caso de que sexas doutra localidade do país e teñas dificultades para desprazarte, coméntao no mail pero non fiques na casa e vén as Xornadas de Galiza Nova.

PROGRAMA

VENRES 25

18.00 Presentación das Xornadas e benvida por parte do Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Jonatan Rivas, e da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi. Recepción no concello co Alcalde de Allariz, Francisco García, e Visita ao Río e á Casa da Mocidade

20.00 Video “Allariz, aquel agosto do 89” e mesa redonda no Fogar dos Maiores
Interveñen:
- Anxo Quintana (Ex-Alcalde)
- Francisco García (Alcalde)
- Mar Gil (Periodista)

22.00 Cea

00.00 Festa-Concerto en Allariz na Praza de Abastos coa actuación de "VICHELOCREGO"

SABADO 26

10.00 Esparcemento, actividades deportivas e xogos populares no Campo de Vilanova

12.30 Visita ao Museo Etnográfico da Limia e recepción co alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón.

13.30 Visita ao Centro de Transformación e Innovación Agraria de Vilar de Santos.

14.30 Xantar en Vilar de Santos no Xardín Botánico

18.00 Visita-Roteiro-Charla á Lagoa de Antela
Interveñen:
- Alfredo Suárez Canal (Ex-Conselleiro e Deputado BNG)
- Tomás

22.00 Cea

00.00 Festa-Foliada en Xinzo na Praza de Oriente

DOMINGO 27

10.00 Visita ao Entroido de Xinzo e saída para Maceda

12.00 Visita ao Castelo de Maceda e recepción co alcalde, Xabier Oviedo.

12.30 Charla sobre o Anteproxecto de Lei do Aborto.
- Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso.
- Laura López, psicóloga da rede de centros Quérote.

14.00 Xantar

www.galizanova.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Castañazo Rock
O Sabado 26 de Setembro, está programada a presentación oficial da 7ª Edición do Festival CASTAÑAZO ROCK, e para elo contam coa actuación do grupo Medomedá.

A presentación terá lugar a partir das 24:00hs. da noite na Sala Mogay de Chantada.

O prezo da entrada será de 3€, e como outro dos obxetivos deste concerto e premiar a xente que colabora connosco, a entrada será de balde para os máis de 100 socios e socias da Asociación Cultural O CASTANHAZO.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-09-2009 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Xuntanza de Gaiteiros 2009
O vindeiro sábado día 26 de Setembro de 2009 a partir das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXI Xuntanza de Gaiteiros.

Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aprovéitase a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

Nesta XXI Xuntanza os homenaxeados nada teñen que ver coa nosa música tradicional pero si moito con este País e a súa cultura. Este ano réndeselle homenaxe a María Manuela e a Xoán Rubia.

María Manuela e Xoán Rubia son os cantautores de Ferrolterra. Dúas persoas que aínda que non preservaron, potenciaron ou recuperaron a nosa música tradicional si que preservaron, potenciaron e usaron algo que básico para este País: o noso idioma. Xoán Rubia e María Manuela decidiron asumir, nuns tempos difíciles e escuros, nos que todo o que tiña que ver co galego e a nosa cultura estaba mal visto ou mesmo prohibido, a defensa do dereito a vivir en galego.

Este ano, para os actos de homenaxe cóntase coa participación de:
- “Mini e Mero”,
- “Raparigos”,
- “María Manuela”,
- “Xoán Rubia”
- Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.

A Xuntanza será presentada por Xiana Lastra.


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Xuntanza Folclórica (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Covalblú
O próximo venres día 25 de Setembro no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo a partires das 22:30 h o grupo de folk galego Covalblú presentará "Mai", o seu primeiro traballo discográfico.

O prezo de entrada é de 3 € en taquilla e de 3,75 € na taquilla on-line de Caixanova (http://www.servinova.com).

Covalblú nace no ano 2007 por mor das inquedanzas que os seus cinco compoñentes amosan pola música tradicional galega. A súa orixinal proposta musical baséase nunha persoal mestura de folk, música tradicional galega e de fusión de diversos estilos coma a bossanova ou o blues coa que irrompe con forza no actual panorama musical galego. Os cinco instrumentos que compoñen o formato sonoro do grupo (arpa celta, violín, guitarra clásica, violoncello e percusión) xunto con dúas voces (unha masculina e outra feminina), conforman o envoltorio adecuado para o desenvolvemento desta proposta, apostando fortemente por un formato acústico.

Todos os membros do grupo debido a súa experiencia noutras formacións coma Sete Saias, Fuxan os ventos, Quempallou ou Faltriqueira, teñen actuado en festivales tan importantes coma os de Ortigueira ou Lorient (Francia) así como editado varios discos. Entre os concertos dados por Covalblú cabe destacar a participación no Festival Folk de Cancioneiros organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza nos seus auditorios de Vigo e Coruña en marzo de 2008, onde o grupo obtivo unha mención especial por parte do xurado pola súa calidade musical, e a actuación no Teatro Principal de Santiago de Compostela tamén en marzo de 2008, no IX Certame Folk de Radio Obradoiro.

Froito de toda ista experiencia conquerida nace “Mai” (Maio 2009), a primeira achega discográfica do grupo, traballo que presentarán por toda a xeografía galega a partires do vindeiro 25 de Setembro.

Covalblú
Contacto: 689 047 133
covalblu@gmail.com
http://www.myspace.com/covalblu

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2009 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá nos Ancares e novidades da nova tempada

Hoxe, martes, día 22/09/2009

O "Alalá", que recupera esta noite unha das súas historias máis particulares, nos Ancares, con Eduardo González, aquel neno que soñara con ter unha gaita, regresará a semana que vén cunha nova temporada para seguir contando coa música tradicional e cos artistas que viven dela.

Unha das súas novidades é que se amplía de trinta a corenta minutos, por tanto máis tempo para coñecer os personaxes que en cada programa nos ofrecen todo o seu coñecemento vital e musical e máis tempo para incluír pezas desa xente que traballa a reo para que non desapareza esta cultura.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-09-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas
Os dez grupos clasificados para a final do XLII Concurso de Gaitas de Ponteareas estarán ás 10,45 h. da mañá do domingo día 20 de setembro de 2009, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Centro Artístico Sportivo onde a partir das 11.30 h. da mañá terá lugar a FINAL do XLII CONCURSO DE GAITAS.

Nesta fase final serán interpretadas dúas pezas de libre elección que, como as interpretadas na fase eliminatoria, serán de raíz melódica galega. Non se admitirá interpretación de suites nin de popurrís. O tempo total de ámbalas dúas pezas será como máximo de 8 minutos.

O Xurado valorará a interpretación de pezas distintas as tocadas na fase eliminatoria.

Resultados


Once agrupacións e case 5.000 euros en premios. A emoción da 42 edición do concurso de gaitas de Ponteareas, un dos máis antigos de Galicia, estaba servida e numerosos veciños non quixeron perdela. Por iso na mañá de onte achegáronse ao centro Sportivo do municipio.

Os participantes, ataviados cos traxes típicos galegos, desfilaron polo escenario como representación do folclore galego, posto que había representación de diferentes puntos da xeografía. O xurado responsable de repartir os galardóns estaba composto polos gaiteiros Iván Costablanco, Antonio Gutiérrez Pereira, Joaquín Míguez Rodríguez, Xaime Estévez Vila e o percusionista Manuel Alonso Iglesias .

Tras unha difícil decisión, o primeiro premio desta edición, marcada polo cambio de escenario debido ás obras que se realizan no auditorio Reveriano Soutullo, foi parar a Poio, aos músicos Pablo Devigo, Óscar Ibáñez, Ramón Corral e Marcos Pérez. A cita está organizada polo Concello de Ponteareas, en colaboración coa o Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Pontevedra e a directiva do centro artístico Sportivo de Ponteareas.

Segundo o concelleiro, Andrés Sampedro Fernández, «a celebración deste concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e ou compromiso do goberno municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia, que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas». A edición deste ano estivo dedicada á memoria do gaiteiro ponteareán David Perez Bermúdez, que conseguiu o primeiro premio do certame na edición de 1947, cando participou co grupo de gaitas Saudades da Terra. O alcalde, Salvador González Solla e o edil de Cultura entregaron un agasallo ao fillo do músico

La Voz de Galicia

Clasificación Final
1º Rédea solta (Poio)
2º Abelente (Ourense)
3º Picuiña (Marín)
4º Rebuldeiros (A Coruña)
5º Senlleiro soar (Ponteareas)


Comentarios (70) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-09-2009 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer